{"id":40577,"date":"2019-11-07T17:16:30","date_gmt":"2019-11-07T16:16:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=40577"},"modified":"2020-03-01T21:41:03","modified_gmt":"2020-03-01T20:41:03","slug":"carta-dun-galego-que-votou-o-pp-que-foi-enganado-por-feijoo-e-que-vai-votar-a-vox","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/11\/07\/carta-dun-galego-que-votou-o-pp-que-foi-enganado-por-feijoo-e-que-vai-votar-a-vox\/","title":{"rendered":"Carta dun galego que votou \u00f3 PP, que foi enganado por Feij\u00f3o e que vai votar a Vox"},"content":{"rendered":"<p>Onte escoitei na TVG unhas declaraci\u00f3ns do presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, nun mitin do PP este m\u00e9rcores en Ferrol, falando da divisi\u00f3n de voto do centro-dereita.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/09\/12\/feijoo-no-traga-a-vox-y-sugiere-un-gobierno-psoe-pp-asi-aspira-a-frenar-a-la-izquierda\/\">Feij\u00f3o no traga a Vox y sugiere un gobierno PSOE-PP: \u00bfas\u00ed aspira a frenar a la izquierda?<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/06\/22\/el-pp-regala-dos-alcaldias-al-bng-aliado-gallego-de-bildu-feijoo-no-lo-desautoriza\/\">El PP regala dos alcald\u00edas al BNG, aliado gallego de Bildu: Feij\u00f3o no lo desautoriza<\/a><\/rel><\/p>\n<p>En vista do que escoitei, decid\u00edn escribir esta carta dirixida \u00f3 presidente da Xunta. Quen quera pode ver o v\u00eddeo publicado polo Telexornal <a href=\"http:\/\/www.crtvg.es\/informativos\/feijoo-se-dividimos-as-papeletas-entre-o-pp-e-c-s-e-vox-gana-o-psoe-4208552\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">premendo aqu\u00ed<\/a>. <\/p>\n<p><big>A traici\u00f3n \u00e1 s\u00faa promesa de liberdade ling\u00fc\u00edstica<\/big><\/p>\n<p>Nese v\u00eddeo, <strong>vostede, se\u00f1or Feij\u00f3o, fala do \"voto do cambio\" para referirse \u00f3 seu partido.<\/strong> Confeso que tiven que rirme \u00f3 escoitar esas declaraci\u00f3ns. Fai dez anos, moitos galegos confiamos o noso apoio a Feij\u00f3o tras escoitar <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2011\/09\/26\/demuestrelo-senor-rajoy\/\">a s\u00faa promesa de liberdade ling\u00fc\u00edstica, un compromiso que vostede tracionou<\/a>. O que moitos galegos esperabamos \u00e9 que o novo goberno implementase un sistema educativo no <strong>que os pais poidesen decidir o idioma de escolarizaci\u00f3n dos seus fillos<\/strong>, que <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2017\/02\/21\/en-espana-normalizamos-lo-anormal-asi-se-elige-el-idioma-escolar-en-otros-paises\/\">\u00e9 o que se fai en todos aqueles pa\u00edses de Europa con m\u00e1is dunha lingua oficial<\/a>, coa \u00fanica excepci\u00f3n de Espa\u00f1a. Vostede preferiu ceder \u00e1s presi\u00f3ns do nacionalismo e <strong>estableceu un modelo de \"triling\u00fcismo\" (ou m\u00e1is ben \"timoling\u00fcismo\")<\/strong> no que os pol\u00edticos seguen a decidir polas familias. Iso non \u00e9 o que vostede prometeu. Tanto os pais que prefiren unha educaci\u00f3n en espa\u00f1ol como os que prefiren unha educaci\u00f3n en galego v\u00edronse traicionados por un pol\u00edtico que <strong>a pesar de ter unha maior\u00eda absoluta para cumprir o seu compromiso, non o levou a cabo.<\/strong><\/p>\n<p><big>O apoio do PP \u00e1 exclusi\u00f3n ilegal do espa\u00f1ol no Concello de Ferrol<\/big><\/p>\n<p>Por certo, na mesma cidade na que vostede pronunciou onte o seu discurso en espa\u00f1ol (polo que se ve no v\u00eddeo da TVG), <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2015\/11\/01\/pp-psoe-y-nacionalistas-apoyan-mantener-la-exclusion-ilegal-del-idioma-espanol-en-ferrol\/\">o PP votou co PSOE e cos nacionalistas a favor dunha ordenanza ling\u00fc\u00edstica que marxina ilegalmente a lingua com\u00fan dos espa\u00f1ois<\/a> no Concello da cidade departamental, algo que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como o Tribunal Constitucional xa sinalaron como contrario a Dereito, posto que <strong>esa exclusi\u00f3n viola el Estatuto de Galicia e a Constituci\u00f3n<\/strong>. \u00bfCon qu\u00e9 cara ve\u00f1en vostedes a presumir de \"constitucionalistas\" cando fan estas cousas en Galicia?