{"id":64633,"date":"2026-04-22T19:55:30","date_gmt":"2026-04-22T17:55:30","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=64633"},"modified":"2026-04-22T19:59:31","modified_gmt":"2026-04-22T17:59:31","slug":"rc-deportivo-de-la-coruna-o-absurdo-de-anormalizar-o-idioma-espanol-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/04\/22\/rc-deportivo-de-la-coruna-o-absurdo-de-anormalizar-o-idioma-espanol-en-galicia\/","title":{"rendered":"RC Deportivo de La Coru\u00f1a: o absurdo de anormalizar o idioma espa\u00f1ol en Galicia"},"content":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas est\u00e1 a falarse moito nos medios sobre o posible cambio de nome do Real Club Deportivo de La Coru\u00f1a.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/08\/17\/os-toponimos-en-espanol-de-galicia-a-hispanofobia-e-o-xornalismo-lixo\/\">Os top\u00f3nimos en espa\u00f1ol de Galicia, a hispanofobia e o xornalismo lixo<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/08\/18\/o-teu-idioma-soa-mal-a-estupidez-nacionalista-que-moitos-asumiron\/\">\u00abO teu idioma soa mal\u00bb: a estupidez nacionalista que moitos asumiron<\/a><\/rel><\/p>\n<p>Esa entidade deportiva, a piques de cumprir 120 anos, <a href=\"https:\/\/www.eldebate.com\/espana\/galicia\/20260420\/deportivo-da-coruna-club-corunes-rinde-separatismo-planea-cambiar-nombre-equipo_408671.html\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">plant\u00e9xase cambiar o seu nome polo de \"RC Deportivo da Coru\u00f1a\"<\/a>. Sendo unha empresa privada, as decisi\u00f3ns que tomen os seus socios en relaci\u00f3n \u00f3 nome da entidade corresp\u00f3ndelles a eles, e s\u00f3 a eles, decidilas. <strong>En Galicia hai d\u00faas linguas oficiais, o espa\u00f1ol e o galego, e debe haber liberdade para elixir en cal das d\u00faas po\u00f1er o nome dunha empresa.<\/strong> Pola mi\u00f1a banda, non me parece nada mal que se use o galego nunha denominaci\u00f3n. De feito, <strong>o t\u00edtulo do meu blog, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/\">\"Contando Estrelas\"<\/a>, est\u00e1 en galego<\/strong>, e ademais <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/\">ten esta edici\u00f3n en lingua galega<\/a>.<\/p>\n<p>Dito isto, <strong>o que hai que lamentar no caso do Deportivo son as interferencias pol\u00edticas<\/strong>. <a href=\"https:\/\/www.galiciapress.es\/texto-diario\/mostrar\/3802911\/deportivismo-clama-revolucion-aficion-pide-cambiar-escudo-deportivo-coruna\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">O separatismo leva moitos anos esixindo a ese club un cambio de nome<\/a> porque non tolera que en Galicia se usen top\u00f3nimos en espa\u00f1ol. Hai que dicir, ademais, que non \u00e9 unha presi\u00f3n exclusiva do separatismo: <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/08\/17\/os-toponimos-en-espanol-de-galicia-a-hispanofobia-e-o-xornalismo-lixo\/\">hai medios galegos que se dedican a ridiculizar os top\u00f3nimos en espa\u00f1ol en Galicia<\/a>, <strong>promovendo abertamente unha hispanofobia que pretende anormalizar o idioma espa\u00f1ol<\/strong>, que \u00e9 unha das d\u00faas linguas oficiais desta comunidade.<\/p>\n<p>Esta situaci\u00f3n vese alimentada, ademais, por <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/07\/18\/o-partido-popular-e-a-toponimia-en-galicia-unha-nova-volta-de-torca-os-disparates\/\">unha lexislaci\u00f3n discriminatoria apoiada e mantida durante anos polo Partido Popular (PP)<\/a>, un detalle que moitos medios do resto de Espa\u00f1a adoitan ignorar \u00f3 falar sobre esta rexi\u00f3n. <strong>Esa lexislaci\u00f3n excl\u00fae da toponimia oficial \u00f3s top\u00f3nimos en espa\u00f1ol, creando unha presi\u00f3n institucional contra eles<\/strong> e convertindo de feito \u00f3s galegos hispanohablantes en algo as\u00ed como estranxeiros na s\u00faa propia terra, xente que non ten dereito a chamar no seu idioma \u00f3s lugares nos que vive, mesmo cando falamos de top\u00f3nimos tan antigos como <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2016\/08\/03\/al-hablar-espanol-se-dice-la-coruna-orense-sangenjo-y-bayona-aqui-te-explico-el-porque\/\">\"La Coru\u00f1a\", un nome que ten a s\u00faa orixe na Idade Media<\/a>, \u00e9 dicir, na \u00e9poca na que o lat\u00edn vulgar empezou a dar paso \u00e1s linguas que hoxe co\u00f1ecemos como espa\u00f1ol e galego.