{"id":47411,"date":"2022-05-17T19:37:18","date_gmt":"2022-05-17T17:37:18","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=47411"},"modified":"2022-05-17T19:37:18","modified_gmt":"2022-05-17T17:37:18","slug":"o-sucesor-de-feijoo-e-as-letras-galegas-cita-a-lusofonia-pero-omite-toda-mencion-o-espanol","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/05\/17\/o-sucesor-de-feijoo-e-as-letras-galegas-cita-a-lusofonia-pero-omite-toda-mencion-o-espanol\/","title":{"rendered":"O sucesor de Feij\u00f3o e as letras galegas: cita a lusofon\u00eda pero omite toda menci\u00f3n \u00f3 espa\u00f1ol"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe en Galicia cel\u00e9brase o D\u00eda das Letras Galegas, unha xornada na que hai o costume de ignorar, por sistema, a lingua materna da metade dos galegos.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/05\/17\/feijoo-celebra-as-letras-galegas-sen-citar-o-idioma-espanol-que-usa-o-68-dos-galegos\/\">Feij\u00f3o celebra as Letras Galegas sen citar o idioma espa\u00f1ol que usa o 68% dos galegos<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/12\/17\/unhas-palabras-do-autor-do-himno-de-galicia-que-provocaran-un-desgusto-os-separatistas\/\">Unhas palabras do autor do Himno de Galicia que provocar\u00e1n un desgusto \u00f3s separatistas<\/a><\/rel><\/p>\n<p><big>O Premio Nacional das Letras Espa\u00f1olas si incl\u00fae \u00e1s linguas rexionais<\/big><\/p>\n<p>En Espa\u00f1a dase unha paradoxa: <strong>mentres en Galicia fest\u00e9xase este d\u00eda e se excl\u00fae del \u00f3 espa\u00f1ol<\/strong>, que \u00e9 a lingua com\u00fan de toda Espa\u00f1a e a que falamos a diario a metad dos galegos, <a href=\"https:\/\/www.culturaydeporte.gob.es\/cultura\/libro\/premios\/listado-de-premios\/premios-nacionales\/letras-espanolas\/presentacion.html\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">o Premio Nacional das Letras Espa\u00f1olas reco\u00f1ece obras \"en calquera das lenguas espa\u00f1olas oficiais\"<\/a>, \u00e9 dicir, o espa\u00f1ol, que \u00e9 oficial en toda Espa\u00f1a, e as linguas rexionais.<\/p>\n<p><big>Os escritores galegos en espa\u00f1ol son relegados nesta xornada<\/big><\/p>\n<p>Galicia \u00e9 o berce de grandes escritores en lingua espa\u00f1ola, como <strong>Camilo Jos\u00e9 Cela, Wenceslao Fern\u00e1ndez Fl\u00f3rez, Ram\u00f3n Mar\u00eda del Valle-Incl\u00e1n e Gonzalo Torrente Ballester.<\/strong> A propia Rosal\u00eda de Castro escribiu unha parte da s\u00faa obra en espa\u00f1ol. Cada ano, o D\u00eda das Letras Galegas ad\u00edcase a un dos escritores galegos. <strong>Ata o de agora, non se lle adicou nin un so D\u00eda das Letras Galegas \u00f3s escritores que citei en negrita<\/strong>, simplemente porque escribiron a s\u00faa obra \u00edntegramente en espa\u00f1ol. Curiosamente, se a tivesen escrito \u00edntegramente en galego si poder\u00edan ter optado \u00f3 Premio Nacional das Letras Espa\u00f1olas. <strong>Isto non \u00e9 \"biling\u00fcismo cordial\": \u00e9 exclusi\u00f3n e discriminaci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p><big>Alfonso Rueda menciona a lusofon\u00eda pero omite toda menci\u00f3n \u00f3 espa\u00f1ol<\/big><\/p>\n<p>Esa pol\u00edtica excluinte e discriminatoria ven sendo practicada dende o goberno galego por partidos de distinto signo, empezando polo Partido Popular, que \u00e9 o que m\u00e1is tempo estivo gobernando esta comunidade. Proba de elo \u00e9 que <strong>hoxe Alfonso Rueda<\/strong>, que fai uns d\u00edas sucedeu a Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o na presidencia da Xunta, <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/notas-de-prensa\/-\/nova\/68976\/intervencion-alfonso-rueda-valenzuela-dia-das-letras-galegas-2022?langId=es_ES\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">pronunciou