<\/p>\n<p><big>A traici\u00f3n do PP \u00e1 s\u00faa promesa de \"reforzar a protecci\u00f3n do dereito \u00e1 vida\"<\/big><\/p>\n<p>Aquelas non foron as \u00faltimas traici\u00f3ns do PP. En 2014 <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2014\/01\/11\/aborto-feijoo-quiere-una-ley-que-permita-liquidar-a-los-discapacitados-antes-de-nacer\/\">vostede foi un dos pol\u00edticos do PP que presionaron para que non se cumprise a s\u00faa promesa electoral de <em>\"reforzar a protecci\u00f3n do dereito \u00e1 vida\"<\/em><\/a>. En concreto, vostede foi moi cr\u00edtico con un proxecto do entonces ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallard\u00f3n para derogar o chamado aborto terap\u00e9utico, que sirve para eliminar \u00f3s nenos por nacer que padecen algunha discapacidad. Con esa posici\u00f3n <strong>a idea que vostede transmitiu \u00e9 que hai seres humanos que son menos dignos de vivir, persoas como un t\u00edo meu que ten s\u00edndrome de Down<\/strong>, que \u00e9 unha das causas m\u00e1is habituais para xustificar eses abortos terap\u00e9uticos. Seguindo as s\u00faas recomendaci\u00f3ns, <strong>o PP acabou ali\u00f1\u00e1ndose con aqueles que eran partidarios de deixar intacta a lei do aborto instaurada polo PSOE en 2010, a pesar de que contradice abertamente a xurisprudencia constitucional<\/strong>, que sinala que non se pode desprotexer a vida humana nos seus inicios (que \u00e9 o que fai a actual regulaci\u00f3n tratando o aborto como un \"dereito\").<\/p>\n<p><big>A imposici\u00f3n polo PP da ideolox\u00eda de x\u00e9nero nas escolas de Galicia<\/big><\/p>\n<p>Seguindo co seu apoio \u00f3 proxecto ideol\u00f3xico da esquerda, <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/07\/26\/aqui-puedes-consultar-esas-leyes-lgtbi-que-segun-federico-jimenez-losantos-no-existen\/\">o PP galego apoiou en abril de 2014 unha lei LGTB<\/a> <strong>que imp\u00f3n a ideolox\u00eda de x\u00e9nero nas escolas e nos medios de comunicaci\u00f3n<\/strong>. En virtude desa normativa, vostede axudou a recortar todav\u00eda m\u00e1is a liberdade educativa que quedara xa mermada pola s\u00faa decisi\u00f3n de non respetar a liberdade ling\u00fc\u00edstica.<\/p>\n<p><big>O apoio do PP a unha proposta dos separatistas a favor da lusofon\u00eda<\/big><\/p>\n<p>Os disparates apoiados polo seu partido tocaron teito en outubro de 2018, cando <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2018\/10\/15\/el-pp-apoya-una-propuesta-separatista-para-que-galicia-se-una-a-los-paises-de-lengua-portuguesa\/\">o PP apoiou unha proposta dos separatistas do BNG para que Galicia se una \u00e1 Comunidade dos Pa\u00edses de Lingua Portuguesa (CPLP)<\/a>, a pesar de que na nosa comunidade non se fala o portugu\u00e9s -nin sequera \u00e9 lingua oficial-, senon o galego, que \u00e9 unha lingua totalmente distinta a pesar de que unha e outra te\u00f1an raices com\u00fans. O seu partido non tivo en conta, adem\u00e1is, que <strong>para que esa adhesi\u00f3n sexa aceptada, Galicia ter\u00eda que independizarse de Espa\u00f1a e adoptar o portugu\u00e9s como lingua oficial<\/strong>. \u00bfEstes son os \"cambios\" para os que vostede reclama os votos dos galegos?<\/p>\n<p><big>O sometemento do PP \u00f3s dogmas do feminismo de esquerdas<\/big><\/p>\n<p>Por outra banda, ante as cr\u00edticas de Vox \u00e1s pol\u00edticas socialistas baseadas no feminismo de x\u00e9nero, unhas pol\u00edticas que criminalizan \u00f3s homes polo mero feito de selo, en xaneiro de 2019 <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/galicia\/2019\/01\/08\/feijoo-politicas-contra-violencia-machista-tenemos-derogar-contrario\/00031546959236953626594.htm\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">vostede mostrouse contrario a derogar esas pol\u00edticas promovidas polo PSOE<\/a> <strong>e que est\u00e1n levando a moitos homes a ser v\u00edctimas de denuncias falsas en procesos de divorcio<\/strong>, xa que a lexislaci\u00f3n socialista que o PP deixou intacta ofrece facilidades \u00e1s mulleres que po\u00f1en esas denuncias, <strong>deixando \u00f3s homes indefensos ante calquera desaprensiva e restando recursos \u00e1s mulleres que son v\u00edctimas de casos de maltrato reais<\/strong>, e tam\u00e9n marxinando \u00f3s nenos e anci\u00e1ns que son v\u00edctimas de violencia dom\u00e9stica a mans de mulleres, como se fosen v\u00edctimas de segunda clase.