{"id":333,"date":"2006-08-17T04:11:28","date_gmt":"2006-08-17T02:11:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=333"},"modified":"2020-03-01T22:07:08","modified_gmt":"2020-03-01T21:07:08","slug":"unha-lembranza-para-as-nosas-vacas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2006\/08\/17\/unha-lembranza-para-as-nosas-vacas\/","title":{"rendered":"Unha lembranza para as nosas vacas"},"content":{"rendered":"<p>Unha das cousas m\u00e1is bonitas que lembro da mi\u00f1a infancia son as excursi\u00f3ns \u00f3 monte que fac\u00edamos co meu av\u00f3. Era unha magn\u00edfica persona, co\u00f1ec\u00eda moito a monta\u00f1a e ensin\u00e1banos moitas cousas. \u00c1s veces, cando viamos unha vaca, comezaba a cantar aquela canci\u00f3n da Radio Orquesta Topolino, \"Tengo una vaca lechera\". Cada vez que escoito esta canci\u00f3n, l\u00e9mbrome do meu av\u00f3.<\/p>\n<p>A vaca da foto e outras d\u00faas que estaban con ela atop\u00e1molas fai uns d\u00edas no Alto da Grova, preto de Baiona. Miraban cara \u00e1 n\u00f3s, pasmadas, sen pastos que comer. Ti\u00f1an a pel chamuscada e rozada polas zarzas ardentes, seguramente \u00f3 escaparen do lume. Os gandeiros da zona tentaban agrupar \u00e1s vacas e cabalos que soen estar a pastar na zona de Chan da Lagoa, o Cortelli\u00f1o e a Grova. Un paisano de Gondormar d\u00edxonos que varios animais foron sorprendidos polo lume e os atoparon carbonizados.<\/p>\n<p>Non quero imaxinar qu\u00e9 cara por\u00eda o meu av\u00f3 se vise agora o estado en que quedou a Grova, ou mesmo a triste imaxe desta vaca. Eu atop\u00e1balas na Grova, no meu particular observatorio de estrelas, cando sub\u00eda a ver o ceo de noite. Sab\u00eda que sempre estaban al\u00ed, fac\u00e9ndome compa\u00f1a \u00f3 seu xeito. Agora xa non as verei m\u00e1is: os pastos da Grova queim\u00e1ronse. As noites de estrelas na Grova agora van ter un sabor de soidade cheo de m\u00e1goa.<\/p>\n<p>\u00d3 mellor algu\u00e9n non o entende, pero quero adicarlle \u00e1s nosas vaqui\u00f1as esta breve lembranza, coa esperanza de velas de novo pastando polo monte, libres baixo as estrelas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha das cousas m\u00e1is bonitas que lembro da mi\u00f1a infancia son as excursi\u00f3ns \u00f3 monte que fac\u00edamos co meu av\u00f3. Era unha magn\u00edfica persona, co\u00f1ec\u00eda moito a monta\u00f1a e ensin\u00e1banos moitas cousas. \u00c1s veces, cando viamos unha vaca, comezaba a cantar aquela canci\u00f3n da Radio Orquesta Topolino, \u00abTengo una vaca lechera\u00bb. Cada vez que escoito [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[2147,5578,6052],"class_list":["post-333","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-alto-de-la-groba","tag-chan-da-lagoa","tag-cortellino"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/333"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=333"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/333\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=333"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=333"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=333"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}