Recollo a imaxe que publica Anghara no seu blog e que ven de publicar La Nación. Na foto vemos a Anxo Quintana, mandamáis do BNG, paseando en iate co empresario Jacinto Rey, "beneficiado polas concesións do Goberno galego" e "receptor das palas eólicas da Xunta de Galicia otorgadas polo BNG", como sinala ese medio. Rey é dono do Xornal de Galicia, creado fai pouco coa axuda da Xunta. Polo visto, non só o PSOE se instalou na vella cultura do caciquismo: o Bloque semella terse acomodado nela moi a gusto, ata o extremo de reafirmar o vídeo que publiquei aquí fai un mes.
|
No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Comentarios:
Aa
El barquito no se llamara azor, por casualidad ? Pena de llamados servidores publicos que now adornan
0:49 | 25/02/09
Fin de los Tiempos
Los que critican a los señoritos de la derecha como dicen ellos, y pasean como si nada en yates y gastan miles de euros en sillas. Bendito país.
2:11 | 25/02/09
No a todo
Cando se trata de coidar ós amigos, todos somos Anxo Quintana.
(Enlázote).
Saúdos.
2:18 | 25/02/09
Dredd
Evidentemente cuando el señor Quintana dice que quieren acabar con los caciques de la «rancia derecha» no es más que un sácate tú pa ponerme yo…
7:59 | 25/02/09
Interruptor
Pero en esa foto no se ve lo mejor, y es que ese yate lleva una bandera de España del tamaño de un camión.:mrgreen:
11:36 | 26/02/09
xosé
Alguén vai dicir que a foto é de 2005? Que saíu na sección de banalidades de xornais galegos do momento?
Ou é mellor deixar a difamación ahí sen comprobar?
Vendo os métodos de medios afíns como Intereconomía xa sei a resposta.
20:27 | 26/02/09
xosé
Alguén vai dicir que a foto é de 2005? Que saíu na sección de banalidades de xornais galegos do momento?
Ou é mellor deixar a difamación ahí sen comprobar?
Vendo os métodos de medios afíns como Intereconomía xa sei a resposta.
20:27 | 26/02/09
Elentir
¿Unha foto é difamación?
¿É difamación acaso decir que Quintana ía en iate co mesmo empresario que está sendo beneficiado agora polo BNG dende a Xunta?
¿Qué pasa, que o caciquismo só é malo se o practica o PP?
21:22 | 26/02/09
xosé
Verán do ano 2005. O vicepresidente do goberno galego se reúne cun dos empresarios máis importantes do país.
Ninguén di nada e a ninguén lle sorprende. Reunións tanto públicas como privadas entre responsables políticos e empresarios chave no tecido empresarial levan acontecendo dende sempre.
Ano 2009, alguén saca esa vella foto da recámara a dous días duns comicios e a rodea de titulares que inducen á sospeita ó lector desinformado.
Curiosamente todo iniciado por un medio -La Voz- con amizades que se viron perxudicadas nun reparto de concesións enerxéticas. E un medio que tras ese reparto de concesións, mudou radicalmente a súa posición sobre o BNG.
Moi ético sacar coma bala da recámara unha foto de hai catro anos para facer acusacións. Moi ética La Voz de Su Amo, que non de Galiza.
21:39 | 26/02/09
Elentir
¿Todas as reunións de Quintana fanse a bordo dun iate?
¿Todos os empresarios cos que se reune Quinatan reciben tantos apoios da Xunta como o señor que sae nesa foto?
¿Todos esese empresarios dos que falas recibiron do BNG suculentos contratos de parques eólicos, e axuda institucional para crearen un xornal afín ó BNG?
O que vos pasa ós nacionalistas es que moito falabades de Fraga e o BNG ven de demostrar que fai o mesmo que Fraga ou ainda peor. A diferencia é que agora vós, os nacionalistas, defendedes con uñas e dentes as prácticas de caciques da Quintana e os seus colegas. Non tedes vergoña, tanta hipocresía apesta.
21:45 | 26/02/09
xosé
Quintana reuniuse con decenas de empresarios, beneficiados e perxudicados pola concesión de parques eólicos.
Sobre o de crearen un xornal afín ó BNG… que probas tes da axuda institucional?
O xornal levaba case unha década na rede e co apoio empresarial nace en papel. Pero… axuda institucional? Sábelo? Tes probas?
21:53 | 26/02/09
Elentir
Veña, home, ¿estás de coña? Abre as páxinas do Xornal de Galicia e conta os anuncios de Xunta. Hoxe en día non sae un periódico cun público tan limitado como o dese medio sen ter apoio institucional.
E mira por donde, o dono dese xornal sacouno gracias ás concesións eólicas que lle deu o Bloque. Vamos, máis claro, auga.
22:06 | 26/02/09
xosé
Ata onde eu sei un empresario cos seus cartos pode facer o que queira, non entro en se eses cartos veñen do beneficio por unhas concesións públicas ou pola veda de grelos.
E anuncios institucionais da Xunta hainos e os houbo toda a vida ata nos paquetes de cleenex… iso non proba nada. Ou proba que a Xunta dende sempre gasta de máis en publicidade insitucional, pero ese é outro debate no cal moi probablemente estaremos dacordo.
22:53 | 26/02/09
Elentir
Un empresario pode facer o que queira cos seus cartos. Pero un gobernante non pode facer o que lle saia dos collóns co diñeiro dos contribuintes. E iso é o que están a facer o BNG e o PSOE: darlle o noso diñeiro ós seus coleguiñas, mentres en Galicia hai miles de parados e de persoas dependentes sen axudas públicas.
23:53 | 26/02/09
Opina sobre esta entrada: