Choiva


Recoñezo que me chama a atención a choiva. Ao mellor é un deses posos que deixa na alma o feito de teren nacido en Galicia, o gusto pola humidade, pola natureza recén mollada cando os días se fan máis pequenos es as noites crecen, e chega o outono. Eu nacín nesta estación do ano, son un fillo de outono, en certo sentido. Nestes meses de follas mortas polo chan, de días máis fríos e de anuncios do xa próximo inverno, naceron algunhas das persoas que máis me importan, así que o outono é para min, dalgún xeito, un motivo de celebración, de lembranza dos bos momentos do pasado, de bos desexos e de renovación desas vellas ligazóns que seguimos mantendo -aínda que sexa moi de vez en cando- algunhas persoas que coincidimos no camiño da vida e que sentimos algunha vez afecto e amizade entre nós. Xa chegou o noso outono, rapaciños: vexamos na choiva un motivo para lembrar os tempos felices, para non esquecer que nos coñecimos e que tivo algo de valor o tempo que pasamos xuntos.

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Recibe gratis el boletín diario en tu correo electrónico:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, pulsa aquí para registrarte.