{"id":43386,"date":"2020-12-15T07:03:00","date_gmt":"2020-12-15T06:03:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=43386"},"modified":"2020-12-15T07:07:21","modified_gmt":"2020-12-15T06:07:21","slug":"a-bandeira-de-galicia-o-galego-e-vox-alguns-datos-para-xornalistas-e-politicos-despistados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/12\/15\/a-bandeira-de-galicia-o-galego-e-vox-alguns-datos-para-xornalistas-e-politicos-despistados\/","title":{"rendered":"A Bandeira de Galicia, o galego e Vox: alg\u00fans datos para xornalistas e pol\u00edticos despistados"},"content":{"rendered":"<p>Fai xa tempo que ve\u00f1o criticando a falla de rigor dalg\u00fans medios de comunicaci\u00f3n espa\u00f1ois. Onte tivemos un novo exemplo co xornal El Mundo.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2016\/06\/23\/a-historia-da-bandeira-de-galicia\/\">A historia da Bandeira de Galicia<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/06\/11\/vox-presenta-os-seus-candidatos-en-galicia-ante-ameazas-de-morte-de-separatistas\/\">Vox presenta \u00f3s seus candidatos en Galicia ante ameazas de morte de separatistas<\/a><\/rel><\/p>\n<p><big>El Mundo di que Vox nunca usou bandeiras nin linguas rexionais<\/big><\/p>\n<p>Atentos \u00f3 titular: <em>\"Vox \u00e1brese a empregar a 'senyera' e o catal\u00e1n para a campa\u00f1a de Catalu\u00f1a\"<\/em>. E ollo \u00e1 entradi\u00f1a: <em><strong>\"Por primeira vez emprega os s\u00edmbolos auton\u00f3micos<\/strong>; qu\u00e9rese incidir en que tanto a lingua como a bandera tam\u00e9n son espa\u00f1olas\".<\/em> O primeiro p\u00e1rrafo da noticia di o seguinte:<\/p>\n<blockquote><p><em>\"<strong>\u00c9 a primeira vez que o partido de Santiago Abascal se abre a empregar dun xeito premeditado os s\u00edmbolos auton\u00f3micos ou unha lingua cooficial<\/strong> dentro da s\u00faa estratexia xeral de campa\u00f1a e comunicaci\u00f3n. \u00c9 algo que <strong>non sucedeu nas elecci\u00f3ns galegas <\/strong>nin nas vascas do pasado ver\u00e1n y tampouco nas sucesivas campa\u00f1as das elecci\u00f3ns xerais\".<\/em><\/p><\/blockquote>\n<div align=\"center\" style=\"margin:20px 0 20px 0;\">\n<blockquote class=\"twitter-tweet\">\n<p lang=\"es\" dir=\"ltr\">Vox emplea por primera vez s\u00edmbolos auton\u00f3micos: se abre a usar la &#39;senyera&#39; y el catal\u00e1n para la campa\u00f1a de Catalu\u00f1a <a href=\"https:\/\/t.co\/eLlaAvBwtk\">https:\/\/t.co\/eLlaAvBwtk<\/a><\/p>\n<p>&mdash; EL MUNDO (@elmundoes) <a href=\"https:\/\/twitter.com\/elmundoes\/status\/1338437144839397376?ref_src=twsrc%5Etfw\">December 14, 2020<\/a><\/p><\/blockquote>\n<p> <script async src=\"https:\/\/platform.twitter.com\/widgets.js\" charset=\"utf-8\"><\/script>\n<\/div>\n<p><big>Vox xa usou o galego e a Bandeira de Galicia nas elecci\u00f3ns galegas<\/big><\/p>\n<p>Preg\u00fantome c\u00f3mo un medio pode demostrar<strong> tanta falla de rigor.<\/strong> Como xa sabedes, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/06\/11\/vox-presenta-a-sus-candidatos-en-galicia-ante-amenazas-de-muerte-de-separatistas\/\">o 11 de xu\u00f1o estiven en Mos na presentaci\u00f3n dos candidatos de Vox para as elecci\u00f3ns galegas<\/a>, e xa apuntei ent\u00f3n que, como se me comunicou dende Vox, nas <strong>elecci\u00f3ns decidiuse empregar o lema \"Galicia es verde\" (en espa\u00f1ol) e \"Galicia \u00e9 verde\" (en galego).