Xa o botaba de menos...

Fixen a foto dende Cabo Estai, aquí en Vigo. O sol non quentaba, pero a súa luz, mesmo fría, non deixa de ser unha fermosa fonte de vida. Recoñezo que son coma unha pranta e faime falta o rostro dourado da nosa estrela mesmo en inverno. A ver se o bo tempo dura polo menos ata o Nadal, que vaia un outono de choivas...

Comentarios:

  1. Boa foto eh!!!É que son as mellores, esas fotos das praias!!! Saúdos!!

  2. Pois sí. Unha posta de sol no mar vista dende a terriña é un dos espectáculos máis fermosos que existen. Nunca me canso de velas…

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.