<\/p>\n<p>Cando falamos dun ambiente legal, institucional e pol\u00edtico como este, <strong>a eliminaci\u00f3n dos top\u00f3nimos en espa\u00f1ol xa non \u00e9 unha decisi\u00f3n libre, sen\u00f3n o froito de campa\u00f1as de presi\u00f3n<\/strong> que son alimentadas, ademais, co di\u00f1eiro dos nosos impostos.<\/p>\n<p><strong>Se eu, por ter un blog con nome en galego, sufrise unha campa\u00f1a como esa para cambialo, o \u00faltimo que se me ocorrer\u00eda ser\u00eda ceder \u00e1s presi\u00f3ns<\/strong>, en primeiro lugar porque me nego a tomar ningunha decisi\u00f3n baixo as presi\u00f3ns de ningu\u00e9n, pero tam\u00e9n porque <strong>cando se cede \u00f3s que promoven unha contorna ling\u00fc\u00edstica coactiva, os inimigos da liberdade son os que ga\u00f1an<\/strong>. E ch\u00e1moos as\u00ed porque non queren unha Galicia onde cada un decida libremente en que idioma quere falar, relacionarse, estudar ou facer os seus negocios. <strong>Eles queren decidir por n\u00f3s mesmo a lingua que usamos a diario.<\/strong><\/p>\n<p>A gran diferencia entre este blog e ese club deportivo \u00e9 que <strong>en Galicia existe unha crecente presi\u00f3n pol\u00edtica para desprazar \u00f3 espa\u00f1ol da vida p\u00fablica<\/strong>. \u00c9 unha situaci\u00f3n absurda e grotesca, se temos en conta que a pesar das insistentes campa\u00f1as institucionais para promover o uso do galego, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2024\/01\/25\/el-pp-extiende-su-campana-para-no-hablar-en-espanol-durante-21-dias-a-ninos-de-3-a-6-anos\/\">inclu\u00edndo iniciativas para presionar \u00f3s alumnos de colexios para que deixen de falar o espa\u00f1ol<\/a> (algo que me parece puramente enfermizo), <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2024\/10\/17\/a-liberdade-derrota-a-enxeneria-social-o-espanol-xa-e-a-lingua-mais-falada-en-galicia\/\">a lingua de Cervantes \u00e9 o idioma m\u00e1is falado en Galicia<\/a>, un sinal claro do fracaso da enxe\u00f1er\u00eda social.<\/p>\n<p><strong>Esa presi\u00f3n hispan\u00f3foba \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is grotesca en certas cidades<\/strong>, onde o espa\u00f1ol \u00e9 a lingua m\u00e1is usada con moita diferenza. Segundo unha enquisa de 2023, <a href=\"https:\/\/www.elespanol.com\/quincemil\/cultura\/20241011\/ciudades-galicia-habla-gallego-hoy\/892661204_0.html\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">na Coru\u00f1a o galego s\u00f3 \u00e9 usado de forma exclusiva polo 15,48% dos seus habitantes<\/a>, catro puntos e medio menos que cinco anos antes. <strong>S\u00f3 Vigo (13,46%) e Ferrol (13,60%) superan \u00e1 capital coru\u00f1esa<\/strong>, e tam\u00e9n perdendo falantes.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, cando alg\u00fans intentan converter o espa\u00f1ol nunha lingua estranxeira en Galicia, <strong>non s\u00f3 intentan anormalizar o noso idioma: est\u00e1n a intentar anormalizar \u00e1 maior\u00eda dos habitantes das d\u00faas cidades m\u00e1is poboadas de Galicia<\/strong>, que son Vigo e A Coru\u00f1a. \u00c9 curioso comprobar que isto, nunha sociedade democr\u00e1tica tan sensible contra os discursos de odio, <strong>esa pol\u00edtica discriminatoria conta coa bendici\u00f3n de partidos e de medios que se creen grandes campi\u00f3ns da tolerancia<\/strong>, pero que cada vez que ven un top\u00f3nimo en espa\u00f1ol en Galicia reaccionan cunha intolerancia propia de totalitarios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas est\u00e1 a falarse moito nos medios sobre o posible cambio de nome do Real Club Deportivo de La Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[6994,1805,1853,641,26830,8098],"class_list":["post-64633","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-a-coruna","tag-galicia","tag-nacionalismo","tag-partido-popular","tag-rc-deportivo-de-la-coruna","tag-toponimia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64633"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64633"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64633\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64633"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64633"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64633"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}