{"id":65548,"date":"2026-06-18T06:51:01","date_gmt":"2026-06-18T04:51:01","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=65548"},"modified":"2026-06-18T06:52:20","modified_gmt":"2026-06-18T04:52:20","slug":"separatismo-un-movemento-intolerante-do-que-moitos-galegos-xa-estan-fartos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/06\/18\/separatismo-un-movemento-intolerante-do-que-moitos-galegos-xa-estan-fartos\/","title":{"rendered":"Separatismo, un movemento intolerante do que moitos galegos xa est\u00e1n fartos"},"content":{"rendered":"<p>Xunto con outras rexi\u00f3ns espa\u00f1olas, Galicia ten a desgracia de verse afectada pola existencia de movementos secesionistas.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/08\/18\/o-teu-idioma-soa-mal-a-estupidez-nacionalista-que-moitos-asumiron\/\">\u00abO teu idioma soa mal\u00bb: a estupidez nacionalista que moitos asumiron<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2024\/10\/17\/a-liberdade-derrota-a-enxeneria-social-o-espanol-xa-e-a-lingua-mais-falada-en-galicia\/\">A Liberdade derrota \u00e1 enxe\u00f1er\u00eda social: o espa\u00f1ol xa \u00e9 a lingua m\u00e1is falada en Galicia<\/a><\/rel><\/p>\n<p>O mesmo que noutros sitios, <strong>a ideolox\u00eda dese movemento p\u00f3dese resumir no odio a Espa\u00f1a e \u00e1 lingua espa\u00f1ola<\/strong>. Levo d\u00e9cadas lendo e escoitando discursos separatistas e non vin <strong>nin un s\u00f3 argumento minimamente serio e convincente sobre que ga\u00f1ar\u00eda Galicia separ\u00e1ndose do resto de Espa\u00f1a.<\/strong> O que hai neses discursos, pola contra, \u00e9 a err\u00f3nea crenza de que ter unha lingua rexional ou certas peculuaridades culturais \u00e9 motivo suficiente para apoiar <strong>a idea de que Galicia deixe ser parte de Espa\u00f1a, un completo absurdo que recibe o rexeitamento da ampla maior\u00eda dos galegos<\/strong>.<\/p>\n<p>Como ocorre con outros nacionalismos, <strong>o secesionismo galego apoia gran parte das s\u00faas dogmas na falsificaci\u00f3n do pasado<\/strong>, unha falsificaci\u00f3n que ten \u00f3 patrimonio ling\u00fc\u00edstico de Galicia entre as s\u00faas principais v\u00edtimas. Existe abundante documentaci\u00f3n que demostra que <strong>en Galicia v\u00e9\u00f1ense falando d\u00faas linguas, o castel\u00e1n e o galego, desde a Idade Media<\/strong>. Os dous idiomas deixaron de ser meros dialectos do lat\u00edn vulgar para converterse en linguas nesa \u00e9poca, de modo que <strong>o idioma espa\u00f1ol ten tanto arraigamento en Galicia como o galego.<\/strong><\/p>\n<p>O problema que ese feito sup\u00f3n para o nacionalismo galego \u00e9 evidente. <strong>Os secesionistas basean gran parte das s\u00faas dogmas na lingua e a presenza do espa\u00f1ol est\u00f3rballes.<\/strong> M\u00e1is fastidioso a\u00ednda para eles \u00e9 <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2024\/10\/17\/a-liberdade-derrota-a-enxeneria-social-o-espanol-xa-e-a-lingua-mais-falada-en-galicia\/\">o feito de que hoxe o espa\u00f1ol sexa a lingua m\u00e1is falada en Galicia<\/a>, despois de numerosos esforzos para desprazala. <strong>O galego \u00e9 unha lingua preciosa que est\u00e1 a sufrir os efectos da intolerancia nacionalista<\/strong>, que conseguiu xerar rexeitamento cara a aquilo que intenta impo\u00f1er con m\u00e9todos propios de antidem\u00f3cratas.<\/p>\n<p><strong>Os m\u00e9todos habituais do nacionalismo galego incl\u00faen o insulto contra todos aqueles que non encaixamos coas s\u00faas ideas.<\/strong> Isto xa non s\u00f3 incl\u00fae o mero feito de discrepar da s\u00faa ideolox\u00eda en maior ou menor medida: <strong>para ser insultado por un separatista galego b\u00e1stache con falar en espa\u00f1ol<\/strong>, que \u00e9 -repito- a lingua falada pola maior\u00eda dos galegos. Desde hai uns anos, <strong>o separatismo v\u00e9n estigmatizando a calquera galego que fala en espa\u00f1ol dunha forma t\u00edpica dun movemento fascista<\/strong>, cualificando \u00f3s hispanohablantes como <em>malos galegos<\/em>, <em>colonos<\/em>, <em>inmigrantes<\/em> e cousas polo estilo, ou <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/08\/18\/o-teu-idioma-soa-mal-a-estupidez-nacionalista-que-moitos-asumiron\/\">despreciando e ridiculizando o idioma espa\u00f1ol baixo a est\u00fapida idea de que \"soa mal\"<\/a>, <strong>un pat\u00e9tico intento de acomplexar \u00f3s galegos que falan nesa lingua<\/strong>, moi parecido \u00f3 pat\u00e9tico intento doutros, anos atr\u00e1s, por acomplexar \u00f3s galegofalantes. \u00d3 final, <strong>o separatismo galego imita e copia os m\u00e9todos dese fascismo \u00f3 que tanto di odiar.