{"id":50312,"date":"2023-02-05T19:19:52","date_gmt":"2023-02-05T18:19:52","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=50312"},"modified":"2023-02-05T19:25:51","modified_gmt":"2023-02-05T18:25:51","slug":"pp-vs-vox-cal-dos-dous-partidos-foi-o-que-apoiou-estas-cousas-extremistas-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2023\/02\/05\/pp-vs-vox-cal-dos-dous-partidos-foi-o-que-apoiou-estas-cousas-extremistas-en-galicia\/","title":{"rendered":"PP vs Vox: \u00bfcal dos dous partidos foi o que apoiou estas cousas extremistas en Galicia?"},"content":{"rendered":"<p>Hai algo que me indigna moito con certos pol\u00edticos: a cara dura, sobre todo cando se reflicte nunha tendencia a criticar \u00f3s demais polo que un fai.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/05\/17\/o-sucesor-de-feijoo-e-as-letras-galegas-cita-a-lusofonia-pero-omite-toda-mencion-o-espanol\/\">O sucesor de Feij\u00f3o e as letras galegas: cita a lusofon\u00eda pero omite toda menci\u00f3n \u00f3 espa\u00f1ol<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/12\/14\/o-pp-failles-guinos-os-socios-galegos-de-bildu-mentres-marca-distancias-con-vox\/\">O PP failles gui\u00f1os \u00f3s socios galegos de Bildu mentres marca distancias con Vox<\/a><\/rel><\/p>\n<p>Hoxe, <a href=\"https:\/\/archive.ph\/W68oa\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">El Mundo publica unha entrevista<\/a> co presidente da Xunta e presidente do PP de Galicia , <strong>Alfonso Rueda<\/strong>. Nela preg\u00fantanlle o seguinte: <em>\"\u00bfSegue a parecerlle <strong>Vox<\/strong> de extrema dereita, como lles chamaba a Xunta antes de que Feij\u00f3o marchase a Madrid?\"<\/em> E Rueda responde: <em>\"Ben, <strong>ten moitos enfoques que, dende o punto de vista galego, non encaixan en absoluto.<\/strong> O que non acepto \u00e9 que Vox se clasifique autom\u00e1ticamente como extremista e, en cambio, non Podemos, que \u00e9 un partido de extrema esquerda e radical. D\u00edgoo dos dous. <strong>Con ning\u00fan dos dous extremismos se pode establecer unha pol\u00edtica estable<\/strong>\".<\/strong><\/em> Na seguinte pregunta, Rueda confirma que considera extremista a Vox.<\/p>\n<p>A declaraci\u00f3n de Rueda \u00e9 o que alg\u00fans chaman <strong>un argumento \"asustavellas\": espallar o medo contra o rival pol\u00edtico mentindo sobre el<\/strong>, para que os votantes m\u00e1is conservadores nin sequera se plantexen votar a Vox, un partido que pr\u00e1cticamente non aparece nos medios galegos subvencionados (subvencionados pola Xunta). <strong>O PP leva anos usando esta t\u00e1ctica contra Vox<\/strong>, espallando mentiras como dicir que Vox quere sacarnos da UE (algo que Vox nunca dixo) e outras mentiras similares. <strong>O problema que ten o PP \u00f3 empregar esta t\u00e1ctica p\u00f3dese resumir nunha palabra: hemerotecas.<\/strong> Imos repasar unha serie de feitos a continuaci\u00f3n, a ver se adivi\u00f1ades <strong>qu\u00e9 partido apoiou estas cousas:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2015\/11\/01\/pp-psoe-y-nacionalistas-apoyan-mantener-la-exclusion-ilegal-del-idioma-espanol-en-ferrol\/\">Votar xunto co PSOE e os separatistas do BNG a favor dunha ordenanza ling\u00fc\u00edstica que marxina o espa\u00f1ol<\/a> no Concello de Ferrol.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2016\/07\/06\/nuevo-disparate-el-pp-quiere-que-galicia-este-en-la-comunidad-de-habla-portuguesa\/\">Apoiar que Galicia forme parte da comunidade de naci\u00f3ns lus\u00f3fonas<\/a>, a pesar de que Galicia non \u00e9 unha naci\u00f3n e o portugu\u00e9s non \u00e9 unha lingua oficial aqu\u00ed.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2018\/01\/27\/la-web-de-la-xunta-llama-bandera-nacional-y-escudo-nacional-a-los-simbolos-de-galicia\/\">Clasificar a \"bandeira nacional\" \u00e1 de Galicia<\/a>, que \u00e9 comunidade aut\u00f3noma.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/02\/09\/el-pp-desoye-al-tc-y-margina-el-espanol-a-nivel-oficial-en-un-ayuntamiento-de-galicia\/\">Aprobar unha ordenanza ling\u00fc\u00edstica que marxina o espa\u00f1ol<\/a> no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Ordenanza que, como a de Ferrol, vulnera a xurisprudencia do Tribunal Constitucional.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/06\/22\/el-pp-regala-dos-alcaldias-al-bng-aliado-gallego-de-bildu-feijoo-no-lo-desautoriza\/\">Regalar d\u00faas alcald\u00edas \u00f3 BNG, os socios galegos de Bildu<\/a>, sen que a direcci\u00f3n do partido o desautorice.