{"id":65534,"date":"2026-06-17T17:52:39","date_gmt":"2026-06-17T15:52:39","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=65534"},"modified":"2026-06-17T17:54:07","modified_gmt":"2026-06-17T15:54:07","slug":"ricardo-mella-e-miguel-anxo-bastos-dous-vigueses-incomodos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/06\/17\/ricardo-mella-e-miguel-anxo-bastos-dous-vigueses-incomodos\/","title":{"rendered":"Ricardo Mella e Miguel Anxo Bastos, dous vigueses inc\u00f3modos"},"content":{"rendered":"<p><!--more--><\/p>\n<p><big>Por \u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/big><\/p>\n<p><strong>Hai uns meses asist\u00edn en Vigo a unha conferencia de Miguel Anxo Bastos.<\/strong> Mentres o escoitaba falar sobre os l\u00edmites do poder pol\u00edtico, a burocracia e a tendencia das instituci\u00f3ns para crecer m\u00e1is al\u00f3 dos seus fins orixinais, <strong>atopeime pensando noutra persoa nada nesta cidade m\u00e1is dun s\u00e9culo antes: Ricardo Mella<\/strong>.<\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/06\/07\/vigo-morre-a-cidade-das-luces-que-se-apaga\/\">Vigo morre. A cidade das luces que se apaga<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/05\/24\/galicia-ese-lugar-onde-agora-che-miran-a-lingua-antes-que-mirarche-os-ollos\/\">Galicia, ese lugar onde agora che miran a lingua antes que mirarche \u00f3s ollos<\/a><\/rel><\/p>\n<p><strong>Son sobri\u00f1o neto de Mella e levaba meses relendo <em>A lei do n\u00famero<\/em>, publicada en 1893.<\/strong> \u00d3 sa\u00edr daquela conferencia tiven a sensaci\u00f3n de que ambos estaban a participar, desde \u00e9pocas e tradici\u00f3ns moi distintas, nunha conversaci\u00f3n parecida.<\/p>\n<p>Non porque pensasen igual. Non o fac\u00edan.<\/p>\n<p><strong>Ricardo Mella foi un dos principais referentes do anarquismo espa\u00f1ol<\/strong> de finais do s\u00e9culo XIX. <strong>Miguel Anxo Bastos \u00e9 unha das voces m\u00e1is co\u00f1ecidas do liberalismo contempor\u00e1neo<\/strong> inspirado na escola austr\u00edaca. Os seus puntos de partida son distintos e as s\u00faas propostas econ\u00f3micas tam\u00e9n.<\/p>\n<p>Con todo, <strong>ambos comparten unha profunda desconfianza cara \u00f3 poder pol\u00edtico<\/strong> cando deixa de actuar como instrumento e empeza a converterse nun fin en si mesmo.<\/p>\n<p><strong>A Espa\u00f1a que co\u00f1eceu Mella estaba marcada polo caciquismo<\/strong>, a fraude electoral e un sistema pol\u00edtico onde as elecci\u00f3ns serv\u00edan moitas veces para ratificar acordos previamente establecidos. Fronte a aquela realidade expuxo unha idea que segue resultando inc\u00f3moda: unha maior\u00eda non converte automaticamente unha decisi\u00f3n en xusta.<\/p>\n<p><strong>As maior\u00edas poden equivocarse.<\/strong> Poden actuar movidas por intereses inmediatos, polo costume ou pola influencia de quen moldea a opini\u00f3n p\u00fablica. O simple feito de votar non elimina eses riscos.<\/p>\n<p><strong>Lendo hoxe a Mella resulta dif\u00edcil non pensar nalg\u00fans debates actuais.<\/strong> Non porque a Espa\u00f1a de 2026 sexa a Espa\u00f1a de 1893, que afortunadamente non o \u00e9, sen\u00f3n porque certas din\u00e1micas parecen reaparecer con distintos nomes.<\/p>\n<p><strong>Bastos adoita insistir en algo parecido cando cuestiona a idea de que calquera decisi\u00f3n estatal quede lexitimada unicamente porque fose apoiada electoralmente.<\/strong> Ambos desconf\u00edan da tendencia das estruturas pol\u00edticas a adquirir vida propia e a afastarse progresivamente de quen di representar.<\/p>\n<p>Outro aspecto que me chamou a atenci\u00f3n \u00f3 comparar a ambos os autores \u00e9 <strong>a importancia que conceden \u00f3s l\u00edmites do poder<\/strong>.<\/p>\n<p><strong>Mella distingu\u00eda claramente entre a autoridade derivada do co\u00f1ecemento e a autoridade derivada do cargo.