{"id":66001,"date":"2026-07-03T20:50:53","date_gmt":"2026-07-03T18:50:53","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=66001"},"modified":"2026-07-03T20:50:53","modified_gmt":"2026-07-03T18:50:53","slug":"galicia-en-busca-do-tempo-perdido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/07\/03\/galicia-en-busca-do-tempo-perdido\/","title":{"rendered":"Galicia: en busca do tempo perdido"},"content":{"rendered":"<p><!--more--><\/p>\n<p><big>Por \u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/big><\/p>\n<p><strong>Hai unha frase que moitos galegos escoitar\u00edan algunha vez: \u00abMorreu Pepe Cui\u00f1a e en Galicia deix\u00e1ronse de facer estradas\u00bb.<\/strong> Como ocorre con tantas expresi\u00f3ns populares, probablemente esaxera, pero non nace da nada. Reflicte unha percepci\u00f3n moi estendida: <strong>durante d\u00e9cadas Galicia impulsou unha gran rede de estradas, pero a\u00ednda arrastra importantes proxectos sen terminar.<\/strong><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/06\/26\/os-aeroportos-galegos-entre-os-tres-mataronse\/\">Os aeroportos galegos: entre os tres mat\u00e1ronse<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/06\/29\/o-documento-que-pode-influir-en-como-se-gobernara-espana-e-do-que-case-ninguen-oiu-falar\/\">O documento que pode influ\u00edr en como se gobernar\u00e1 Espa\u00f1a... e do que case ningu\u00e9n o\u00edu falar<\/a><\/rel><\/p>\n<p><strong>Durante unha tempada, a mi\u00f1a muller traballou en Cee.<\/strong> Cada ma\u00f1\u00e1, sa\u00edndo de Vigo \u00e1s seis da madrugada, ti\u00f1a que percorrer os 136 quil\u00f3metros que a separaban do seu lugar de traballo. \u00d3 terminar a xornada, deb\u00eda regresar a casa. Case catro horas diarias \u00f3 volante s\u00f3 para ir e volver.<\/p>\n<p><strong>A mi\u00fado falamos de autov\u00edas, orzamentos ou quil\u00f3metros constru\u00eddos.<\/strong> Pero unha estrada non se mide unicamente polo asfalto que acumula, sen\u00f3n polo tempo que devolve \u00e1s persoas: o que unha traballador gana para a s\u00faa familia, o que permite a unha ambulancia chegar antes, o que axuda a unha empresa para ser m\u00e1is competitiva ou facilita que un estudante chegue \u00f3 seu centro educativo.<\/p>\n<p><strong>Galicia necesita completar a rede iniciada no s\u00e9culo pasado<\/strong> para comunicar mellor as s\u00faas catro provincias.<\/p>\n<p><strong>Ser\u00eda inxusto negar os avances. Hoxe dispo\u00f1emos dunha rede de autov\u00edas impensable hai corenta anos.<\/strong> O Eixo Atl\u00e1ntico conecta con eficacia A Coru\u00f1a, Santiago, Pontevedra e Vigo, e as comunicaci\u00f3ns con Madrid e Portugal melloraron de forma extraordinaria. Con todo, as conexi\u00f3ns interiores seguen lonxe dese nivel. Precisamente por iso resulta m\u00e1is dif\u00edcil comprender que algunhas das estradas m\u00e1is importantes sigan pendentes.<\/p>\n<p><strong>A proba comeza cando abandonamos as grandes autov\u00edas.<\/strong> \u00c9 ent\u00f3n cando aparecen as diferencias. Ourense e Lugo, separadas por apenas 94 quil\u00f3metros, requiren a\u00ednda hora e media de viaxe. O mesmo ocorre para percorrer pouco m\u00e1is de 90 quil\u00f3metros entre Lugo e Viveiro por estrada secundaria, penalizando o desenvolvemento da costa lucense.<\/p>\n<p><strong>Pero unhas boas comunicaci\u00f3ns non dependen s\u00f3 das estradas. Tam\u00e9n necesitan un transporte p\u00fablico capaz de competir co veh\u00edculo privado.<\/strong> Un traxecto de 18 quil\u00f3metros entre Vigo e Praia Am\u00e9rica pode levar case unha hora en autob\u00fas. A semana pasada, a mi\u00f1a irm\u00e1 necesitou cincuenta minutos e dous autobuses para percorrer s\u00f3 7,2 quil\u00f3metros ata o Hospital \u00c1lvaro Cunqueiro. Un desprazamento tan curto deixou de ser unicamente un problema de transporte. Afectou tam\u00e9n o acceso \u00e1 sanidade e \u00e1 s\u00faa calidade de vida.