{"id":67835,"date":"2026-10-16T17:55:16","date_gmt":"2026-10-16T15:55:16","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=67835"},"modified":"2026-10-16T17:55:46","modified_gmt":"2026-10-16T15:55:46","slug":"menos-malo-non-e-bo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/10\/16\/menos-malo-non-e-bo\/","title":{"rendered":"Menos malo non \u00e9 bo"},"content":{"rendered":"<p><!--more--><big>Por \u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/big><\/p>\n<p><strong>Raquel, a mi\u00f1a sogra, ten 82 anos. Cando falamos de listas de espera, penso nela.<\/strong> Non nunha media estat\u00edstica, sen\u00f3n no que significa agardar atenci\u00f3n a esa idade. A espera pode comezar no centro de sa\u00fade e continuar despois no hospital: unha consulta, unha proba e, se fai falta, unha intervenci\u00f3n.<\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/10\/03\/os-portos-galegos-o-que-puido-ser-e-non-foi\/\">Os portos galegos: o que puido ser e non foi<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/08\/29\/galicia-mal-conectada-gal\/\">Galicia, mal conectada<\/a><\/rel><\/p>\n<p><strong>Detr\u00e1s de cada cita pendente hai unha persoa que necesita saber que lle ocorre e que p\u00f3dese facer.<\/strong> A sanidade \u00e9 o servizo p\u00fablico \u00f3 que acudimos cando o corpo deixa de responder como esperamos. Nese momento, unha explicaci\u00f3n administrativa non substit\u00fae unha resposta a tempo. Quen est\u00e1 preocupado pola s\u00faa sa\u00fade necesita informaci\u00f3n e unha data, non un horizonte que se afaste cada vez que intenta alcanzalo.<\/p>\n<p><strong>Os datos difundidos por Sanidade mostran que, \u00f3 peche do primeiro semestre de 2026, a demora media cir\u00farxica na lista de espera estrutural de Galicia situouse en 89,5 d\u00edas<\/strong>, fronte \u00f3s 69,3 de xu\u00f1o de 2025. Os pacientes rexistrados nesa lista pasaron de 49.223 a 57.680, un aumento do 17,2 por cento. <strong>\u00c9 un empeoramento que obriga a responder.<\/strong> A Xunta atrib\u00faeo \u00e1s folgas m\u00e9dicas contra a reforma do Estatuto Marco. O seu impacto debe terse en conta. Pero a demora cir\u00farxica xa aumentara \u00f3 peche de 2025 e segu\u00eda por encima da rexistrada antes da pandemia. Tam\u00e9n houbo folgas aquel ano. A cuesti\u00f3n \u00e9 determinar que parte da deterioraci\u00f3n responde o conflito e que outros factores impiden recuperar mellores tempos.<\/p>\n<p><strong>Gobernar consiste tam\u00e9n en anticipar dificultades, limitar os seus efectos e recuperar o terreo perdido.<\/strong> Sanidade anunciou reorganizaci\u00f3n de axendas, reprogramaci\u00f3n de citas e reforzos para atender a actividade aprazada. O plan de reforma da Atenci\u00f3n Primaria ata 2030 debe someterse \u00f3 mesmo criterio: comprobar que asistencia consegue prestar. Unha praza anunciada non equivale a\u00ednda a un profesional dispo\u00f1ible na consulta.<\/p>\n<p><strong>O Goberno galego poder\u00e1 responder que, na sanidade p\u00fablica, en Galicia esp\u00e9rase menos que noutras rexi\u00f3ns espa\u00f1olas. A\u00ednda que sexa as\u00ed en determinados indicadores, menos malo non \u00e9 bo.<\/strong> Compararse serve para co\u00f1ecer a situaci\u00f3n, pero non para converter unha demora en aceptable. A referencia debe ser a necesidade do enfermo e o tempo clinicamente razoable para atendela. <strong>Unha media tampouco conta toda a historia. Non di canto leva esperando cada paciente nin que significa esa demora no seu caso.<\/strong> Por iso debemos co\u00f1ecer as diferenzas entre \u00e1reas e especialidades, o n\u00famero de persoas pendentes e cantas carecen a\u00ednda dunha data asignada. Publicar un dato xeral \u00e9 un comezo; mostrar o que hai detr\u00e1s permite xulgar se as medidas funcionan.<\/p>\n<p><strong>A sanidade p\u00fablica \u00e9 gratu\u00edta no momento de usala, pero sost\u00e9mola entre todos cos nosos impostos.<\/strong> Ese esforzo d\u00e1nos dereito a reclamar que os recursos se administren ben. O acceso sen pago directo non rebaixa a esixencia sobre os tempos, a organizaci\u00f3n ou a calidade do servizo. Defender o p\u00fablico tam\u00e9n significa cuestionar unha xesti\u00f3n que non alcanza os resultados necesarios.<\/p>\n<p><strong>E aqu\u00ed importa lembrar quen tivo tempo para actuar.