{"id":67912,"date":"2026-10-21T06:51:19","date_gmt":"2026-10-21T04:51:19","guid":{"rendered":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/?p=67912"},"modified":"2026-10-22T03:48:26","modified_gmt":"2026-10-22T01:48:26","slug":"a-extrema-esquerda-e-o-fascismo-duas-caras-do-mesmo-espello-antidemocratico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/10\/21\/a-extrema-esquerda-e-o-fascismo-duas-caras-do-mesmo-espello-antidemocratico\/","title":{"rendered":"A extrema esquerda e o fascismo: d\u00faas caras do mesmo espello antidemocr\u00e1tico"},"content":{"rendered":"<p>Durante o s\u00e9culo XX, Occidente foi azoutado por d\u00faas pandemias antidemocr\u00e1ticas que provocaron mill\u00f3ns de mortos.<!--more--><\/p>\n<p><rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/10\/09\/xose-manuel-beiras-o-intento-de-beatificar-a-unha-esquerda-violenta-e-antidemocratica\/\">Xos\u00e9 Manuel Beiras: o intento de beatificar a unha esquerda violenta e antidemocr\u00e1tica<\/a><\/rel><br \/>\n<rel><a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/09\/22\/o-bng-socio-de-bildu-e-aliado-de-sanchez-apoia-o-acoso-duns-matons-contra-vox\/\">O BNG, socio de Bildu e aliado de S\u00e1nchez, apoia o acoso duns mat\u00f3ns contra Vox<\/a><\/rel><\/p>\n<p><strong>A primeira desas pandemias antidemocr\u00e1ticas foi o comunismo<\/strong>, que se fixo co poder en Rusia mediante <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2022\/11\/07\/el-octubre-rojo-de-1917-un-golpe-de-estado-contra-una-democracia-no-contra-el-zarismo\/\">un golpe de estado<\/a> que destru\u00edu a democracia recentemente nada nese pa\u00eds tras a ca\u00edda do zarismo. Entre 1917 e 1924, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2016\/11\/08\/lenin-numeros-datos-e-imagenes-de-los-crimenes-del-primer-dictador-comunista\/\">a primeira ditadura comunista, encabezada por Lenin, asasinou a m\u00e1is dun mill\u00f3n de persoas<\/a> e cometeu unhas atrocidades tan bestiais que costa inaginar que houbese seres humanos capaces de semellantes actos de crueldade.<\/p>\n<p>Durante o per\u00edodo de entreguerras, <strong>Europa contemplou o nacemento da segunda desas pandemias: o fascismo<\/strong>, cuxa variante nazi perpetrou un colosal xenocidio, co pobo xudeu como principal v\u00edtima, al\u00e9n de sumir \u00f3 noso continente na peor guerra de toda a s\u00faa historia. <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2020\/09\/01\/les-unio-el-odio-a-la-democracia-un-revelador-telegrama-sobre-el-pacto-nazisovietico-de-1939\/\">Unha guerra iniciada, significativamente, por unha alianza entre a Alema\u00f1a nazi e a Rusia comunista<\/a>, encabezada ent\u00f3n polo sucesor de Lenin, Stalin, un tirano genocida tan perverso e criminal como Adolf Hitler. <strong>O fascismo foi derrotado na Segunda Guerra Mundial<\/strong> (hoxe o que queda del, afortunadamente, son grupos marxinais), <strong>pero o comunismo sobreviviu:<\/strong> a\u00ednda hoxe a quinta parte da poboaci\u00f3n humana vive sometida a ditaduras comunistas.<\/p>\n<p><strong>Tanto o comunismo como o fascismo son fillos do socialismo.<\/strong> Mussolini foi dirixente do Partido Socialista Italiano antes de fundar o fascismo en Italia, e <strong>Hitler denomin\u00f3 significativamente \"nacional-socialismo\" \u00e1 s\u00faa odiosa ideolox\u00eda<\/strong>, porque era unha forma de socialismo nacionalista. A\u00ednda que os partidarios de ambas as ideolox\u00edas estean moi postos a mal (como o est\u00e1n hoxe China e Vietnam, a pesar de ser d\u00faas ditaduras comunistas), <strong>os dous movementos totalitarios te\u00f1en importanes denominadores com\u00fans: o antiliberalismo<\/strong> (entendido como un af\u00e1n de acabar coa democracia liberal e coas liberdades individuais), <strong>o af\u00e1n por someter toda a sociedade \u00f3 control do Estado<\/strong> (controlado \u00e1 s\u00faa vez por elites pol\u00edticas abertamente criminais), <strong>a procura de chibas expiatorias<\/strong> (\u00f3s que culpar de todos os males para despois perseguilos e asasinalos) <strong>e o antisemitismo<\/strong>, <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2021\/05\/04\/sobre-la-cuestion-judia-el-ensayo-antisemita-de-karl-marx-que-podria-firmar-cualquier-nazi\/\">un odio \u00f3s xudeus que Karl Marx deixou plasmado nun vomitivo panfleto<\/a> de 1844.