un discurso sobre o D\u00eda das Letras Gallegas (pode lerse aqu\u00ed)<\/a><strong> no que omitiu toda referencia \u00f3 espa\u00f1ol, pero si que fixo menci\u00f3n \u00e1 lusofon\u00eda<\/strong>, dicindo que \"nos conecta con 260 mill\u00f3ns de falantes\". O espa\u00f1ol f\u00e1lano 580 mill\u00f3ns de persoas en todo o mundo, entre elas os galegos, pero nin sequera quiso mencionalo. <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/05\/17\/feijoo-celebra-as-letras-galegas-sen-citar-o-idioma-espanol-que-usa-o-68-dos-galegos\/\">\u00c9 o mesmo que fixo Feij\u00f3o fai un ano<\/a>, por certo.<\/p>\n<p>Dase unha paradoxa, e \u00e9 que <strong>en Galicia o portugu\u00e9s non \u00e9 lingua oficial, como si o \u00e9 o espa\u00f1ol<\/strong>, pero a comunidade ling\u00fc\u00edstica que cita o se\u00f1or Rueda no seu discurso \u00e9 a portuguesa e non a espa\u00f1ola. <strong>Os seus intentos de esconder o espa\u00f1ol rozan o surrealismo.<\/strong> Nun dos p\u00e1rrafos do seu discurso di o seguiente: <em>\"O galego soa con forza, complem\u00e9ntase e atrae a falantes e ouvintes, sen considerar <strong>o contacto con outros idiomas<\/strong> unha ameaza que a debilite, antes ben ao contrario.\"<\/em>. O maior contacto do galego con outros idiomas \u00e9 o que se da en Galicia co espa\u00f1ol. <strong>Se a lingua rexional non se sinte ameazada por ese contacto, \u00bfa qu\u00e9 ven ese absurdo empe\u00f1o en omitir incluso toda referencia \u00e1 nosa lingua com\u00fan?<\/strong><\/p>\n<p><big>No seu discurso referiuse a Galicia como \u00abpa\u00eds\u00bb ata en cinco ocasi\u00f3ns<\/big><\/p>\n<p>Outro aspecto chamativo do discurso de Rueda \u00e9 a forma que ten de referirse \u00e1 nosa rexi\u00f3n: <strong>no seu discurso usou a palabra \"pa\u00eds\" cinco veces para referirse a Galicia, y non usou a expresi\u00f3n \"comunidade aut\u00f3noma\" nin unha soa vez<\/strong>. \u00bfO autonomismo se lles quedou pequeno \u00f3s se\u00f1ores do PP galego, no seu af\u00e1n por asumir o discurso nacionalista en cada vez m\u00e1is \u00e1mbitos? Lembremos que, a d\u00eda de hoxe, <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/a-bandeira\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">a web da Xunta segue falando de bandeira \"nacional\" e de escudo \"nacional\" para referirse \u00f3s s\u00edmbolos de Galicia<\/a>, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20160615000000*\/https:\/\/www.xunta.gal\/a-bandeira\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">nunha p\u00e1xina creada en 2016<\/a>, segundo Web Archive. Estaba ent\u00f3n o se\u00f1or Feij\u00f3o na presidencia. E logo ainda se queixan de que lles chamen \"nacionalistas\".<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Foto: Xunta de Galicia.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe en Galicia cel\u00e9brase o D\u00eda das Letras Galegas, unha xornada na que hai o costume de ignorar, por sistema, a lingua materna da metade dos galegos.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[1877,5351,1805,641],"class_list":["post-47411","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-alfonso-rueda","tag-dia-das-letras-galegas","tag-galicia","tag-partido-popular"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47411"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=47411"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47411\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=47411"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=47411"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=47411"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}