<\/strong> Respectaba o m\u00e9dico competente, \u00f3 enxe\u00f1eiro experimentado ou \u00f3 mestre reco\u00f1ecido. O que cuestionaba era que ese prestixio outorgase un dereito permanente a dirixir a vida dos demais.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is dun s\u00e9culo despois, Bastos exp\u00f3n obxecci\u00f3ns parecidas desde unha tradici\u00f3n intelectual completamente diferente.<\/strong> O seu argumento \u00e9 que o co\u00f1ecemento est\u00e1 disperso entre mill\u00f3ns de persoas e que ning\u00fan organismo central pos\u00fae a informaci\u00f3n necesaria para organizar eficazmente unha sociedade complexa.<\/p>\n<p><strong>As diferencias entre ambos son evidentes<\/strong> e conv\u00e9n non ocultalas.<\/p>\n<p>Mella desconfiaba tanto do Estado como das grandes concentraci\u00f3ns de capital. Bastos, pola contra, considera que a propiedade privada e o mercado son ferramentas fundamentais para protexer a liberdade individual e coordinar a actividade econ\u00f3mica.<\/p>\n<p><strong>Non estamos ante dous autores que chegan a conclusi\u00f3ns similares porque compartan ideolox\u00eda.<\/strong> Estamos ante dous pensadores que parten de tradici\u00f3ns moi distintas e que, con todo, terminan formulando preguntas parecidas sobre o poder, a representaci\u00f3n pol\u00edtica e a autonom\u00eda das persoas.<\/p>\n<p>Quiz\u00e1 por iso Ricardo Mella segue tendo algo que dicir m\u00e1is dun s\u00e9culo despois.<\/p>\n<p><strong>Con demasiada frecuencia l\u00e9mbraselle unicamente como un anarquista galego.<\/strong> \u00d3 meu xu\u00edzo, esa etiqueta resulta insuficiente. As s\u00faas reflexi\u00f3ns sobre as maior\u00edas, as instituci\u00f3ns, a concentraci\u00f3n de poder ou a relaci\u00f3n entre #gobernante e gobernados seguen sendo \u00fatiles para comprender alg\u00fans debates actuais.<\/p>\n<p><strong>Moitas das preguntas que expuxo contin\u00faan abertas.<\/strong><\/p>\n<p>\u00bfCanto poder necesita realmente unha sociedade para funcionar?<\/p>\n<p>\u00bfComo evitar que as instituci\u00f3ns terminen traballando para si mesmas?<\/p>\n<p>\u00bfAta que punto as elites pol\u00edticas, administrativas e medi\u00e1ticas acaban formando c\u00edrculos relativamente pechados?<\/p>\n<p>\u00bfNon te\u00f1o respostas definitivas para esas cuesti\u00f3ns.<\/p>\n<p>O \u00fanico que sei \u00e9 que, <strong>despois de reler a Mella e escoitar a Bastos, par\u00e9cenme preguntas tan vixentes como ent\u00f3n.strong><\/p>\n<p>E cando un autor segue obrig\u00e1ndote a facerche preguntas m\u00e1is dun s\u00e9culo despois, probablemente merece ser lido.<\/p>\n<p><strong>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/strong><br \/>\nSobrino neto de Ricardo Mella<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><em>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella \u00e9 un vigu\u00e9s felizmente prexubilado que xa peitea canas e ten demasiadas opini\u00f3ns sobre o que ve da nosa sociedade imperfecta.<\/em><\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Traducci\u00f3n por Elentir. Imaxe: openart.ai.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":343,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[11317,1805,414,27253,27252,11460],"class_list":["post-65534","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-anarquismo","tag-galicia","tag-liberalismo","tag-miguel-anxo-bastos-boubeta","tag-ricardo-mella-cea","tag-vigo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65534","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/343"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=65534"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65534\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=65534"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=65534"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=65534"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}