A extrema esquerda continúa coa súa exhibición de espírito mafioso e talante antidemocrático en Galicia. Esta vez en Ferrol.
Novo acto de acoso contra Vox en Ferrol
Este sábado, Vox organizara unha rolda de prensa e un encontro con simpatizantes en Ferrol, coa participación do eurodeputado e vicepresidente deste partido Jorge Buxadé. Como xa ocorreu noutros lugares de Galicia, Galiza Nova, as mocidades da coalición separatista de extrema esquerda BNG, organizou un acto de acoso contra os simpatizantes de Vox, o que obrigou á Policía Nacional a despregar a axentes para evitar agresións por parte do grupo de acosadores. Unha vez máis o goberno permitiu concentrarse ós acosadores na mesma praza na que estaba convocado un acto de Vox, cunha distancia de só 30 metros entre ambos.
Lembremos que o recente acto de acoso da extrema esquerda contra Vox na Coruña, apoiado polas mocidades do BNG, acabou con doce policías feridos debido á violencia dos extremistas de esquerdas, ós que o goberno tamén permitiu convocar unha contramanifestación na mesma praza na que estaba convocado un acto de Vox: unha clara estratexia dos socialistas para alentar a violencia contra un partido da oposición a só unhas semanas das eleccións xerais. O BNG non quixo condenar esa violencia, copiando a actitude antidemocrática dos seus socios vascos de EH Bildu.
Buxadé: «Os galegos van levar a Vox ás Cortes Xerais»
Onte Vox anunciou novas accións legais contra o goberno por permitir eses actos de acoso, ampliando as accións que xa emprendera sobre o ocorrido previamente en Santiago de Compostela e A Coruña e engadindo o ocorrido en Ferrol. Desde esta cidade, Buxadé declarou: "a extrema esquerda está preocupadísima, porque os galegos van levar a Vox ás Cortes Xerais, van levar a Vox ó Parlamento nacional e vai haber deputados galegos de Vox no Parlamento falando dos problemas de Galicia, falando do que preocupa en Galicia, falando do emprego en Galicia, da prosperidade das empresas galegas e iso é o que eles non queren. Simplemente dedícanse a insultar".
Nas súas declaracións ós medios en Ferrol, Buxadé fixo notar a ausencia de bandeiras de Galicia e de España entre o grupo de acosadores da extrema esquerda, algo moi habitual. De feito, o BNG case nunca utiliza a bandeira oficial de Galicia, que ten un escudo cun Cáliz e sete cruces (polas antigas sete provincias do Reino de Galicia, parte da Coroa de Castela) que plasma os valores tradicionais de pobo galego. O BNG pon unha estrela vermella comunista sobre a bandeira galega, exhibindo os seus propósitos totalitarios e ensuciando a nosa bandeira rexional dunha forma equiparable ó que sería, por exemplo, poñer unha esvástica sobre esa bela bandeira.
O BNG e Galiza Nova queren desterrar o 'españolismo' de Galicia
Á súa vez, o BNG segue exhibindo a verdadeira razón deses actos de acoso. Vox non é un partido fascista: é un partido democrático que defende as súas ideas por medios legais e pacíficos. O que realmente molesta de Vox ó BNG é o seu defensa da unidade de España, e proba diso é que onte o BNG de Ferrol xustificou ese acto de acoso a Vox co lema "Nin fascismo nin españolismo". Os seus cachorros foron aínda máis claros: (rexión que tanto en español como en galego ten o nome oficial de "Galicia", por certo).
O que a RAE define como 'españolismo'
Con iso, o BNG e as súas mocidades están a deixar claro de que vai esta campaña de acoso. Non están a acosar a ningún partido fascista. Esa mentira xa quedou en evidencia fai moito. A Real Academia Española (RAE) define "españolismo" destas tres formas:
Así pois, o acoso do BNG e de Galiza Nova contra Vox débese a que os acosadores son separatistas (é dicir, organizacións que queren romper a unidade de España e que os galegos deixemos de ser españois) e Vox é un partido que defende a unidade nacional. Isto non vai de fascismo nin de antifascismo nin doutros contos que se saca a extrema esquerda para xustificar esta violencia. Mentres acusan falsamente a Vox de promover o "odio", o BNG e Galiza Nova atacan a Vox movidos polo odio a España. É un caso clarísimo do que en psicoloxía coñécese como "proxección", un fenómeno que consiste en atribuír ós demais os propios defectos.
O separatismo quere botar da súa terra ós galegos que senten españois
Como galego (e por tanto español), quero lembrar que os partidos separatistas nunca gañaron nin as eleccións galegas nin as eleccións xerais en Galicia. Eses partidos non nos representan ó pobo galego, pola sinxela razón de que a ampla maioría dos galegos sentimos españois e aborrecemos o separatismo.
O que o BNG e Galiza Nova están a desenvolver agora mesmo non é unha simple campaña de acoso contra Vox: ese acoso é un adianto do que o separatismo pretende facer contra a maioría dos galegos se non nos sometemos ós seus dictados ideolóxicos.
Isto non é novo. O separatismo galego sempre se portou como unha seita que non admite ningún tipo de discrepancia no que respecta á súa enfermiza hispanofobia. Ó seu pesar, isto é unha democracia e ningún totalitario ten dereito a pretender que a maioría dos galegos teñamos que abandonar a nosa terra porque nos sentimos españois e porque non encaixamos no plans duns fanáticos que teñen o odio a España como o seu principal dogma ideolóxico.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: