{"id":26689,"date":"2012-05-17T18:00:59","date_gmt":"2012-05-17T16:00:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=26689"},"modified":"2020-03-01T21:41:21","modified_gmt":"2020-03-01T20:41:21","slug":"por-un-galego-en-liberdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2012\/05\/17\/por-un-galego-en-liberdade\/","title":{"rendered":"Por un galego en liberdade"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 o D\u00eda das Letras Galegas, celebraci\u00f3n que foi instituida en 1963, en pleno franquismo, para homenaxear \u00f3s escritores en lingua galega. Quero aproveitar a ocasi\u00f3n para facer algunhas reflexi\u00f3ns sobre a evoluci\u00f3n que viviu esta fermosa lingua neste medio s\u00e9culo.<!--more--><\/p>\n<p>Cando se celebrou o primeiro D\u00eda das Letras Galegas, o idioma galego non ti\u00f1a espacio no ensino. Viviamos baixo unha dictadura na que a educaci\u00f3n fac\u00edase \u00fanicamente en espa\u00f1ol. Coa chegada da democracia a situaci\u00f3n cambiou e os galegos ga\u00f1aron espazos de liberdade nos colexios. O galego entrou nas escolas, primeiro cunha presencia modesta e m\u00e1is tarde, por iniciativa dos gobernos de Fraga, ocupando de forma obrigatoria a metade das asignaturas impartidas nos colexios. De esa situaci\u00f3n pasaouse baixo o goberno bipartito do PSOE e o BNG (2005-2009) a unha situaci\u00f3n de discriminaci\u00f3n legal non da lingua espa\u00f1ola -unha lingua non \u00e9 unha persoa e non pode ser discriminada-, senon dos seus falantes, establecendo un tope m\u00e1ximo do 50% para os contidos docentes en espa\u00f1ol e un tope m\u00ednimo do 50% de contidos docentes en galego, de tal xeito que pod\u00edase dar a situaci\u00f3n de dar todas as materias en galego, pero non a situaci\u00f3n de poder dar todas as materias en castel\u00e1n.<\/p>\n<p><strong>Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o acudiu \u00e1s elecci\u00f3ns galegas de 2009 prometendo un modelo educativo baseado na liberdade ling\u00fc\u00edstica, que \u00e9 o m\u00e1is adecuado para unha comunidade biling\u00fce como a nosa<\/strong>, pero unha vez ga\u00f1ou as elecci\u00f3ns co voto de moitos galegos que lle apoiaron para que se fixera efectivo ese compromiso, o novo presidente da Xunta olvidou a s\u00faa palabra e estableceu un sistema triling\u00fce na que <strong>\u00e9 a administraci\u00f3n p\u00fablica a que segue a tomar unha decisi\u00f3n que deber\u00eda corresponder \u00f3s pais<\/strong>: a de decidir a lingua na que queren que sexan educados os seus fillos. Igual que pasaba na dictadura, os pol\u00edticos seguen a decidir polos pais no que respecta a lingua na que se escolarizan os pequenos.<\/p>\n<p><strong>Vivimos nun r\u00e9xime pol\u00edtico que se di democr\u00e1tico pero que sen embargo rexitra certas actuaci\u00f3ns dos pol\u00edticos que son impropias dunha sociedade libre. <\/strong>A utilizaci\u00f3n da lingua galega como pretexto para pol\u00edticas liberticidas \u00e9 unha desas actuaci\u00f3ns, e a paradoxa \u00e9 que acabou perxudicando \u00e1 propia lingua que en teor\u00eda queren protexer e defender os partidarios da s\u00faa imposici\u00f3n. A mellor demostraci\u00f3n est\u00e1 no <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2010\/09\/08\/o-meu-negocio-non-e-competitivo-quero-unha-subvencion-da-xunta\/\">fracaso dunha serie de medios en galego<\/a>, a maior\u00eda deles vinculados ideol\u00f3xicamente \u00f3 nacionalismo, mentres perviven en Galicia cabeceiras como <em>La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, El Correo Gallego, La Regi\u00f3n<\/em> ou <em>El Progreso<\/em>, todas elas escritas maioritariamente en castel\u00e1n. O nacionalismo interpretou esa situaci\u00f3n como unha escasez de oferta de medios en galego que non cubre a demanda de noticias neste idioma, pero a realidade demostra todo o contrario: non existiu demanda para certos medios en galego de signo nacionalista, e sen embargo existe en Galicia unha gran demanda de medios en castel\u00e1n. Dase a mesma situaci\u00f3n nos cines, nas librer\u00edas e mesmo na rede.<\/p>\n<p>\u00bfC\u00f3mo se entende que a liberdade que temos para decidir o peri\u00f3dico que queremos comprar non a te\u00f1an os galegos para decidir a lingua na que queren educar \u00f3s seus fillos? \u00bfPor qu\u00e9 non deixar \u00f3s pais a mesma liberdade da que gozan outros sectores sociais que responden con \u00e9xito \u00e1s inquietudes da xente, e non \u00e1s imposici\u00f3ns dos pol\u00edticos? Con isto non s\u00f3 se faria unha sociedade m\u00e1is libre: tam\u00e9n se liberar\u00eda \u00f3 galego do perigo de acabar convert\u00edndose nunha lingua que esperte o resentimento daqueles que sufren as pol\u00edticas de imposici\u00f3n ling\u00fc\u00edstica. <strong>As cousas m\u00e1is fermosas acaban por ser odiadas cando no seu nombre se atropelan os m\u00e1is element\u00e1is dereitos das persoas.<\/strong> Deixen de atropelar \u00e1 xente no nome da lingua galega, fagan o favor. Deixen de ensuciar a lingua de Rosal\u00eda vencell\u00e1ndoa a un nacionalismo excluinte que pretende convertir en extranxeiros na s\u00faa propia terra a todos aqueles galegos que te\u00f1en por lingua materna a de Cervantes. <strong>Tanto o galego como o castel\u00e1n forman parte do patrimonio ling\u00fc\u00edstico e cultural de Galicia porque nesas d\u00faas linguas ve\u00f1en facendo as s\u00faas vidas os galegos dende hai moitos centos de anos. <\/strong>O mellor que pode haber nun territorio \u00e9 unha convivencia en liberdade, e iso \u00e9 o desexable tam\u00e9n para Galicia, por moito que alg\u00fans iluminados queran dictarnos a lingua na que temos que educarnos e na que temos falar, incluso a risco de que acabemos por mirala con resentimento. <strong>Deixen de fomentar o aborrecemento e o odio \u00e1 lingua galega coa s\u00faa imposici\u00f3n, fagan o favor. Deixen de unha vez que a amemos como s\u00f3 sabe amar a algu\u00e9n todo ser humano: dende a liberdade.<\/strong><\/p>\n<p><big>Art\u00edculos relacionados:<\/big><\/p>\n<p>- <a href=\"http:\/\/cronicasdeunmundofeliz.blogspot.com.es\/2012\/05\/contra-sentimentalizacion-do-idioma.html\">Contra a sentimentalizaci\u00f3n do idioma<\/a>, por Pablo en Vigilia Pretium Libertatis<br \/>\n- <a href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/opinion\/2012\/02\/27\/rosalia\/627573.html\">Rosal\u00eda es de todos<\/a>, por Gloria Lago<br \/>\n- <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2009\/02\/05\/maltratadores-del-gallego\/\">Maltratadores do galego<\/a>, por Elentir<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 o D\u00eda das Letras Galegas, celebraci\u00f3n que foi instituida en 1963, en pleno franquismo, para homenaxear \u00f3s escritores en lingua galega. Quero aproveitar a ocasi\u00f3n para facer algunhas reflexi\u00f3ns sobre a evoluci\u00f3n que viviu esta fermosa lingua neste medio s\u00e9culo.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[325,5351,1805],"class_list":["post-26689","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-alberto-nunez-feijoo","tag-dia-das-letras-galegas","tag-galicia"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-09-30 21:58:18","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26689","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26689"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26689\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26689"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26689"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26689"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}