<\/strong><\/p>\n<p>Como \u00e9 habitual en certos movementos pol\u00edticos, <strong>os repetidos fracasos electorais do brazo pol\u00edtico do sepatatismo s\u00f3 serviron para acentuar esas actitudes intolerantes<\/strong>, unha deriva alimentada tam\u00e9n polo feito de que gran parte do separatismo galego milita ademais nun extremismo esquerdista xa de seu propenso \u00f3 fanatismo. <strong>Nestes \u00faltimos anos vimos cousas tan bochornosas como o BNG<\/strong> (Bloque Nacionalista Galego, que ten un escano no Congreso, outro no Senado e 19 no Parlamento de Galicia) <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/07\/25\/el-bng-pide-un-fortisimo-aplauso-para-una-organizacion-terrorista-en-un-acto-en-santiago\/\">aplaudindo publicamente a unha organizaci\u00f3n cualificada como terrorista pola Uni\u00f3n Europea<\/a>, unha escena que se repite ano tras ano. Na pasada d\u00e9cada, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2013\/08\/15\/el-bng-se-niega-a-condenar-a-resistencia-galega-en-58-localidades-y-el-psoe-en-24\/\">o BNG votou en contra de moci\u00f3ns de condena do grupo terrorista Resistencia Galega en m\u00e1is de medio centenar de municipios<\/a>. Uns posicionamentos puramente bochornosos.<\/p>\n<p><strong>A representaci\u00f3n simb\u00f3lica dese extremismo \u00e9 a colocaci\u00f3n da estrela vermella sobre a bandeira galega<\/strong>, unha mestura que \u00f3s separatistas lles encanta, pois lendo as s\u00faas proclamas d\u00e1sche conta de que <strong>queren converter a Galicia en algo parecido \u00e1 Albania comunista de Enver Hoxha<\/strong>, un estado herm\u00e9tico dirixido por unha seita extremista empe\u00f1ada en reprimir \u00f3 pobo para impedir calquera discrepancia. En realidade, <strong>a estrela vermella comparte espazo coa esv\u00e1stica nazi no podio dos s\u00edmbolos totalitarios<\/strong> que serviron para decorar alg\u00fans dos maiores xenocidios da historia. Os que non nac\u00e9sedes en Galicia podedes entender, as\u00ed pois, <strong>o noxo que nos provoca a moitos galegos ver a nosa bandeira rexional manchada con ese pegote totalitario.<\/strong><\/p>\n<p>Tendo en conta todo o anterior, a ningu\u00e9n lle deber\u00eda sorprender o feito de que <strong>cada vez m\u00e1is galegos estamos fartos dese fanatismo nacionalista<\/strong>, que xa non se conforma con intentar facernos a vida imposible \u00f3s que nacemos e vivimos aqu\u00ed, sen\u00f3n que <strong>tam\u00e9n se marcou como obxectivo promover a turismofobia<\/strong>, atacando unha das principais fontes de ingresos de moitas empresas galegas simplemente porque <strong>a chegada de xentes doutras partes de Espa\u00f1a e do mundo choca con ese prop\u00f3sito de converter a Galicia nunha r\u00e9plica da Albania comunista<\/strong>. Por suposto, esa intolerancia separatista cara \u00f3s turistas non \u00e9 representativa do pobo galego nin de lonxe. <strong>Galicia sempre demostrou ser unha terra hospitalaria: o que fai o separatismo \u00e9 algo profundamente antigalego.<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xunto con outras rexi\u00f3ns espa\u00f1olas, Galicia ten a desgracia de verse afectada pola existencia de movementos secesionistas.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[428,11454,1805,1853],"class_list":["post-65548","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-bng","tag-espana","tag-galicia","tag-nacionalismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=65548"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/65548\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=65548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=65548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=65548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}