{"id":60076,"date":"2025-06-29T19:06:11","date_gmt":"2025-06-29T17:06:11","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=60076"},"modified":"2025-07-02T19:25:02","modified_gmt":"2025-07-02T17:25:02","slug":"quena-festa-e-ou-dia-unha-cancion-da-espana-medieval-cun-gran-comezo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/06\/29\/quena-festa-e-ou-dia-unha-cancion-da-espana-medieval-cun-gran-comezo\/","title":{"rendered":"'Quena f\u00e9sta e ou d\u00eda', unha canci\u00f3n da Espa\u00f1a medieval cun gran comezo"},"content":{"rendered":"<p>Son unha persoa con gustos musicais moi variados. Entre eles est\u00e1 a m\u00fasica de orixe medieval, que en Espa\u00f1a ten bastantes xoias.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/04\/27\/a-pouco-conecida-marcha-militar-que-guiou-a-uns-galegos-na-sua-loita-por-espana-en-1808\/\">A pouco co\u00f1ecida marcha militar que guiou a uns galegos na s\u00faa loita por Espa\u00f1a en 1808<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2023\/05\/01\/mayo-longo-un-fermoso-poema-de-rosalia-de-castro-escrito-en-terras-castelas\/\">'Mayo longo': un fermoso poema de Rosal\u00eda de Castro escrito en terras castel\u00e1s<\/a><\/rel><\/p>\n<p>Hai xa moitos anos comprei <strong>un disco que cont\u00e9n algunha desas xoias, titulado \"Cabaleiros\", editado en 1998<\/strong> (se vos interesa, <a href=\"https:\/\/pneumamusic.es\/products\/pn-490-caballeros-knights-chevaliers?_pos=1&_sid=6e81529fb&_ss=r\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">a\u00ednda se pode comprar no sitio web do seu selo discogr\u00e1fico<\/a>) e interpretado por un grupo capitaneado por <a href=\"https:\/\/pneumamusic.es\/pages\/eduardo-paniagua-bio\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">Eduardo Paniagua Garc\u00eda-Calder\u00f3n<\/a>, un arquitecto e m\u00fasico nado en Madrid en 1952 que se especializou na m\u00fasica medieval, editando xa 163 CDs dese tipo de m\u00fasica.<\/p>\n<p>Gran parte da produci\u00f3n discogr\u00e1fica de Paniagua f\u00edxose a trav\u00e9s do selo que el mesmo fundou, <a href=\"https:\/\/pneumamusic.es\/\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">Pneuma<\/a>, e trata sobre <strong>as \"Cantigas de Santa Mar\u00eda\" de Alfonso X O Sabio<\/strong>, unha colecci\u00f3n de 417 composici\u00f3ns en galego antigo (ou galego-portugu\u00e9s) escritas por ese Rey de Castela na segunda metade do s\u00e9culo XIII e dedicadas \u00e1 Virxe Mar\u00eda. <strong>Se algunha vez pregunt\u00e1chesche se entender\u00edas a versi\u00f3n medieval da lingua que falas, estas cantigas d\u00e9ixano claro:<\/strong> eu falo galego e espa\u00f1ol e confeso que custa entender o que din estas cantigas, incluso tendo as letras diante.<\/p>\n<p><strong>A cantiga 195 tit\u00falase \"Quena f\u00e9sta e ou d\u00eda\"<\/strong> (<a href=\"http:\/\/www.cantigasdesantamaria.com\/csm\/195\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">podedes ver aqu\u00ed a transcrici\u00f3n do texto orixinal<\/a>). No citado disco de Paniagua \u00e9 o terceiro tema, titulado \"O Torneo\". <strong>A canci\u00f3n foi gravada con instrumentos da \u00e9poca e ten un espectacular comezo con cornos de batalla.<\/strong> Podedes escoitala aqu\u00ed:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" title=\"CSM 195 El Torneo\" width=\"665\" height=\"499\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ki1g_UTf_uI?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p><strong>A letra da canci\u00f3n fala sobre un cabaleiro que permanec\u00eda solteiro porque era un home moi luxurioso.