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/09\/27\/el-pp-pide-al-parlamento-gallego-condenar-a-quienes-discrepan-del-feminismo-progre\/\">Criminar a quen non est\u00e1 de acordo co feminismo progre<\/a> mediante unha iniciativa no Parlamento de Galicia.<\/li>\n<li>Apoiar \u00e1 ultraesquerda no Parlamento de Galicia para <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2019\/11\/20\/el-pp-gallego-apoya-a-la-ultraizquierda-para-imponer-educacion-sexual-desde-los-3-anos\/\">impo\u00f1er a educaci\u00f3n sexual a partir dos 3 anos<\/a>.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/06\/17\/el-pp-gallego-secunda-una-iniciativa-del-bng-de-apoyo-a-la-dictadura-comunista-de-cuba\/\">Apoiar unha iniciativa do BNG de apoio \u00e1 ditadura comunista cubana<\/a> no Parlamento Galego.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/10\/26\/el-pp-gallego-apoya-una-iniciativa-del-bng-que-califica-el-aborto-como-un-derecho\/\">Respaldar unha iniciativa dos socios galegos de Bildu que califica o aborto como un \"dereito\"<\/a>, traicionando os estatutos do propio partido.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/07\/03\/feijoo-llamo-apartheid-a-la-libertad-de-idioma-abascal-lo-llama-a-la-imposicion-cual-acierta\/\">Rexeitando a libre elecci\u00f3n de lingua nas escolas<\/a>, equipar\u00e1ndoa co Apartheid sudafricano, a pesar de que foi precisamente coa ca\u00edda dese r\u00e9xime cando se estableceu nese pa\u00eds a liberdade de elecci\u00f3n.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/06\/27\/asi-es-como-el-pp-adoctrina-en-la-ideologia-de-genero-a-ninos-en-los-colegios-de-galicia\/\">Impo\u00f1er a ideolox\u00eda de x\u00e9nero a trav\u00e9s dunha materia obrigatoria<\/a> en todos os centros educativos galegos. <a href=\"https:\/\/www.elmundo.es\/espana\/2014\/04\/08\/5343e83c268e3e92448b456d.html\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">Unha imposici\u00f3n pactada co PSOE e co BNG<\/a>.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/01\/28\/hablamos-espanol-demanda-al-gobierno-de-feijoo-por-discriminar-a-los-hispanohablantes\/\">Impo\u00f1er unha proba eliminatoria de galego para obter o t\u00edtulo de xestor administrativo<\/a>, unha medida discriminatoria que nin sequera imp\u00f3n o goberno separatista de Catalu\u00f1a.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/01\/28\/hablamos-espanol-demanda-al-gobierno-de-feijoo-por-discriminar-a-los-hispanohablantes\/\">Apoiar medidas que discriminan \u00f3s hispanofalantes en Galicia<\/a>, comunidade con d\u00faas linguas oficiais: o espa\u00f1ol e o galego.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2023\/01\/02\/el-pp-de-galicia-se-alinea-con-los-separatistas-del-bng-para-imponer-un-toponimo-a-asturias\/\">Ali\u00f1arse cos separatistas do BNG<\/a> para impo\u00f1er un top\u00f3nimo en galego \u00f3 Principado de Asturias.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2023\/01\/26\/nueva-campana-del-gobierno-gallego-para-que-los-ninos-no-hablen-en-espanol-durante-21-dias\/\">Po\u00f1er en marcha campa\u00f1as institucionais para que os menores non falen castel\u00e1n durante 21 d\u00edas<\/a>, a pesar de ser unha das d\u00faas linguas oficiais de Galicia.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Como xa ter\u00e1n adivi\u00f1ado os lectores habituais de Contando Estrelas, xa que todas estas cousas foron denunciadas dende este sitio, <strong>esas cousas tan extremistas non foron apoiadas por Vox: foi o PP o que as apoiou<\/strong>. As correspondentes \u00f3 Parlamento de Galicia foron apoiadas cos votos dos deputados auton\u00f3micos do PP, <strong>entre eles Alfonso Rueda, o mesmo que agora califica de \"extremista\" a Vox.<\/strong> O que dixen: que cara m\u00e1is dura.<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Foto: Xunta de Galicia. O presidente do goberno galego, Alfonso Rueda, xunto co presidente do Partido Popular, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai algo que me indigna moito con certos pol\u00edticos: a cara dura, sobre todo cando se reflicte nunha tendencia a criticar \u00f3s demais polo que un fai.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[1877,1805,641,7535],"class_list":["post-50312","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-alfonso-rueda","tag-galicia","tag-partido-popular","tag-vox"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50312"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=50312"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/50312\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=50312"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=50312"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=50312"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}