{"id":65364,"date":"2026-06-07T18:39:10","date_gmt":"2026-06-07T16:39:10","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=65364"},"modified":"2026-06-07T18:42:40","modified_gmt":"2026-06-07T16:42:40","slug":"vigo-morre-a-cidade-das-luces-que-se-apaga","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/06\/07\/vigo-morre-a-cidade-das-luces-que-se-apaga\/","title":{"rendered":"Vigo morre. A cidade das luces que se apaga"},"content":{"rendered":"<p><!--more--><\/p>\n<p><big>Por \u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/big><\/p>\n<p><strong>Hai uns d\u00edas quedei parado diante dun escaparate no centro de Vigo.<\/strong> En primeira li\u00f1a hab\u00eda un carri\u00f1o elegante, moderno, perfectamente iluminado. Por un instante pensei que era para beb\u00e9s. Non o era. <strong>Era para mascotas e, xunto a el, aparec\u00eda a imaxe dun mozo novo completamente s\u00f3 levando no seu carri\u00f1o \u00f3 seu can.<\/strong> Aquela escena quedoume roldando durante d\u00edas. Porque, sen pretendelo, resum\u00eda bastante ben algo que empeza a respirarse na cidade: cada vez costa m\u00e1is constru\u00edr aqu\u00ed unha vida normal.<\/p>\n<p><strong>Hai non tanto tempo, as r\u00faas proxectaban outra imaxe. Unha parella empuxando un carri\u00f1o de beb\u00e9, os tres xuntos, parec\u00eda algo natural, case autom\u00e1tico.<\/strong> Hoxe todo iso empeza a sentirse afastado. Hoxe vense menos nenos e m\u00e1is cans en moitos parques de Vigo.<\/p>\n<p><strong>Moitos rapaces de vinte e poucos anos falan de emanciparse como quen fala de algo case imposible.<\/strong> Cando chegan \u00f3s trinta, a realidade \u00e9 peor. Parellas vivindo en pisos cada vez m\u00e1is pequenos porque non poden permitirse outra cousa, xente con traballo estable incapaz de aforrar, pais sostendo economicamente a fillos adultos, av\u00f3s xubilados facendo de apoio constante. Moita xente vive permanentemente \u00f3 l\u00edmite.<\/p>\n<p><strong>Mentres tanto, o Concello exhibe remanentes millonarios<\/strong>, super\u00e1vits hist\u00f3ricos e estabilidade financeira como grandes logros. A contradici\u00f3n xa resulta evidente: <strong>o Concello de Vigo ten di\u00f1eiro. O veci\u00f1o, cada vez menos.<\/strong><\/p>\n<p>A demograf\u00eda conf\u00edrmao sen piedade. <strong>En 2024 naceron en Vigo apenas 1.468 beb\u00e9s e morreron 3.034 persoas.<\/strong> En dezaseis anos a natalidade reduciuse practicamente \u00e1 metade. Vigo sostense grazas \u00e1 chegada de poboaci\u00f3n de f\u00f3ra, porque por si soa xa non xera suficiente remuda xeracional.<\/p>\n<p><strong>Todo se acumula.<\/strong> O precio da vivenda, os salarios que non chegan, as taxas que soben, o custo da compra ou do alugueiro e a dificultade para empezar un proxecto propio sen vivir preocupado por chegar a fin de mes. <strong>Inst\u00e1lase un cansazo colectivo profundo<\/strong>, a sensaci\u00f3n de que consolidar un futuro con certa tranquilidade volveuse unha carreira de obst\u00e1culos.<\/p>\n<p>O Concello se esfuerza m\u00e1is en proxectar unha imaxe cara a f\u00f3ra que en facilitar a vida dos seus veci\u00f1os. <strong>Resulta inquietante ver como multiplica macroparques infant\u00eds mentres cada ano nacen menos beb\u00e9s.<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda as\u00ed, a\u00ednda conserva potencial: industria, porto, barrios vivos, identidade forte e capacidade econ\u00f3mica. <strong>Para reverter esta deriva far\u00eda falta unha vontade pol\u00edtica real:<\/strong> m\u00e1is chan e vivenda accesible para mozos, incentivos fiscais potentes e estables para quen forme familias aqu\u00ed, medidas de conciliaci\u00f3n efectivas e priorizar a vida coti\u00e1 dos veci\u00f1os fronte \u00f3 escaparate que desfrutan os de f\u00f3ra. <strong>Deixar de tratar como un luxo o que antes era simplemente o habitual.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Unha cidade que deixa de renovarse xeracionalmente perde algo esencial.<\/strong> \u00d3 final non se mide s\u00f3 polas s\u00faas luces ou as s\u00faas contas saneadas, sen\u00f3n por se os seus mozos poden imaxinarse vivindo nela sen renunciar a case todo.<\/p>\n<p><strong>As cidades de cando en cando morren de golpe.<\/strong> Ap\u00e1ganse amodo, case sen ru\u00eddo, cando deixan de ser lugares onde merece a pena botar ra\u00edces. <strong>E hoxe, para moitos, parece m\u00e1is sinxelo coidar unha mascota que sacar adiante unha familia.<\/strong> Mentres esa ecuaci\u00f3n non cambie, os n\u00fameros seguir\u00e1n contando a mesma historia.<\/p>\n<p>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella. En Vigo, xu\u00f1o de 2026.<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><em>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella \u00e9 un vigu\u00e9s felizmente prexubilado que xa peitea canas e ten demasiadas opini\u00f3ns sobre o que ve da nosa sociedade imperfecta.<\/em><\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Traducci\u00f3n por Elentir. Foto: <a href=\"https:\/\/www.flickr.com\/photos\/elentir\/54794471651\/in\/photolist-n3aLJf-2rtZZpR\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">Elentir<\/a>.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[7323,1805,7324,11460],"class_list":["post-65364","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-demografia","tag-galicia","tag-suicidio-demografico","tag-vigo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65364"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=65364"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65364\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=65364"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=65364"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=65364"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}