<\/strong> Un d\u00eda co\u00f1ece a unha bela doncela cuxo pai era pobre. Desexoso de ga\u00f1ar riqueza, este ofr\u00e9celle a s\u00faa filla \u00f3 cabaleiro, pero non por esposa, tras ser cegado polas s\u00faas promesas. <strong>A moza, vendo que vai ser deshonrada polo cabaleiro, reza a Santa Mar\u00eda ped\u00edndolle axuda.<\/strong> O cabaleiro escoita \u00e1 moza rezar e ent\u00f3n arrep\u00edntese da vileza que \u00eda cometer, e decide deixar \u00e1 moza nunha abad\u00eda antes de partir a un torneo.<\/p>\n<p>Durante o torneo, <strong>o cabaleiro morre e \u00e9 enterrado no medio da herba sen ningunha honra<\/strong>. A moza ve pasar o tempo esperando o regreso do cabaleiro na abad\u00eda. Unha noite, a Virxe Mar\u00eda apar\u00e9ceselle en so\u00f1os \u00e1 moza e dille que o cabaleiro morreu e que debe buscar a s\u00faa tumba, identificada cunha rosa, para darlle un enterramento digno. A doncela dillo \u00e1 abadesa pero esta non lle cre e a chama \"mentireira\". <strong>Finalmente, a moza vaise da abad\u00eda e cumpre o que a Virxe lle ordenou.<\/strong><\/p>\n<p>Ademais da excelente gravaci\u00f3n de Paniagua, <strong>atopei estoutra versi\u00f3n da mesma canci\u00f3n publicada en 2013 por<\/strong> <a href=\"https:\/\/www.perkelt.com\/\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">PerKelt<\/a>, unha banda musical de Londres especializada na m\u00fasica celta, no seu \u00e1lbum <a href=\"https:\/\/www.perkelt.com\/product\/dowry-of-a-troll-woman-cd-2013\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">\"Dowry of a Troll Woman\"<\/a>. A diferenza da versi\u00f3n de Panigua, <strong>esta gravaci\u00f3n brit\u00e1nica s\u00f3 incl\u00fae o retrouso do poema orixinal:<\/strong><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" title=\"Quen a Festa\" width=\"665\" height=\"499\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/_MNmV_V0ND0?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>P.D.: <strong>a imaxe que encabeza este artigos \u00e9 unha ilustraci\u00f3n do C\u00f3dice Rico das Cantigas de Santa Mar\u00eda<\/strong>, datado entre 1270-1284 e conservado no Mosteiro del Escorial. A ilustraci\u00f3n est\u00e1 referida \u00e1 Batalla de San Esteban de Gormaz (975), que acabou nunha derrota cristi\u00e1. <strong>A ilustraci\u00f3n acompa\u00f1a \u00e1 Cantiga 63<\/strong>, na que un cabaleiro p\u00e1sase toda a batalla o\u00edndo misa, e cando vai desculparse #ante o seu se\u00f1or, este se estra\u00f1a, porque lle v\u00eda na batalla, sendo mesmo ferido. Moitas gracias a <strong>Isabel S\u00e1nchez Gil<\/strong> por esta valiosa informaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Son unha persoa con gustos musicais moi variados. Entre eles est\u00e1 a m\u00fasica de orixe medieval, que en Espa\u00f1a ten bastantes xoias.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[24728,24724,24727,24722,1805,24729,24725,24723],"class_list":["post-60076","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-alfonso-x-o-sabio","tag-cantigas-de-santa-maria","tag-castela","tag-eduardo-paniagua-garcia-calderon","tag-galicia","tag-idade-media","tag-perkelt","tag-pneuma"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/60076"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=60076"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/60076\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=60076"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=60076"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=60076"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}