<\/strong> <a href=\"https:\/\/twitter.com\/search?q=from%3Avoxpontevedra%20%23galicia%C3%A9verde&src=typed_query&f=live\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">As\u00ed se fixo nas redes sociais<\/a>, por exemplo, e tam\u00e9n nos sobres de propaganda electoral que nos chegaron \u00f3s galegos. \u00c9ste \u00e9 o que me chegou a min:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/live.staticflickr.com\/65535\/50721176011_9e78b484c7_h.jpg\" style=\"width:100%; height:auto; margin:10px 0 10px 0;\" \/><\/p>\n<p>Persoalmente <strong>pareceume un acerto, porque os falantes de \u00e1mbalas d\u00faas linguas somos espa\u00f1ois por igual<\/strong>, e hai moitos galegofalantes que sinten un profundo amor por Espa\u00f1a. Eu son hispanofalante e <strong>o galego \u00e9 a mi\u00f1a segunda lingua<\/strong>, na que canto moitas canci\u00f3ns da mi\u00f1a terra (g\u00fastame moito a m\u00fasica tradicional) e <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/galego\/\">na que escrib\u00edn deceas de artigos neste blog<\/a>. De feito, por se algu\u00e9n non se deu de conta, <strong>o propio t\u00edtulo esta web, \"Contando Estrelas\", est\u00e1 en galego dende fai 15 anos.<\/strong><\/p>\n<p>En canto \u00e1 Bandeira de Galicia, <strong>apareceu en t\u00f3dolos v\u00eddeos electorais de Vox para as elecci\u00f3ns galegas<\/strong>, debuxada sobre o mapa da rexi\u00f3n. Xa figuraba as\u00ed no primeiro v\u00eddeo desa campa\u00f1a que inclu\u00edn na <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/06\/11\/vox-presenta-a-sus-candidatos-en-galicia-ante-amenazas-de-muerte-de-separatistas\/\">mi\u00f1a cr\u00f3nica daquela presentaci\u00f3n de candidatos<\/a>.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/live.staticflickr.com\/65535\/50721175201_d4c175000e_b.jpg\" style=\"width:100%; height:auto; margin:10px 0 10px 0;\" \/><\/p>\n<p>Dito sexa de paso, <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=goWA3gBvt6o\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">ese primeiro v\u00eddeo de Vox para as elecci\u00f3ns galegas<\/a> era unha charla de Santiago Abascal coa s\u00faa \"abueli\u00f1a\", e <strong>ela falaba todo o rato ese galego de aldea que tan ben soa<\/strong> e que tan pouco se parece \u00f3 galego de laboratorio que falan aqu\u00ed moitos pol\u00edticos. Engado, adem\u00e1is, que <a href=\"https:\/\/twitter.com\/Ortega_Smith\/status\/1291840301892542465\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">xa en agosto viuse a Bandeira de Galicia na inauguraci\u00f3n da sede de Vox en Lugo<\/a>:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/live.staticflickr.com\/65535\/50721272392_651c2e0136_o.jpg\" style=\"width:100%; height:auto; margin:10px 0 10px 0;\" \/><\/p>\n<p><big>A orixe da se\u00f1eira catalana e da bandeira galega<\/big><\/p>\n<p>No que respecta \u00e1 bandeira, c\u00f3mpre lembrar que <strong>tanto a se\u00f1eira como a bandeira galega son anteriores \u00f3 Estado das Autonom\u00edas<\/strong>, \u00f3 igual que pasa coa Bandeira de Navarra ou coa de Castela e Le\u00f3n. De feito,<strong> a se\u00f1eira \u00e9 a bandeira m\u00e1is antiga de Espa\u00f1a<\/strong>, pois ten a s\u00faa orixe no s\u00e9culo XI, cando era empregada como a bandeira do Reino de Arag\u00f3n. <strong>A s\u00faa versi\u00f3n her\u00e1ldica figura hoxe en d\u00eda no Escudo Nacional<\/strong>, no terceiro cuartel, representando de feito \u00e1 Coroa de Arag\u00f3n, da que formaba parte Catalu\u00f1a. <\/p>\n<p>Por outra parte, e como xa expliquei aqu\u00ed, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2016\/06\/23\/a-historia-da-bandeira-de-galicia\/\/\">a Bandera de Galicia ten a s\u00faa orixe na emigraci\u00f3n galega<\/a>, sendo tomada da bandeira mar\u00edtima da Coru\u00f1a tal como quedou fixada en 1891. A fin de contas, <strong>era a \u00faltima bandeira galega que v\u00edan moitos fillos desta terra antes de abandoala para irse a terras lonxanas.