Para alguén que coñecín fai 25 anos


Sei que hoxe é un día triste, ainda que ti o afrontes cun sorriso nos beizos, coma sempre. Perder a alguén a quen queres sempre é duro. Lémbrome cando morreu a nai doutro vello amigo noso, e fomos a acompañalo ó tanatorio. Estivemos toda a tarde lembrando os tempos pasados na escola, cando éramos uns cativos. Rimos, rimos tanto que non parecía un día triste. Os anos pasaron, cada un de nós pensa de forma distinta, cada vez vémonos menos, pero alédame comprobar que eres o mesmo, que no fondo, cando lembramos os días que pasamos hai tanto tempo, estamos a falar das mesmas persoas que somos agora, de bos e vellos amigos. Non sei se lerás estas liñas, pero se o fas, algunha das veces que a curiosidade te leva a votar unha ollada ós foros de HO, tes que saber que esta fotografía é para ti, para que manteñas ese sonriso afable que te lembro de sempre, porque xa sabes, como cantaba aquel hobbit: "o camiño segue e segue, máis lonxe da porta, onde comeza". Un forte abrazo.

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Recibe gratis el boletín diario en tu correo electrónico:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, pulsa aquí para registrarte.