{"id":67047,"date":"2026-09-04T17:05:26","date_gmt":"2026-09-04T15:05:26","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=67047"},"modified":"2026-09-04T17:05:26","modified_gmt":"2026-09-04T15:05:26","slug":"de-cidadan-kane-a-cidadan-soros-a-mutacion-do-control-mediatico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/09\/04\/de-cidadan-kane-a-cidadan-soros-a-mutacion-do-control-mediatico\/","title":{"rendered":"De Cidad\u00e1n Kane a Cidad\u00e1n Soros: a mutaci\u00f3n do control medi\u00e1tico"},"content":{"rendered":"<p><!--more--><big>Por \u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/big><\/p>\n<p>De cando os xornais se compraban no quiosco a cando dependen do orzamento p\u00fablico e venderon a s\u00faa alma e a s\u00faa voz por 30 moedas.<\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/08\/29\/galicia-mal-conectada-gal\/\">Galicia, mal conectada<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/08\/24\/cando-prometer-sae-gratis\/\">Cuando prometer sae gratis<\/a><\/rel>><\/p>\n<p><strong>Este artigo xamais o ver\u00e1s publicado en La Voz de Galicia nin en Faro de Vigo.<\/strong> Cito ambos os xornais porque me acompa\u00f1aron durante toda a vida como vigu\u00e9s, a\u00ednda que o diagn\u00f3stico \u00e9 extrapolable a calquera outra cidade espa\u00f1ola. <strong>Precisamente por iso, este texto ve a luz gracias \u00f3 blog Contando Estrelas<\/strong>, un espazo que desde 2004 demostra que se pode analizar a actualidade e expresar unha opini\u00f3n con total liberdade sen percibir xamais un s\u00f3 euro de subvenci\u00f3n p\u00fablica ou privada.<\/p>\n<p><strong>A raz\u00f3n \u00e9 simple: rompeuse a vella alianza entre quen informa e quen le.<\/strong> Durante boa parte do s\u00e9culo XX, a ma\u00f1\u00e1 arrincaba cun xesto coti\u00e1n: deixar o importe do diario sobre o mostrador do quiosco, coller as p\u00e1xinas dobradas e abrilas pouco despois sobre a mesa do caf\u00e9, mentres de fondo soaba a radio do local ou intu\u00edase o murmurio do televisor do bar. Aquel di\u00f1eiro manti\u00f1a un compromiso sinxelo entre ambas as partes. <strong>Se un medio ocultaba informaci\u00f3n, contemporizaba co poder ou subestimaba a intelixencia do p\u00fablico, a sanci\u00f3n pod\u00eda ser inmediata:<\/strong> cambiar de emisora, apagar a televisi\u00f3n ou deixar de comprar o xornal. O p\u00fablico mandaba porque pagaba.<\/p>\n<p><strong>Hoxe miras \u00f3 redor en calquera cafeter\u00eda e s\u00f3 ves pantallas acesas e auriculares.<\/strong> Coa crise de 2008 e a fuga da publicidade privada cara \u00e1s grandes plataformas dixitais, os xornais achic\u00e1ronse e as contas se descuadraron. <strong>Os pol\u00edticos oportunistas \u00f3 mando do di\u00f1eiro p\u00fablico viron de inmediato a conxuntura: acudiron \u00f3 rescate mediante subvenci\u00f3ns, convenios e publicidade institucional<\/strong>, convertendo a apurada situaci\u00f3n financeira dos medios nunha oportunidade para estender a s\u00faa rede de influencia.<\/p>\n<p><strong>Consumouse as\u00ed unha mutaci\u00f3n nas formas de control da informaci\u00f3n. O s\u00e9culo XX encumbr\u00f3 \u00f3 magnate de prensa cl\u00e1sico<\/strong>, con William Randolph Hearst como referente real e Charles Foster Kane como a s\u00faa versi\u00f3n cinematogr\u00e1fica. A s\u00faa f\u00f3rmula era basta, pero doado de identificar: comprar o xornal para influ\u00edr na portada e ditar a axenda. <strong>O s\u00e9culo XXI perfeccionou outros m\u00e9todos. Xa non sempre fai falta posu\u00edr formalmente as empresas:<\/strong> tam\u00e9n se pode influ\u00edr financiando proxectos, fundaci\u00f3ns, campa\u00f1as, convenios ou iniciativas editoriais. George Soros aparece con frecuencia como exemplo dese modelo, a\u00ednda que financiar unha iniciativa e demostrar que o financiador dita a li\u00f1a editorial non son exactamente a mesma cousa. Salvando todas as distancias de escala e natureza, os #gobernante locais aprenderon unha lecci\u00f3n parecida.