{"id":45748,"date":"2021-10-31T20:16:53","date_gmt":"2021-10-31T19:16:53","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=45748"},"modified":"2025-10-31T00:19:36","modified_gmt":"2025-10-30T23:19:36","slug":"samain-a-historia-dunha-tradicion-tan-propia-de-galicia-como-a-musica-de-queen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/10\/31\/samain-a-historia-dunha-tradicion-tan-propia-de-galicia-como-a-musica-de-queen\/","title":{"rendered":"'Sama\u00edn': a historia dunha 'tradici\u00f3n' tan propia de Galicia como a m\u00fasica de Queen"},"content":{"rendered":"<p>En moitos sitios de Galicia hoxe celebran unha festa que chaman \"Sama\u00edn\", que moitos califican de \"tradici\u00f3n\" galega e alg\u00fans afirman que \u00b4 \"precristi\u00e1\".<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2007\/11\/01\/el-echtra-nerai-un-cuento-del-samhain\/\">Echtra Nerai: una leyenda del Samhain<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2008\/12\/26\/o-apalpador-otro-cuento-nacionalista\/\">'O Apalpador', otro cuento nacionalista<\/a><\/rel><\/p>\n<p><big>Rastrexando a orixe da suposta 'tradici\u00f3n' galega do 'Sama\u00edn'<\/big><\/p>\n<p>Como suposta \"tradici\u00f3n\" e, adem\u00e1is, \"precristi\u00e1\", resulta rar\u00edsima. Se acotamos a b\u00fasqueda en Google \u00f3 publicado antes do 31 de decembro de 2000, <a href=\"https:\/\/www.google.com\/search?q=%22sama%C3%ADn%22&sxsrf=AOaemvIHGYEFM1uEllsrPsH1pJfN6_9PmA%3A1635701359525&source=lnt&tbs=cdr%3A1%2Ccd_min%3A%2Ccd_max%3A12%2F31%2F2000&tbm=\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">s\u00f3 aparecen 11 resultados falando sobre o \"Sama\u00edn\"<\/a>, e alg\u00fans non te\u00f1en nada que ver coa suposta \"tradici\u00f3n\". Se buscamos un pouco na rede en anos posteriores, <a href=\"https:\/\/www.vieiros.com\/nova.php?Ed=1&id=53516\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">o 30 de outubro de 2006 o portal galego Vieiros publicou unha noticia sobre algunhas festas do \"Sama\u00edn\" organizadas por colectivos nacionalistas<\/a>. Un deles, de Ferrol, aseguraba que levaba nove anos (\u00e9 dicir, dende 1997) celebrando esa festa. Curiosamente, sen deixar o menor rastro sobre ela na rede: <a href=\"https:\/\/www.google.com\/search?q=site:vieiros.com+%22sama%C3%ADn%22&client=safari&rls=en&sxsrf=AOaemvIkhSF7pqboC6hTUAfvhuQt0Z8Pzg:1635702248570&ei=6NV-YZ6bIsGFjLsPme6jkA8&start=0&sa=N&ved=2ahUKEwier-_bmfXzAhXBAmMBHRn3CPI4FBDy0wN6BAgBEDs&biw=1276&bih=719&dpr=2\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">antes desa data de 2006, en Vieros non se publicou nin unha soa referencia \u00f3 \"Sama\u00edn\"<\/a>. Qu\u00e9 extra\u00f1o, \u00bfnon?<\/p>\n<p><big>Todo empezou cunha festa inventada na localidade de Cedeira en 1989<\/big><\/p>\n<p>A suposta \"tradici\u00f3n\" empezou cun mestre de Cedeira, Rafael L\u00f3pez Loureiro, que <a href=\"https:\/\/www.amazon.es\/Libros-Rafael-L\u00f3pez-Loureiro\/s?ie=UTF8&page=1&rh=n%3A599364031%2Cp_27%3ARafael%20L\u00f3pez%20Loureiro\">publicou un libro en 2003<\/a> identificando como \"Sama\u00edn\" <strong>certas tradici\u00f3ns que se daban en estas datas nalgunhas localidades galegas, ningunha das cais se chamaba \"Sama\u00edn\" nen nada parecido<\/strong> (o libro non aporta ningunha clase de documentaci\u00f3n que as\u00ed o indique). Por se quedaba algunha d\u00fabida, o 2 de novembro de 2007 <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/ferrol\/2007\/11\/02\/0003_6282187.htm\">este mestre reco\u00f1eceu a La Voz de Galicia que a primeira edici\u00f3n do \"Sama\u00edn\" a celebrou en Cedeira (A Coru\u00f1a) a finais de novembro de 1989<\/a>, \u00e9 dicir, que nin sequiera coincid\u00eda coa v\u00e9spera de T\u00f3dolos Santos.