{"id":67196,"date":"2026-09-11T23:16:09","date_gmt":"2026-09-11T21:16:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=67196"},"modified":"2026-09-11T23:23:09","modified_gmt":"2026-09-11T21:23:09","slug":"magnum-p-i-e-o-encanto-das-series-de-tv-da-decada-de-1980","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/09\/11\/magnum-p-i-e-o-encanto-das-series-de-tv-da-decada-de-1980\/","title":{"rendered":"'Magnum, P.I.' e o encanto das series de TV da d\u00e9cada de 1980"},"content":{"rendered":"<p>Entre 1980 e 1988, a cadea estadounidense CBS emitiu unha serie de gran \u00e9xito titulada \"Magnum, P.I.\" e protagonizada por Tom Selleck.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/08\/09\/cando-o-cine-era-unha-forma-de-vivir-vigo\/\">Cando o cine era unha forma de vivir Vigo<\/a><\/rel><\/p>\n<p>Aquela serie foi un dos produtos de \u00e9xito de Donald P. Bellisario. <strong>En Espa\u00f1a emitiuse inicialmente en canles rexionais. Eu a vi na Televisi\u00f3n de Galicia (TVG), cun moi boa dobraxe en galego.<\/strong> De feito, anos m\u00e1is tarde emitiuse en espa\u00f1ol nunha canle nacional, Antena 3, e non puiden acostumarme xa que as voces non me resultaban familiares. <strong>A TVG volveu a emitir esta serie durante este ver\u00e1n<\/strong>, con episodios diarios en agosto que agora se limitan \u00e1s fins de semana.<\/p>\n<p><strong>A serie foi unha gran campa\u00f1a de promoci\u00f3n para o Ferrari 308 GTB<\/strong> (o coche deportivo do misterioso Robin Masters conducido polo protagonista) e para <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2025\/06\/28\/los-helicopteros-hughes-369d-cayuse-de-la-serie-magnum-y-sus-imitadores\/\">os helic\u00f3pteros Hughes Cayuse (o ano pasado dediqueille un artigo \u00f3s que apareceron nesta serie)<\/a>, unha magn\u00edfica aeronave da d\u00e9cada de 1960 que a\u00ednda voa en moitos pa\u00edses.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" title=\"Magnum PI Intro galego\" width=\"665\" height=\"499\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/qxPgRr1HbHQ?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p><strong>\"Magnum, P.I.\" foi unha das mi\u00f1as series favoritas da d\u00e9cada de 1980<\/strong> e agora estou a desfrutar vendo os episodios outra vez en galego desde a primeira tempada. \u00c9 como volver \u00e1 infancia. <strong>A vantaxe de vela agora \u00e9 que podo apreciar mellor o enxe\u00f1o dos gui\u00f3ns e das interpretaci\u00f3ns<\/strong>, especialmente as de Tom Selleck, que nesta serie romp\u00eda a norma de nunca mirar \u00e1 c\u00e1mara: dedicaba habituais xestos \u00f3s espectadores, xeralmente \u00f3 cabo dos episodios, o cal era unha boa chiscadela \u00e1 audiencia. <strong>Se tedes a oportunidade de vela de novo, recom\u00e9ndovola.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Vento \"Magnum, P.I.\" empeceime a acordar de moitas outras series de \u00e9xito que v\u00eda na d\u00e9cada de 1980:<\/strong> \"El Equipo A\", \"V\", \"MacGyver\", \"El coche fant\u00e1stico\", \"Luz de Luna\", \"Aquellos maravillosos a\u00f1os\", \"Salvados por la campana\", \"Canci\u00f3n triste de Hill Street\", \"Alf\", \"Los problemas crecen\", \"Juzgado de guardia\", \"El gran h\u00e9roe americano\"...<strong> \u00c9 unha pena que moitas destas series non se volvesen a emitir<\/strong>, pois estaban realmente ben. Se houbese unha canle que se dedicase a emitir este tipo de series (desco\u00f1ezo se existe), apuntar\u00edame sen dubidalo.<\/p>\n<p><strong>Sei que dalgunhas desas series fix\u00e9ronse novas versi\u00f3ns<\/strong>, por exemplo \"Magnum, P.I.\" e \"MacGyver\". Para min isto \u00e9 como fai unha nova versi\u00f3n das pel\u00edculas de Indiana Jones ou da trilox\u00eda orixinal de Star Wars sen os seus protagonistas de ent\u00f3n. Un absurdo. <strong>As series dos 80 ti\u00f1an un encanto e unha familiaridade que me custa atopar nas series actuais.<\/strong> Coas novas plataformas, sei que algunhas desas series est\u00e1n dispo\u00f1ibles, pero hai algunhas moi dif\u00edciles de atopar. Oxal\u00e1 alg\u00fan d\u00eda poida volver desfrutar delas. <strong>\"Magnum, P.I.\" tenme agora tan enganchado como cando era un neno.<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entre 1980 e 1988, a cadea estadounidense CBS emitiu unha serie de gran \u00e9xito titulada \u00abMagnum, P.I.\u00bb e protagonizada por Tom Selleck.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[13663],"tags":[12340,27854,27855,1860,24715],"class_list":["post-67196","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-crtvg","tag-donald-p-bellisario","tag-ferrari-308-gtb","tag-hughes-oh-6-cayuse","tag-tom-selleck"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-10-30 21:14:22","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67196","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=67196"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67196\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=67196"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=67196"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=67196"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}