A historia da Bandeira de Galicia

Unha Bandeira de Galicia ondeando no porto deportivo de Combarro, no lado norte da Ría de Pontevedra. Enriba do ordenador co que escribo estas liñas teño colgada unha igual.

A bandeira coa banda azul en fondo branco empezouse a usar como Bandeira de Galicia por parte da emigración a finais do século XIX. Por aquel entón moitos barcos nos que viaxaban os emigrantes zarpaban do puerto da Coruña. A bandeira marítima da Coruña dende 1845 era un aspa azul en fondo branco, pero foi cambiada por unha banda azul en 1891, para evitar confusións coa bandeira naval rusa. Moitos emigrantes, ó veren esa bandeira ondeando no porto antes da súa marcha, a identificaron como o símbolo da súa terra. A bandeira fíxose oficial da rexión por primeira vez en 1981, coa aprobación do Estatuto de Galicia, que a define no seu Artigo 6.

O escudo foi definido na súa forma actual pola Real Academia Galega en 1972, e confirmado como escudo oficial da comunidad en 1984. Na Idade Media e nos séculos posteriores representábase cun cáliz pechado (a veces mostrando ata cinco cálices) ou unha custodia, sempre en fondo azul. O número de cruces variou co paso dos séculos: dende un sembrado de cruces en fondo azul ata só seis cruces. Na actualidade móstranse sete, en lembranza das antigas provincias de Galicia: Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense y A Coruña.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.