<\/p>\n<p>Fai moitos a\u00f1ns que recopilo libros sobre mitolox\u00eda, e particularmente sobre a galega. Un dos m\u00e1is completos \u00e1 hora de falar de lendas e costumes locais \u00e9 <strong>a \"Gu\u00eda da Galiza M\u00e1xica\" de V\u00edtor Vaqueiro, publicada en 1998 pola editorial Galaxia: non recolle ningunha menci\u00f3n a ningunha festa do \"Sama\u00edn\" en ningunha localidade galega<\/strong>, o cal resulta sorprendente se \u00e9 certo, como din alg\u00fans, iso de que se trata dunha \"tradici\u00f3n\" galega incluso de orixe \"precristi\u00e1\". <strong>Casualmente, ese libro s\u00f3 fala dun \"Samah\u00edn\" precisamente en Cedeira<\/strong>, o promovido polo xa citado Rafael L\u00f3pez Loureiro. <\/p>\n<p><big>O inventor arrep\u00edntese da evoluci\u00f3n do seu invento<\/big><\/p>\n<p>Casualmente, este se\u00f1or <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/ferrol\/2018\/10\/25\/span-langgl-samain-perverteuse-nun-hallomainspan\/0003_201810SL25F4991.htm\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">concedeu unha entrevista a La Voz de Galicia o 26 de outubro de 2018<\/a> na que reco\u00f1eceu: <strong><em>\"no 90 convenzo \u00e1 sociedade cultural Chirlateira de facer unha festa\"<\/em><\/strong> (obs\u00e9rvese que xa non afirma que esa primeira festa se fixese en 1989, como sinalou nese mismo xornal en 2007). Na entrevista de 2018 a L\u00f3pez Loureiro, o autor afirma que <strong><em>\"na idea orixinal do Sama\u00edn estaba o obxectivo de \u00abpelexar contra o Halloween\u00bb. Pero o cami\u00f1o torceuse e acabou dando lugar a este <u>novo concepto, tam\u00e9n ideado<\/u> por este mestre xubilado\"<\/em><\/strong>. As\u00ed pois, a suposta \"tradici\u00f3n\" que alg\u00fans consideran \"precristi\u00e1\" resulta non ser tal: \u00e9 algo inventado <strong>tomando certas costumes galegas que nunca se chamaron \"Sama\u00edn\", se lles chama as\u00ed para combatir o Halloween e \u00f3 final ac\u00e1base facendo o mesmo.<\/strong><\/p>\n<p>O propio L\u00f3pez Loureiro <strong>reco\u00f1ec\u00eda o seu malestar coa evoluci\u00f3n da festa, sinalando que <em>\"os primeiros anos do Sama\u00edn en Cedeira ningu\u00e9n \u00eda disfrazado\"<\/em><\/strong>, pero que \u00f3 final <em>\"houbo que facer un exercicio de aggiornamento, de po\u00f1elo ao d\u00eda; antes non ti\u00f1amos luz e iso xa o cambiaba todo\".<\/em> O autor do invento engad\u00eda: <em>\"Hai m\u00e1is intereses na diversi\u00f3n e no ocio que na cultura, en toda Galicia hai moita desinformaci\u00f3n e <strong>asociaci\u00f3ns e concellos t\u00edranse a organizar o Sama\u00edn sen m\u00e1is, porque hai que facer algo, e en vez de chamarlle o que \u00e9, un Halloween, ch\u00e1manlle Sama\u00edn. E non \u00e9 o mesmo<\/strong>, igual que carnaval non \u00e9 sin\u00f3nimo de entroido\".<\/em> En resume, que o invento f\u00f3iselle se das mans, pero a pesar diso <strong>non renunciaba a seguir inventando: <em>\"haber\u00eda que dotar o Sama\u00edn dunha iconograf\u00eda que se puidera contrapo\u00f1er \u00e1 parafernalia do Halloween\"<\/em>.