Ven

Cantas preguntas feitas ó vento,
cantos soñiños hai que cumprir.
Canta tristura na morte da chuvia
nunha gota de auga pura.

Cantas preguntas feitas ó vento
e canto máis pides menos che dan.
Baila coa sorte cando desexamos
e a sorte é só sorte.

Escura,
como unha paixón distante,
como o ceo na noite insomne,
como a música das tormentas,
como a dor de tantas victorias.

Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
ven a seguir, a seguir, a seguir.

Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
ven a vivir, a vivir, a vivir.

Cantos amores que nunca quixemos,
canto esquecemos para seguir.
Canta tristura na morte das olas
nun pouco de escuma pura.

Ven a cantar por amor e misterios
que acontecen mil veces ó día.
Nunca máis ós adeuses e ás noites
Nas que as horas se arrastran doendo.

(Unha canción moi fermosa e chea de ledicia, de 'Liorna')

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Recibe gratis el boletín diario en tu correo electrónico:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, pulsa aquí para registrarte.