<\/p>\n<p><strong>En Galicia, as axudas p\u00fablicas a medios son localizables:<\/strong> publ\u00edcanse no Diario Oficial de Galicia, na Base de datos Nacional de Subvenci\u00f3ns e nos rexistros de convenios e contrataci\u00f3n p\u00fablica. <strong>O problema non \u00e9 a ausencia de datos, sen\u00f3n a s\u00faa dispersi\u00f3n.<\/strong> Para pescudar canto di\u00f1eiro p\u00fablico recibe realmente un grupo de comunicaci\u00f3n hai que cruzar axudas \u00e1 edici\u00f3n impresa, partidas para internet, contratos de publicidade institucional de cada conseller\u00eda e convenios de colaboraci\u00f3n, sabendo ademais que os importes poden aparecer repartidos entre sociedades mercant\u00eds con nomes distintos.<\/p>\n<p><strong>Unha soa convocatoria auton\u00f3mica de 2024 permite apreciar a importancia de non quedarse cunha procura incompleta.<\/strong> La Voz de Galicia, S.A. recibiu 550.545,47 euros pola edici\u00f3n en papel e outros 240.723,07 euros pola s\u00faa actividade informativa na internet, ata alcanzar 791.268,54 euros. Faro de Vigo, S.A.U. obtivo 220.993,25 euros pola edici\u00f3n impresa e outros 112.161,72 euros por internet, cun total de 333.154,97 euros. Entre ambas as empresas sumaron 1.124.423,51 euros nesa convocatoria. A Xunta, ademais, orzou 1.976.777 euros para este programa tanto en 2025 como en 2026, distribu\u00eddos entre prensa impresa, radio e medios dixitais. <strong>Estas cantidades non demostran por si soas que a li\u00f1a editorial de ning\u00fan dos dous medios estea condicionada<\/strong>, pero si mostran que non estamos ante unha axuda simb\u00f3lica ou excepcional.<\/p>\n<p><strong>O grave non \u00e9 s\u00f3 que un pol\u00edtico poida chamar por tel\u00e9fono para intentar ditar un titular. O verdadeiro problema \u00e9 que quiz\u00e1 nin sequera lle faga falta.<\/strong> Cando unha empresa sabe que unha parte significativa da s\u00faa facturaci\u00f3n depende de recursos p\u00fablicos, a presi\u00f3n pode funcionar mediante incentivos: non investigar demasiado, non romper determinadas relaci\u00f3ns, non incomodar \u00e1 administraci\u00f3n financiadora antes da pr\u00f3xima convocatoria. <strong>O xornalista non ten por que converterse automaticamente nun lacayo, porque con frecuencia \u00e9 o traballador quen menos capacidade ten para decidir<\/strong>, pero pode quedar integrado nunha estrutura que protexe \u00f3 financiador. A servidume pode instalarse sen unha orde escrita.<\/p>\n<p><strong>Calquera pretensi\u00f3n de xustificar estas partidas baixo o pretexto de apoiar a prensa local, a cultura ou a difusi\u00f3n do galego merece ser examinada con lupa.<\/strong> A defensa da lingua e do pluralismo pode ser unha finalidade lex\u00edtima, pero perde credibilidade cando se utiliza para xustificar unha dependencia permanente dos fondos p\u00fablicos e conv\u00e9rtese en coartada para soster unha rede de intereses que ningu\u00e9n se atreve a auditar a fondo. <strong>O problema aparece cando o apoio deixa de ser excepcional, v\u00f3lvese recorrente<\/strong> e termina funcionando como unha paga fixa coa que determinados grupos completan o seu orzamento. Nese momento, o medio pode deixar de vixiar \u00f3 poder e comezar a comportarse como o seu altofalante.