<\/strong><\/p>\n<p><big>'Sama\u00edn', unha incorrecta adaptaci\u00f3n da palabra irlandesa 'Samhain'<\/big><\/p>\n<p>E a todo isto, \u00bfde \u00f3nde saliu o nome de \"Sama\u00edn\"? <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2007\/11\/01\/el-echtra-nerai-un-cuento-del-samhain\/\">En Irlanda hab\u00eda unha celebraci\u00f3n pagana, o Sahmain, sobre a que xa vos falei aqu\u00ed.<\/a> A festa do Halloween ten un v\u00ednculo moi remoto con esa celebraci\u00f3n. As\u00ed pois, <a href=\"https:\/\/patadadiccionario.wordpress.com\/2007\/11\/01\/la-ridiculez-del-samain\/\">f\u00edxose una incorrecta adaptaci\u00f3n desa verba ga\u00e9lica, que nin sequiera se pronuncia \"Sama\u00edn\", senon \"Xao\u00edn\"<\/a>, \u00f3 menos usando a graf\u00eda gallega. <strong>En ga\u00e9lico irland\u00e9s esa verba fai referencia \u00f3 mes de novembro<\/strong> (etimol\u00f3xicamente \u00e9 \"a fin do ver\u00e1n\"). <a href=\"http:\/\/www.outono.net\/elentir\/2007\/11\/01\/el-echtra-nerai-un-cuento-del-samhain\/\">Cando escrib\u00edn a mi\u00f1a entrada sobre o Samhain en 2007<\/a>, apenas hab\u00eda webs galegas que falasen sobre esa celebraci\u00f3n.<\/p>\n<p><big>A tradici\u00f3n galega do magosto, soterrada polo invento do Sama\u00edn<\/big><\/p>\n<p>Como <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2016\/10\/31\/el-ayto-de-la-coruna-hizo-una-navidad-laica-pero-ahora-monta-una-procesion-de-samain\/\">xa dixen aqu\u00ed fai cinco anos<\/a>, por suposto,<strong> cada un puede celebrar o que lle d\u00e9 a gana<\/strong>, dende o d\u00eda do orgullo friqui ata o \"sama\u00edn\", pasando polo d\u00eda da marmota. Pero <strong>que se importen tradici\u00f3ns extranxeiras e nolas vendan como \"propias\" e incluso \"precristi\u00e1s\" \u00e9 unha tomadura de pelo.<\/strong> E que a isto contrib\u00faan instituci\u00f3ns p\u00fablicas, crendo que as\u00ed revitalizan unha suposta \"tradici\u00f3n\" galega, \u00e9 o colmo do disparate. <\/p>\n<p><strong>Tradici\u00f3n galegas destas datas son o D\u00eda de T\u00f3dolos Santos e o D\u00eda de Defuntos, e tam\u00e9n o magosto<\/strong>, que parad\u00f3xicamente est\u00e1 quedando soterrado polo ditoso \"Sama\u00edn\" importado de EEUU v\u00eda Irlanda. Como apunto no t\u00edtulo desta entrada,<strong> o \"Sama\u00edn\" \u00e9 unha \"tradici\u00f3n\" tan propia de Galicia como a m\u00fasica do grupo brit\u00e1nico Queen<\/strong>, con d\u00faas diferencias: antes xa de 1989, os mozos galegos da mi\u00f1a xeraci\u00f3n escoit\u00e1bamos e cant\u00e1bamos as canci\u00f3ns da banda de Freddie Mercury moito antes de o\u00edr falar do \"Sama\u00edn\", i esas canci\u00f3ns ningu\u00e9n nolas vende hoxe como m\u00fasica tradicional galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En moitos sitios de Galicia hoxe celebran unha festa que chaman \u00abSama\u00edn\u00bb, que moitos califican de \u00abtradici\u00f3n\u00bb galega e alg\u00fans afirman que \u00b4 \u00abprecristi\u00e1\u00bb.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[15627,1805,2212,620,7428,2214],"class_list":["post-45748","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-cedeira","tag-galicia","tag-halloween","tag-queen","tag-samain","tag-samhain"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45748"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=45748"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45748\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=45748"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=45748"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=45748"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}