Política de privacidade revisada o 25 de maio de 2018 conforme ó novo Reglamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) de España.
Contando Estrelas -en adiante Outono.net- é un blog persoal sen ánimo de lucro e sen carácter profesional nin comercial. Os contidos que ofrece son gratuitos. Este blog non recibe ingresos publicitarios nin de ningún outro tipo. O seu domicilio legal é o Apartado de Correos 435, 36200 Vigo (Pontevedra, España).
PRIMEIRA.- Os servizos que compoñen esta web para os usuarios son de carácter gratuito e non requiren dun rexistro previo.
SEGUNDA.- Polo mero uso do blog de Outono.net, o usuario manifesta a súa aceptación sen reservas das presentes condicións xerais.
TERCEIRA.- O usuario obrígase a non empregar os servizos que ofrece este blog para a realización de actividades ilegais ou que atenten contra a orde pública e, en xeral, comprométese a facer un uso conforme ás presentes condiciónes xerais.
CUARTA.- Outono.net non se fai responsable dos contidos xerados polos usuarios na sección de comentarios.
QUINTA.- O usuario obrígase a respetar as restriccións de uso do servizo impostas por Outono.net e a política de moderación do blog.
SEXTA.- Outono.net non será responsable dos fallos que puideran producirse nas comunicacións, incluido o borrado, transmisión incompleta ou retrasos na remisión, non comprometéndose tampouco a que a rede de transmisión esté operativa en todo momento. Tampouco responderá Outono.net en caso de que un terceiro, quebrantando as medidas de seguridade establecidas por Outono.net, acceda ós contidos remitidos polo usuario ou os empregue para a remisión de virus informáticos.
Outono.net adoptou todas as medidas de seguridade legalmente esixidas para a protección dos datos personais suministrados polo usuario. Non obstante, Outono.net non pode garantir a invulnerabilidade absoluta dos seus sistemas de seguridade, nin pode garantir a seguridade ou inviolabilidade de ditos datos na súa transmisión a través da rede.
As ligazóns que a web pon a disposición dos usuarios teñen por único obxecto facilitar ós mesmos a búsqueda da información dispoñible en Internet. Outono.net non ofrece nin comercializa os productos e servizos dispoñibles nos sitios enlazados nin asume responsabilidade algunha por eses productos ou servizos.
Outono.net non controla a utilización que os usuarios fan da web, nin garante que o fagan de xeito conforme ás presentes condicións.
SÉPTIMA.- Outono.net poderá interromper o servizo ou resolver de modo inmediato a relación co usuario se detecta un uso do seu portal ou de calquera dos servizos ofertados no mesmo contrario ás presentes condicións xerais.
OITAVA.- Outono.net resérvase o dereito de deixar de prestar calquera dos servizos que integran a súa web. Resérvase, así mesmo, o dereito de modificar unilateralmente, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación e condicións do portal, así como os servizos e as condicións requeridas para a súa utilización.
NOVENA.- Outono.net poderá, en calquera momento, modificar as presentes condicións ou introducir novas condicións de uso, incluido o cese da gratuidade. Ditas modificacións só serán de aplicación a partires da súa entrada en vigor.
DÉCIMA.- O usuario acepta que os datos personais por él facilitados (nome, dirección de email e IP) ou que facilite no futuro a Outono.net, podan ser obxecto de tratamento nun ficheiro de datos de carácter persoal. Os datos así rexistrados poderán ser empregados exclusivamente para a administración do servizo de comentarios e/ou suscripción por correo e a xestión de incidencias co usuario. O prazo de expiración dos datos é indefinido.
Dos ficheiros así creados será responsable Outono.net. O titular dos datos terá en todo momento o dereito de acceder ós ficheiros automatizados, puidendo exercitar os dereitos de rectificación, cancelación e oposición nos términos recollidos na legislación de protección de datos. A tal fin, deberá dirixirse un correo electrónico firmado polo titular dos datos a Outono.net a través deste buzón electrónico (preme aquí), indicando a dirección de correo electrónico do titular a fin de remitirlle a resposta de Outono.net á súa solicitude.
O consentimento do usuario para o tratamento e cesión dos seus datos personais será revocable en todo momento, bastando para elo unha comunicación escrita ó responsable do fichero, Outono.net, no buzón xa indicado (preme aquí).
UNDÉCIMA.- As partes, con expresa renuncia ó seu propio fuero, aceptan como lexislación rectora das presentes condicións xerais, a española e sométense para a resolución de cantos litixios puideran derivarse do mismo ós Xulgados e Tribunais de Pontevedra.