<\/p>\n<p><strong>O transporte p\u00fablico s\u00f3 mellorar\u00e1 cando permita chegar antes, con menos transbordos e horarios adaptados \u00e1 realidade coti\u00e1.<\/strong> As infraestruturas e os servizos de transporte deben dese\u00f1arse pensando nos desprazamentos reais das persoas, non en l\u00edmites administrativos. O bloqueo cr\u00f3nico do transporte metropolitano no sur de Galicia \u00e9 o mellor exemplo de como o localismo pol\u00edtico prexudica \u00f3 usuario.<\/p>\n<p><strong>O Eixo Atl\u00e1ntico \u00e9 un dos maiores acertos das \u00faltimas d\u00e9cadas, pero queda moito por facer.<\/strong> Proxectos como a A-56 ou a A-76 avanzan a ritmo m\u00ednimo, e boa parte das estradas que percorren o rural ofrecen prestaci\u00f3ns impropias do s\u00e9culo XXI.<\/p>\n<p><strong>A responsabilidade est\u00e1 repartida. O Estado xestiona as principais autov\u00edas, a Xunta as auton\u00f3micas e as deputaci\u00f3ns a extensa rede provincial que usan a diario os veci\u00f1os do interior.<\/strong> Os gobernos do pasado impulsaron boa parte do que hoxe utilizamos e tam\u00e9n deixaron obras pendentes. As responsabilidades hist\u00f3ricas non substit\u00faen \u00e1s presentes. Quen hoxe dirixe o Ministerio de Transportes debe explicar por que proxectos como a A-56 ou a A-76 seguen sen avanzar. En novembro de 2025, o propio Executivo reco\u00f1eceu ante o Congreso o escaso avance das obras na N-540, vinte meses despois do seu inicio. En definitiva, conv\u00e9n avaliar a cada administraci\u00f3n polas obras que empeza, termina ou deixa pendentes.<\/p>\n<p><strong>Hoxe resulta m\u00e1is doado obter titulares cun gran festival que terminando unha estrada.<\/strong> Un concerto xera impacto inmediato; unha estrada require anos, pero devolve tempo, seguridade e oportunidades durante d\u00e9cadas.<\/p>\n<p><strong>Gobernar consiste en tomar decisi\u00f3ns cuxos beneficios desfrutar\u00e1n as seguintes xeraci\u00f3ns.<\/strong> Galicia disp\u00f3n da capacidade t\u00e9cnica e a experiencia para culminar as grandes conexi\u00f3ns pendentes. O reto non \u00e9 volver empezar, sen\u00f3n terminar o que quedou a medio cami\u00f1o para que o lugar onde nace ou vive un galego non determine as s\u00faas oportunidades nin o tempo que perde cada d\u00eda.<\/p>\n<p>Porque, \u00f3 final, a mellor estrada non \u00e9 a que suma m\u00e1is quil\u00f3metros, sen\u00f3n a que devolve m\u00e1is tempo \u00e1 vida das persoas.<\/p>\n<p><strong>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella <\/strong><br \/>\nVigo, 2026<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><em>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella \u00e9 un vigu\u00e9s felizmente prexubilado que xa peitea canas e ten demasiadas opini\u00f3ns sobre o que ve da nosa sociedade imperfecta.<\/em><\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Traducci\u00f3n por Elentir \/ Foto: <a href=\"https:\/\/www.flickr.com\/photos\/elentir\/9010100999\/\" target=\"_blank\">Elentir<\/a>.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":343,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[1805],"class_list":["post-66001","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-galicia"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-08-26 03:48:31","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/66001","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/343"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=66001"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/66001\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=66001"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=66001"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=66001"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}