<\/strong> Desde que Gerardo Fern\u00e1ndez Albor chegou \u00e1 presidencia da Xunta en xaneiro de 1982, AP e PP ocuparon esa presidencia durante aproximadamente o 86 por cento do tempo. Esa permanencia non explica por si soa cada problema, pero impide presentarse como un recentemente chegado ante as carencias do sistema. O Ministerio ten as s\u00faas responsabilidades; as folgas afectan \u00e1 actividade, e a demograf\u00eda e a dispo\u00f1ibilidade de profesionais condicionan a asistencia. Todo iso debe formar parte da an\u00e1lise. <strong>Ningunha dificultade, con todo, pode converterse nunha escusa permanente.<\/strong> A cada administraci\u00f3n corresp\u00f3ndelle actuar desde as s\u00faas competencias e dar conta do que consegue.<\/p>\n<p>Por iso as preguntas \u00f3 conselleiro de Sanidade son sinxelas. <strong>\u00bfQue reduci\u00f3n das demoras comprom\u00e9tese a conseguir e en que prazo? \u00bfComo saberemos se os reforzos anunciados est\u00e1n realmente dispo\u00f1ibles?<\/strong> \u00bfComo se informa a quen segue sen data? As respostas deben permitir comprobar os avances sen ter que descifrar un informe nin confiar unicamente nunha declaraci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Tam\u00e9n hai que coidar a quen presta a asistencia.<\/strong> M\u00e9dicos, enfermeiras, t\u00e9cnicos e persoal administrativo necesitan unha organizaci\u00f3n que lles permita traballar ben. A cr\u00edtica \u00f3 Sergas non debe confundirse cun reproche indiscriminado \u00f3s seus profesionais: pedir que o sistema mellore \u00e9 reclamar que o seu traballo te\u00f1a respaldo e que os recursos cheguen onde fan falta.<\/p>\n<p><strong>Raquel non pide pasar diante de ningu\u00e9n. Pide que a espera te\u00f1a un l\u00edmite adecuado \u00e1 s\u00faa necesidade<\/strong>, que algu\u00e9n responda e que a cita chegue antes de que a s\u00faa preocupaci\u00f3n se converta nun problema maior. \u00c9 o m\u00ednimo que cabe reclamar a unha Administraci\u00f3n que xestiona a nosa sa\u00fade e o noso di\u00f1eiro. O fracaso alleo nunca deber\u00eda ser a medida do noso \u00e9xito. Galicia merece unha sanidade que reco\u00f1eza as s\u00faas dificultades sen resignarse a elas e demostre as s\u00faas melloras na vida dos pacientes. <strong>A boa xesti\u00f3n non se proclama: dem\u00f3strase.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00c1lvaro J. D\u00edaz-Mella<\/strong><br \/>\nVigo, outubro de 2026<\/p>\n<p><big>Fontes:<\/big><\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"https:\/\/www.europapress.es\/galicia\/noticia-espera-media-operarse-galicia-dispara-20-dias-mas-ano-casi-nivel-pandemia-20260930160037.html\" target=\"_blank\">Europa Press \u2014 Listas de espera de xu\u00f1o de 2026 e explicaci\u00f3n de Sanidade<\/a>.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.eldiario.es\/galicia\/listas-espera-sanidad-gallega-empeoran-indicadores-demora-cirugias-consultas-pruebas_1_13062305.html\" target=\"_blank\">elDiario.es \u2014 Balance das listas de espera ao peche de 2025<\/a>.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/es\/notas-de-prensa\/-\/nova\/029146\/rueda-destaca-aprobacion-del-plan-reforma-atencion-primaria-2026-2030-que-creara\" target=\"_blank\">Xunta de Galicia \u2014 Plan de reforma da Atenci\u00f3n Primaria 2026-2030<\/a>.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.abc.es\/espana\/galicia\/sergas-reprogramara-citas-reforzara-servicios-recuperar-actividad-20261007192314-nt.html\" target=\"_blank\">ABC \u2014 Reprogramaci\u00f3n de citas e reforzo de servizos anunciados polo Sergas<\/a>.<\/li>\n<\/ul>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Foto: <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/es\/hemeroteca\/-\/nova\/116542\/sergas-reprograma-cirugias-urgentes-con-objeto-garantizar-numero-camas-necesarias\" target=\"_blank\">Xunta de Galicia<\/a>. Traducci\u00f3n: Elentir.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":343,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[15961,13663],"tags":[1805,641,19960],"class_list":["post-67835","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-1-plana-galego","category-galego","tag-galicia","tag-partido-popular","tag-servizo-galego-de-saude-sergas"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-10-23 21:19:45","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67835","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/343"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=67835"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67835\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=67835"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=67835"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=67835"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}