{"id":65155,"date":"2026-05-24T18:33:32","date_gmt":"2026-05-24T16:33:32","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=65155"},"modified":"2026-06-07T18:34:09","modified_gmt":"2026-06-07T16:34:09","slug":"galicia-ese-lugar-onde-agora-che-miran-a-lingua-antes-que-mirarche-os-ollos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/05\/24\/galicia-ese-lugar-onde-agora-che-miran-a-lingua-antes-que-mirarche-os-ollos\/","title":{"rendered":"Galicia, ese lugar onde agora che miran a lingua antes que mirarche \u00f3s ollos"},"content":{"rendered":"<p><!--more--><\/p>\n<p><big>Por \u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/big><\/p>\n<p>Hai unha escena que moitos galegos reco\u00f1ecer\u00e1n. <strong>Un pai pide un caf\u00e9 en castel\u00e1n, o camareiro responde en galego<\/strong>, o fillo cambia de idioma con naturalidade mentres mira TikTok en ingl\u00e9s e, mentres tanto, alg\u00fan iluminado de despacho, iso si cun gran soldo p\u00fablico, <strong>segue redactando informes sobre o \u201cconflito ling\u00fc\u00edstico galego\u201d coma se falar castel\u00e1n en Galicia fose un acto de traici\u00f3n<\/strong>.<\/p>\n<p><strong>Galicia foi biling\u00fce antes de que existisen as subvenci\u00f3ns para impo\u00f1elo.<\/strong> Os que xa peiteamos canas lembramos unha Galicia bastante distinta. O galego conviv\u00eda co castel\u00e1n cunha naturalidade case biol\u00f3xica. <strong>Hab\u00eda barrios m\u00e1is castel\u00e1nfalantes, aldeas onde o galego era dominante e familias que mesturaban todo sen necesidade de observatorios ling\u00fc\u00edsticos<\/strong> nin campa\u00f1as institucionais que ningu\u00e9n pediu e todos pagamos. Ningu\u00e9n examinaba o ADN identitario da xente segundo o idioma en que ped\u00eda o leite. Agora, en cambio, ocorre con certa frecuencia.<\/p>\n<p><strong>Poucas cousas fixeron m\u00e1is dano a Galicia que converter unha realidade espont\u00e1nea en batalla ideol\u00f3xica permanente.<\/strong> O chamado \u201cbiling\u00fcismo cordial\u201d dexenerou nun sumidoiro insaciable de recursos p\u00fablicos, sen dar soluci\u00f3n a un problema que nunca existiu.<\/p>\n<p>O m\u00e1is revelador de todo isto \u00e9 o pouso psicol\u00f3xico que deixou na sociedade galega. <strong>Hai galegos cuxa lingua materna sempre foi o castel\u00e1n, que viven e relaci\u00f3nanse en castel\u00e1n, e que a\u00ednda as\u00ed se po\u00f1en \u00e1 defensiva en canto algu\u00e9n cuestiona o chiringuito<\/strong> ou o malgasto que o sost\u00e9n. Han interiorizado tan profundamente que criticar a pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica equivale a atacar a Galicia, que acaban defendendo un proxecto que nin practican nin lles afecta. <strong>O que critica acaba sendo o mal galego.<\/strong> O que aplaude sen practicalo, o bo galego.<\/p>\n<p><strong>A Lei de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica de 1983 foi o punto de partida dunha industria: crear un conflito de dif\u00edcil soluci\u00f3n para dotalo de financiamento p\u00fablico indefinido<\/strong> e repartir o negocio entre o armaz\u00f3n empresarial e cultural af\u00edn \u00f3 poder auton\u00f3mico de quenda. Catro d\u00e9cadas despois, o galego, como lingua, segue retrocedendo, pero o negocio segue en p\u00e9. <strong>Iso non \u00e9 un fracaso. \u00c9 exactamente como foi dese\u00f1ado desde o principio.<\/strong> E o m\u00e1is triste \u00e9 que quen xestiona toda esta andr\u00f3mena, os que asinan os decretos, administran as subvenci\u00f3ns e pronuncian os discursos en galego normalizado e oficial, probablemente falan castel\u00e1n na intimidade. Impostores con soldo p\u00fablico.<\/p>\n<p><strong>As linguas non sobreviven por decreto, sen\u00f3n por utilidade, prestixio e afecto.<\/strong> Cando unha lingua empeza a percibirse como obrigaci\u00f3n burocr\u00e1tica, o efecto en moitos mozos adoita ser o contrario \u00f3 pretendido. <strong>E con todo, a Xunta leva anos impulsando a campa\u00f1a \u201c21 d\u00edas co galego\u201d<\/strong>, pedindo a alumnos desde educaci\u00f3n infantil ata secundaria que non usen o espa\u00f1ol nin no colexio nin en casa durante tres semanas. <strong>\u00d3s que falaban galego felicit\u00e1baselles; \u00f3s que falaban espa\u00f1ol cuestion\u00e1baselles<\/strong>, ped\u00edndolles que reflexionasen sobre se era a s\u00faa familia a causa ou se simplemente non eran capaces. <strong>Aplicar esa t\u00e9cnica a nenos de tres ou catro anos, que a\u00ednda est\u00e1n a aprender a falar, cuestionando o idioma en que reciben afecto na s\u00faa propia familia, \u00e9 perverso.