Contando Estrelas é un blog personal creado en 2004 e publicado dende España. Este blog non recibe subvencións públicas e non depende de ningunha institución pública nin privada. A súa línea editorial é católica, democrática e liberal-conservadora, e por tanto firmemente contraria a toda forma de totalitarismo, tanto o comunismo como o nacional-socialismo. Podes ler aquí o ideario de Contando Estrelas.
O lema do blog é unha cita atribuida ó político conservador irlandés Edmund Burke (1729-1797): "O único que se necesita para que triunfe o mal é que os homes de ben non fagan nada". O emblema do blog é unha constelación, a Osa Menor. A súa Estrella Polar é a que marca o Norte.
O blog só ten un autor: Elentir ("observador de estrelas" en idioma Quenya). Nacido en Vigo (Galicia, España), son católico e admirador de San Xoan Pablo II e tamén do seu país, Polonia. Non estou afiliado a ningún partido político. Traballo como deseñador web e deseñador gráfico, e son aficionado á fotografía, o cine, a música, a historia, a heráldica, a vexiloloxía, os temas militares e aeronáuticos, os faros marítimos e os lugares abandoados. O meu escritor favorito es J.R.R. Tolkien.
Este blog finánciase exclusivamente co meu diñeiro, e polo tanto non admito órdenes de ningunha persona nin organización sobre o que se publica nesta web. A liberdade, a independencia, o rigor e o servicio á verdade son os sinais de identidade deste blog dende os seus inicios. Isto implica ofrecer ós lectores o acceso directo ás fontes da información sempre que sexa posible.
Podes participar no blog e aportar a túa opinión a través dos comentarios que atoparás ó final de cada entrada. Podes ler aquí as normas de participación. Queda prohibida a reproducción dos contidos deste blog sen o consentimento do autor. Nego a calquera persoa ou entidade de xestión de dereitos de autor a autoridad de cobrar a terceiros por reproducir os contidos deste blog. Para calquera permiso sobre os contidos deste blog, envíame un email dende a páxina de Contacto.
Feb 19 | Madrid 🇪🇸 12:00h: Izado solemne de la Bandera de España en la Plaza de Colón a cargo de la Armada |
Feb 20 | Madrid 🇪🇸 19:15h: Concierto de la Unidad de Música de la Dirección de Acuartelamiento (DIACU) |
Feb 28 | Madrid 🇪🇸 Del 9 de diciembre al 28 de febrero: Exposición 'Soldados en la historia de España' |