<\/strong> Moitos galegos que amamos a Espa\u00f1a e que tivemos familia na emigraci\u00f3n temos un comprensible cari\u00f1o por esta bandeira, pois \u00f3 fin e \u00f3 cabo <strong>representa \u00e1 rexi\u00f3n m\u00e1is bonita de Espa\u00f1a e a todos os espa\u00f1ois de Galicia, os que estamos aqu\u00ed e os que a\u00ednda est\u00e1n moi lonxe<\/strong>. Eu te\u00f1o unha colgada neste cuarto dende o que escribo, xunto \u00e1 Bandeira de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><big>O caso moi distinto da ikurri\u00f1a<\/big><\/p>\n<p>Nin a se\u00f1eira nin a bandeira galega te\u00f1en <strong>as connotaci\u00f3ns nacionalistas da ikurri\u00f1a<\/strong>, por exemplo. Lembremos que a actual bandeira oficial do Pa\u00eds Vasco foi dise\u00f1ada por Sabino Arana, e no propio nacionalismo vasco esa bandeira representou \u00f3 PNV durante moitos anos (na Guerra Civil, <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Acci\u00f3n_Nacionalista_Vasca#\/media\/Archivo:Lauburu_flag_of_Eusko_Abertzale_Ekintza.svg\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">la ANV empregaba unha bandeira distinta<\/a>).<strong> Un dos maiores disparates que se cometeron na Transici\u00f3n foi impo\u00f1er a t\u00f3dolos vascos esa bandeira do PNV.<\/strong> Facer algo as\u00ed \u00e9 propio dun r\u00e9xime totalitario, non dunha democracia. Por iso, vexo moi l\u00f3xico que Vox se negue a empregala. <a href=\"https:\/\/gaceta.es\/espana\/pp-vasco-ikurrina-20170903-1332\/\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">O que non entendo \u00e9 que a use o PP<\/a>.<\/p>\n<p><big>Rafael Hernando volve a facerse un l\u00edo falando de bandeiras<\/big><\/p>\n<p>Espero que estas aclaraci\u00f3ns lle resulten \u00fatiles tam\u00e9n \u00f3 senador do PP <a href=\"https:\/\/twitter.com\/Rafa_Hernando\/status\/1338429490050035713\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">Rafael Hernando, que onte atacou a Vox recurrindo \u00e1 citada noticia de El Mundo<\/a>, comentando: <em>\"\u00a1Caramba coa dereitona valente! Segundo sopla o vento\"<\/em>. Non \u00e9 a primeira vez que este se\u00f1or se fai un l\u00edo co tema das bandeiras: fai sete anos <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2013\/08\/29\/la-bandera-republicana-y-la-bandera-del-aguila-son-ilegales-e-inconstitucionales\/\">xa se columpiou falando da legalidade da bandeira tricolor e da bandeira espa\u00f1ola coa Aguia de San Xoan<\/a>. Se non se anima a po\u00f1erse \u00f3 d\u00eda en cuesti\u00f3ns de vexilolox\u00eda, creo que ser\u00eda mellor que o se\u00f1or Hernando se adicase a cousas que poida domi\u00f1ar m\u00e1is, como o estudio dos efectos do frecuente rascado de barriga na vida parlamentaria espa\u00f1ola, por exemplo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fai xa tempo que ve\u00f1o criticando a falla de rigor dalg\u00fans medios de comunicaci\u00f3n espa\u00f1ois. Onte tivemos un novo exemplo co xornal El Mundo.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[912,101,1805,7090,14554,7535],"class_list":["post-43386","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-bandera-de-galicia","tag-el-mundo","tag-galicia","tag-rafael-hernando","tag-vexiloloxia","tag-vox"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43386"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=43386"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43386\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=43386"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=43386"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=43386"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}