<\/strong> E o resultado vese na r\u00faa: familias buscando centros m\u00e1is flexibles, estudantes que asocian o galego con exames e presi\u00f3n, e unha crecente desconexi\u00f3n entre a lingua que promocionan as instituci\u00f3ns e a que se escoita na r\u00faa.<\/p>\n<p><strong>E mentres a lingua galega perde presenza entre os mozos, parte do aparello auton\u00f3mico segue concentrado en batallas m\u00e1is simb\u00f3licas que urxentes.<\/strong> O caso da Ca\u00f1iza, rebautizada oficialmente pese \u00f3 uso hist\u00f3rico do nome castel\u00e1n, resume ben esa deriva. <strong>O Premio de Poes\u00eda Ciudad de Ourense, financiado con di\u00f1eiro do Concello, s\u00f3 admite obras en galego ou en portugu\u00e9s<\/strong>, exclu\u00edndo o castel\u00e1n por bases. Cando unha instituci\u00f3n p\u00fablica discrimina \u00f3s seus cidad\u00e1ns segundo o idioma en que escriben, xa non estamos a falar de protexer unha lingua, sen\u00f3n de castigar a quen usa outra.<\/p>\n<p>Hai outro asunto que conv\u00e9n nomear. <strong>Certos sectores do nacionalismo ling\u00fc\u00edstico, incapaces de aceptar que a s\u00faa enxe\u00f1er\u00eda social non funcionou, optaron por deformar a gram\u00e1tica do galego<\/strong> para achegalo artificialmente \u00f3 portugu\u00e9s, con Lisboa como referencia e Coimbra como modelo. <strong>O galego de toda a vida non lles basta; necesitan un constru\u00eddo nun despacho que o cidad\u00e1n corrente non reco\u00f1ece nin fala.<\/strong> O resultado \u00e9 que moitos terminan percibindo o galego como marca ideol\u00f3xica da esquerda m\u00e1is casposa, cos seus correspondentes tent\u00e1culos pol\u00edticos, universitarios e medi\u00e1ticos. <strong>Intentouse salvar a lingua convert\u00e9ndoa en trincheira<\/strong>, e as trincheiras son lugares moi inc\u00f3modos para vivir.<\/p>\n<p><strong>En 2026, moitos adolescentes galegos viven ling\u00fcisticamente moito m\u00e1is preto das plataformas globais que de calquera relato identitario cl\u00e1sico.<\/strong> A lingua galega non retrocede porque algu\u00e9n a persiga, retrocede por unha sociedade m\u00e1is conectada \u00f3 mundo exterior e porque cada vez menos novos at\u00f3pana \u00fatil ou atractiva. <strong>Esa \u00e9 unha ameaza moito m\u00e1is seria que calquera bolet\u00edn oficial<\/strong>, e case ningu\u00e9n quere admitilo publicamente.<\/p>\n<p><strong>A lingua galega non se vai a salvar nun congreso nin nun decreto. <\/strong>Salvarase o d\u00eda que un neno de doce anos \u00fasea porque lle dea a gana. Pero ese d\u00eda a\u00ednda non chegou.<\/p>\n<p><strong>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella, maio de 2026.<\/strong><\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><em>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella \u00e9 un vigu\u00e9s felizmente prexubilado que xa peitea canas e ten demasiadas opini\u00f3ns sobre o que ve da nosa sociedade imperfecta.<\/em><\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Traducci\u00f3n por Elentir. Imaxe: OpenArt<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":343,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[1805,1853],"class_list":["post-65155","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-galicia","tag-nacionalismo"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-08-12 07:07:21","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65155","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/343"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=65155"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65155\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=65155"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=65155"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=65155"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}