<\/p>\n<p><big>A petici\u00f3n do PP de condenar \u00f3s que discrepamos das teses da esquerda<\/big><\/p>\n<p>Abundando na s\u00faa deriva progre, en setembro de 2019 <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/09\/27\/el-pp-pide-al-parlamento-gallego-condenar-a-quienes-discrepan-del-feminismo-progre\/\">o PP presentou unha proposta de resoluci\u00f3n pedindo \u00f3 Parlamento galego condenar \u00f3s que discrepamos das teses ideol\u00f3xicas da esquerda<\/a>, e adoptanto a termilox\u00eda progre afirmando, por exemplo, \"<em>a existencia dun substrato machista na sociedad contra o que compre loitar mediante pol\u00edticas p\u00fablicas con perspectiva feminista\"<\/em>, <strong>un texto calcado dos panfletos m\u00e1is radicais do feminismo esquerdista<\/strong>. Despois de ler aquel panfleto, o que queda moi claro \u00e9 que vostede e o seu partido xa non son unha alternativa \u00e1 esquerda.<strong> O PP convertiuse nun simple recambio do PSOE: cada vez que goberna deixa intactas as leis ideol\u00f3xicas da esquerda e incluso as ampl\u00eda.<\/strong><\/p>\n<p><big>Vox \u00e9 o que o PP non quere ser: unha alternativa real e valente \u00e1 esquerda<\/big><\/p>\n<p>Tendo isto en conta, semella unha broma pesada que vostede ve\u00f1a a decir agora que votar a Vox es facilitar a victoria do PSOE. <strong>\u00d3 contrario que o PP, Vox si que defende a liberdade ling\u00fc\u00edstica que vostede traicionou, oponse con claridade \u00f3 nacionalismo o desaf\u00eda sen complexos \u00f3s dogmas ideol\u00f3xicos da esquerda<\/strong>, de tal xeito que gracias a Vox moitos votantes podemos decir que recuperamos a nosa voz nas instituci\u00f3ns, unha voz que perdemos coa traici\u00f3n do PP. <strong>Por iso este domingo vou votar a Vox<\/strong>, e porque adem\u00e1is con ese partido te\u00f1o a seguridade de que o meu voto non servir\u00e1 para apoiar a un goberno do PSOE nin para traicionar a Espa\u00f1a. Lembremos que <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/06\/22\/el-pp-regala-dos-alcaldias-al-bng-aliado-gallego-de-bildu-feijoo-no-lo-desautoriza\/\">en xu\u00f1o o PP regalou dos alcald\u00edas \u00f3s separatistas do BNG<\/a>, sen que vostede, se\u00f1or Feij\u00f3o, desautorizase esa operaci\u00f3n. Lembremos tam\u00e9n que <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/09\/12\/feijoo-no-traga-a-vox-y-sugiere-un-gobierno-psoe-pp-asi-aspira-a-frenar-a-la-izquierda\/\">vostede apoiou en setembro un pacto de goberno do PP co PSOE<\/a>. Despois de todo o que acabo de sinalar, <strong>\u00bfcon qu\u00e9 cara ven agora o seu partido a presentarse como unha alternativa \u00f3s socialistas e \u00f3 nacionalismo?<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte escoitei na TVG unhas declaraci\u00f3ns do presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, nun mitin do PP este m\u00e9rcores en Ferrol, falando da divisi\u00f3n de voto do centro-dereita.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[325,1805,641,7535],"class_list":["post-40577","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-alberto-nunez-feijoo","tag-galicia","tag-partido-popular","tag-vox"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/40577"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=40577"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/40577\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=40577"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=40577"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=40577"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}