<\/p>\n<p><strong>O lector e o o\u00ednte de sempre foron substitu\u00eddos, polo menos en parte, pola administraci\u00f3n que paga as facturas.<\/strong> E cando a comunicaci\u00f3n depende m\u00e1is do orzamento oficial que dos seus usuarios, os cidad\u00e1ns quedamos con menos voces dispostas a pedir explicaci\u00f3ns por n\u00f3s.<\/p>\n<p><strong>V\u00e9xoo no meu fillo de 22 anos e en tantos mozos como el, para quen a prensa tradicional, a radio ou os telexornais simplemente non existen.<\/strong> Non compran peri\u00f3dicos, non sintonizan emisoras nin esperan as nove da noite para saber que pasa no mundo. Buscan a informaci\u00f3n de forma directa e inmediata a trav\u00e9s de Youtube, TikTok, X ou Instagram. <strong>Iso non significa que toda a informaci\u00f3n que circula nesas plataformas sexa mellor, m\u00e1is rigorosa ou m\u00e1is independente.<\/strong> Significa que os medios tradicionais deixaron de ser a porta de entrada obrigatoria \u00e1 actualidade.<\/p>\n<p><strong>As instituci\u00f3ns poden seguir comprando portadas e espazos con di\u00f1eiro p\u00fablico, pero non poden comprar automaticamente a atenci\u00f3n de quen xa lles deu as costas.<\/strong> Mentres o poder se felicita por controlar o relato nuns medios cada vez m\u00e1is fr\u00e1xiles, a realidade esc\u00e1paselle polas pantallas dos mozos. E esa quiz\u00e1 sexa a forma m\u00e1is impecable de xustiza po\u00e9tica: cando unha sociedade deixa de crer en quen di contarlle a verdade, nin sequera o di\u00f1eiro p\u00fablico basta para recuperar a s\u00faa confianza.<\/p>\n<p><strong>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/strong><br \/>\nVigo, septiembre de 2026<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p>Fontes das cifras:<\/p>\n<ul>\n<li>Resoluci\u00f3n de concesi\u00f3n correspondente \u00e1s axudas a xornais impresos e a empresas xornal\u00edsticas pola s\u00faa actividade informativa na internet: <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2024\/20241230\/AnuncioC3B0-111224-0001_es.pdf\" target=\"_blank\">DOG n\u00fam. 250, do 30 de decembro de 2024<\/a>.<\/li>\n<li>Convocatoria de 2025: <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2025\/20250402\/AnuncioC3B0-240325-0001_es.pdf\" target=\"_blank\">DOG n\u00fam. 64, do 2 de abril de 2025<\/a>.<\/li>\n<li>Convocatoria de 2026: <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2026\/20260414\/AnuncioC3B0-230326-0004_es.html\" target=\"_blank\">DOG n\u00fam. 68, do 14 de abril de 2026<\/a>.<\/li>\n<\/ul>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Imaxe: fotograma da pel\u00edcula \"Citizen Kane\" (1941). Traducci\u00f3n: Elentir.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":343,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[27778,27781,11454,183,1805,9533,2510,27779],"class_list":["post-67047","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-charles-foster-kane","tag-cidadan-kane","tag-espana","tag-faro-de-vigo","tag-galicia","tag-george-soros","tag-la-voz-de-galicia","tag-william-randolph-hearst"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-09-28 21:23:17","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67047","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/343"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=67047"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67047\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=67047"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=67047"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=67047"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}