{"id":61665,"date":"2022-11-05T07:28:49","date_gmt":"2022-11-05T06:28:49","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=61665"},"modified":"2025-11-05T03:36:04","modified_gmt":"2025-11-05T02:36:04","slug":"xa-abonda-de-ensanamiento-e-mellor-deixar-morrer-un-idioma-que-deixar-morrer-a-liberdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/11\/05\/xa-abonda-de-ensanamiento-e-mellor-deixar-morrer-un-idioma-que-deixar-morrer-a-liberdade\/","title":{"rendered":"Xa abonda de ensa\u00f1amiento: \u00e9 mellor deixar morrer un idioma que deixar morrer a liberdade"},"content":{"rendered":"<p>Ultimamente estase falando moito sobre que sa\u00edda hase de ofrecer a aquelas persoas que sofren unha enfermidade incurable ou que est\u00e1n moribundas.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/11\/18\/o-goberno-de-feijoo-propon-as-familias-mais-clases-en-galego-pero-non-mais-en-espanol\/\">O Goberno de Feij\u00f3o prop\u00f3n \u00e1s familias \u00abm\u00e1is clases en galego\u00bb pero non m\u00e1is en espa\u00f1ol<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/06\/11\/para-un-programa-da-television-de-galicia-e-peor-falar-en-espanol-que-acosar-a-unha-muller\/\">Para un programa da Televisi\u00f3n de Galicia \u00e9 peor falar en espa\u00f1ol que acosar a unha muller<\/a><\/rel><\/p>\n<p>Alg\u00fans defenden a eutanasia, disfraz\u00e1ndoa de \"morte digna\" e falando das persoas que sofren certas enfermidades coma se fosen unha carga. Fronte a esa posici\u00f3n, <strong>alg\u00fans defendemos a necesidade dos coidados paliativos<\/strong>, \u00e9 dicir, de proporcionar unha vida digna \u00f3s enfermos, que non se lles faga desexar morrer. <a href=\"https:\/\/www.vatican.va\/roman_curia\/congregations\/cfaith\/documents\/rc_con_cfaith_doc_20200714_samaritanus-bonus_sp.html#La_obligaci\u00f3n_moral\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">A Igrexa cat\u00f3lica tam\u00e9n rexeita o \"ensa\u00f1amiento terap\u00e9utico\"<\/a>, sinalando o seguinte: <em>\"Tutelar a dignidade do morrer significa tanto <strong>exclu\u00edr a anticipaci\u00f3n da morte como o atrasala co chamado \u201censa\u00f1amiento terap\u00e9utico\u201d.<\/strong> A medicina actual disp\u00f3n, de feito, de medios capaces de atrasar artificialmente a morte, sen que o paciente reciba en tales casos un beneficio real\".<\/em><\/p>\n<p>Chegados a este punto, <strong>alg\u00fans estar\u00e1n a pensar: <em>\"a Elentir f\u00f3iselle a pinza<\/strong> e p\u00faxose a falar de cuesti\u00f3ns bio\u00e9ticas nunha entrada sobre temas ling\u00fc\u00edsticos\"<\/em>. Pois non. Se empecei as\u00ed esta entrada \u00e9 porque <strong>hai persoas que tenden a falar sobre as linguas coma se trat\u00e1sese de seres humanos<\/strong>, incluso outorgando \u00f3s idiomas dereitos sobre as persoas, uns falsos dereitos que <strong>nos obrigan a renunciar \u00e1 nosa liberdade ling\u00fc\u00edstica<\/strong> -\u00e9 dicir, \u00f3 noso dereito para usar a lingua oficial que elixamos, e non a que nos impo\u00f1an- <strong>co pretexto de que se non o facemos, unha lingua pode chegar a morrer.<\/strong><\/p>\n<p>Obviamente, <strong>as linguas son algo moi importante<\/strong>. Constit\u00faen unha parte notable do noso patrimonio cultural, xa que a trav\u00e9s delas transmit\u00edronse moitos dos co\u00f1ecementos que posu\u00edmos. <strong>Pero a importancia das linguas non debe facernos esquecer para que serven: para comunicarnos.<\/strong> No plano da comunicaci\u00f3n, e polas m\u00e1is diversas causas, hai linguas que son mellores para comunicarse que outras porque as fala moita m\u00e1is xente. <strong>Os espa\u00f1ois temos a sorte de posu\u00edr unha das linguas m\u00e1is faladas do mundo: o espa\u00f1ol.<\/strong> E curiosamente, en Espa\u00f1a temos a pol\u00edticos empe\u00f1ados en po\u00f1ernos barreiras ling\u00fc\u00edsticas e <strong>someternos a imposici\u00f3ns para que falemos outras linguas porque, segundo din, se non o facemos desaparecer\u00e1n.<\/strong><\/p>\n<p>Para empezar, hai que negar ese argumento. <strong>Idiomas como o galego, o vasco e o catal\u00e1n est\u00e1n moi lonxe de desaparecer.<\/strong> Na actualidade te\u00f1en unha cantidade considerable de falantes e \u00e9 moi pouco probable que esas comunidades ling\u00fc\u00edsticas desaparezan da noite para a ma\u00f1\u00e1. <strong>O que si ameaza a esas linguas \u00e9 o ensa\u00f1amiento ling\u00fc\u00edstico<\/strong>, parafraseando a expresi\u00f3n utilizada pola Igrexa para referirse a aqueles procedementos usados para alongar unha vida artificialmente, sen ning\u00fan beneficio para o paciente.