<\/p>\n<p>Actualmente, <strong>o comunismo sobrevive en Occidente sostido por grupos de extrema esquerda que apoian abertamente a violencia<\/strong>, especialmente para atacar a todos os que non opinan como eles. <strong>Os exemplos son numerosos e s\u00f3 se salvan alg\u00fans pa\u00edses europeos<\/strong>, case todos antigas ditaduras comunistas nas que quedaron vacinados contra esa praga despois de sufrila durante case medio s\u00e9culo. Noutros, <strong>a extrema esquerda converteuse nunha forma de matonismo pol\u00edtico que se cree con dereito a impedir falar a todos aqueles que discrepan das s\u00faas ideas<\/strong>, unha intolerancia e unha adicci\u00f3n \u00e1 violencia que sempre foi unha caracter\u00edstica com\u00fan de comunistas e fascistas.<\/p>\n<p><strong>Esa extrema esquerda converteuse nunha aut\u00e9ntica ameaza para a democracia<\/strong>, como quedou claro cos <a href=\"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/2026\/10\/18\/la-violenta-alianza-del-islamismo-el-palestinismo-y-la-extrema-izquierda\/\">graves disturbios ocorridos en Francia e Italia a semana pasada<\/a>, uns brotes de violencia extrema nos que se viu un fen\u00f3meno que non \u00e9 novo: a alianza da ultraizquierda co islamismo, que \u00e9 o outro gran movemento totalitario que est\u00e1 a ameazar \u00e1s sociedades democr\u00e1ticas. <strong>Ambos comparten o odio \u00e1 democracia e a Occidente, a cristianofobia e o antisemitismo, e sobre todo o seu af\u00e1n por sementar o caos e a violencia<\/strong> como m\u00e9todo para impo\u00f1er as s\u00faas esixencias a toda a sociedade, pasando por encima das canles democr\u00e1ticas e da vontade dos cidad\u00e1ns expresada nas urnas.<\/p>\n<p><strong>A democracia non pode permanecer indiferente nin pasiva ante esa ameaza: ten que defenderse<\/strong>, porque pola contra corre o risco de verse pisada polos totalitarios como xa ocorreu en Europa o s\u00e9culo pasado. Para defenderse, <strong>todos os dem\u00f3cratas deben asumir que agredir a outros invocando o \"antifascismo\" como escusa te converte na mesma praga que o fascismo<\/strong>, pois a final de contas a extrema esquerda e o fascismo son d\u00faas caras do mesmo espello antidemocr\u00e1tico. <strong>Os que pretenden utilizar \u00e1 extrema esquerda para silenciar \u00f3s seus rivais non son dem\u00f3cratas: son a versi\u00f3n vermella do fascismo<\/strong>, uns extremistas que detestan a democracia e que pretenden someternos a unha ditadura na que todos esteamos obrigados a pensar como eles.<\/p>\n<p>---<\/p>\n<p><small>Imaxe: Grok.<\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante o s\u00e9culo XX, Occidente foi azoutado por d\u00faas pandemias antidemocr\u00e1ticas que provocaron mill\u00f3ns de mortos.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":"","_links_to":"","_links_to_target":""},"categories":[15961,13663],"tags":[12084,1637,415,28130,27121],"class_list":["post-67912","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-1-plana-galego","category-galego","tag-antifascismo","tag-comunismo","tag-fascismo","tag-ultradereita","tag-ultraesquerda"],"publishpress_future_action":{"enabled":false,"date":"2026-10-29 08:06:06","action":"change-status","newStatus":"draft","terms":[],"taxonomy":"category","extraData":[]},"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67912","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=67912"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/67912\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=67912"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=67912"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.outono.net\/elentir\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=67912"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}