Gris


Este sábado foi un deses tantos días grises que temos en Galicia ó longo do ano. Nos últimos días choveu a gusto e fixo moito vento, ó mellor é por iso que as farolas e o semáforo desta foto son tan pouco paralelas. Saqueina en Bouzas, na circunvalación que bordexa os aparcamentos de coches da Zona Franca, sempre cheos de novos Citröen de varios modelos esperando ser levados por todo o mundo. Este vial ten algúns tramos cunhas boas vistas da Ría, e os días despexados pódense ver boas postas de sol. A única posta de sol que puiden sacar onte é o disco amarelo do semáforo de precaución. Outro día será...

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Recibe gratis el boletín diario en tu correo electrónico:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, pulsa aquí para registrarte.