• WCF banner grande
www.elentir.info Fotografía

Noite de frío

Sab 26·11·2005 4:02  0   


Veño de sacar esta foto no balcón hai uns minutos. O frío estase a botar por fin sobre a cidade, xa invernía. Aínda me lembro dos días de verán, cando non parabamos coa calor, semella algo imposible agora que teño que estar ainda na casa cunha chaqueta posta. En breve chegará o Nadal, e voltarán por acá as caras coñecidas outra vez. En fin, a miudo lémbrome dos días finais do outono como un tempo de tranquilidade (quén o diría coa que estamos a pasar), de voltar ás raíces, de lembrar e redondear os anos que pasan e pensar un pouco na vida. Logo chegará a voráxine das festas, das compras… a cidade vóltase tola. Que dure o outono, o meu outono. Que dure.

Pulsa aquí para tener más información sobre este servicio

Opina sobre esta entrada:

Al pulsar "enviar" aceptas estas Condiciones de Participación

   abrir emoticonos    configura tu icono personal


  • WCF banner tercera columna páginas
Pechar | Cerrar
E-mail It