<\/p>\n<p>Os nosos pol\u00edticos <strong>lam\u00e9ntanse a mi\u00fado da perda de falantes novos do galego, pero non se pararon a pensar que contribu\u00edron a iso<\/strong>, en primeiro lugar facendo un idioma cada vez m\u00e1is artificial e afastado do galego popular (por un empe\u00f1o absurdo en tranquilizar \u00f3 lusismo e en fomentar un est\u00fapido diferencialismo que leva a cambiar palabras tradicionais galegas simplemente porque se parecen \u00e1s espa\u00f1olas). Pero sobre todo, <strong>o que dana a linguas como o galego \u00e9 que llas impo\u00f1a<\/strong>. Iso acaba por convertelas en algo odioso para moitos mozos, mesmo aqueles cuxas familias falan o galego de toda a vida, e non o produto de laboratorio que ensinan nas escolas.<\/p>\n<p>Por outra banda, cabe preguntarse: <strong>\u00bfcantos m\u00e1is sacrificios van esixir co pretexto de que non se nos morra tal ou cal lingua?<\/strong> Porque en Espa\u00f1a chegamos a uns extremos propios dunha ditadura no que a linguas ref\u00edrese, e chegados a eses extremos <strong>\u00e9 l\u00f3xico preguntarse: \u00bfconservar un idioma xustifica sacrificar a nosa liberdade?<\/strong> O que mant\u00e9n a unha lingua viva \u00e9 que resulte \u00fatil para os seus falantes. As linguas que non o son, desaparecen.<\/p>\n<p>No seu libro \"Language Death\" (Cambridge University Press, 2000), o ling\u00fcista brit\u00e1nico David Crystal cita estimaci\u00f3ns do ling\u00fcista estadounidense Michael E. Krauss sinalando que hai 10.000 anos puido haber entre 5.000 e 20.000 idiomas distintos. Krauss estimou que, optando pola media, <strong>o maior n\u00famero de idiomas que houbo nalg\u00fan momento na historia foi de 12.000. Hoxe existen uns 6.000<\/strong>, dos cales s\u00f3 uns 600 est\u00e1n a salvo dun certo perigo de extinci\u00f3n.<\/p>\n<p>\u00d3 longo da historia <strong>houbo idiomas tan importantes como o lat\u00edn, o grego antigo, o \u00edbero, o hitita, o huno, o galo e o g\u00f3tico que morreron<\/strong>, nalg\u00fans casos dando paso a linguas derivadas, como ocorreu co lat\u00edn. Este idioma nin sequera seguiu existindo como lingua viva a pesar de ser a lingua lit\u00farxica oficial de la Iglesia Cat\u00f3lica durante s\u00e9culos e o idioma oficial do Sacro Imperio Romano Germ\u00e1nico. <strong>\u00bfAlgu\u00e9n sacrificar\u00eda hoxe en d\u00eda os seus dereitos fundamentais por manter vivo o lat\u00edn?<\/strong><\/p>\n<p>Por suposto, <strong>con isto non estou a suxerir que debamos liquidar ning\u00fan idioma<\/strong>. Eu falo habitualmente espa\u00f1ol (a mi\u00f1a lingua materna) e galego, pero f\u00e1loos porque me d\u00e1 a gana. Vela\u00ed o importante: a liberdade. <strong>Se se dese a circunstancia de que o espa\u00f1ol correse perigo de extinguirse<\/strong>, non me parecer\u00eda xusto mantelo con vida recorrendo a medidas ditatoriais como as que usan alg\u00fans en aras da supervivencia do galego ou do catal\u00e1n. <strong>Se queredes manter vivo un idioma, deixade que cada un fale a lingua que lle dea a real gana, que \u00e9 o propio dunha sociedade libre.<\/strong> E se se dese a circunstancia de que ningu\u00e9n quixese falar unha determinada lingua, pois ser\u00e1 que lle chegou a hora de morrerse. Chegado ese momento, s\u00f3 restar\u00e1 dicir: descanse en paz. <strong>O terrible \u00e9 que maten a nosa liberdade coa escusa de manter vivo un idioma.<\/strong><\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Imaxe: \"A Torre de Babel\", cadro de Pieter Brueghel o Vello.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ultimamente estase falando moito sobre que sa\u00edda hase de ofrecer a aquelas persoas que sofren unha enfermidade incurable ou que est\u00e1n moribundas.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[1448,1805,24737],"class_list":["post-61665","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-cataluna","tag-galicia","tag-liberdade-linguistica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/61665"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=61665"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/61665\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=61665"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=61665"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=61665"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}