Ideario de Contando Estrelas

O seguinte ideario foi publicado orixinalmente o 1 de decembro de 2017:

  • O ben e o mal existen. Non todo é relativo nin pode estar sometido á opinión da maioría. É imprescindible crear diques para frear os abusos dos poderosos contra os indefensos. O relativismo moral é unha ameaza para a sociedade, pois permite ós poderosos avanzar na destrucción das barreiras que lles impiden minar as nosas liberdades.
  • O Cristianismo é un dos pilares da civilización occidental. Sen el non tería arraigado a democracia en Occidente. Borrar as nosas raíces cristianas, en aras dunha mal entendida tolerancia, fainos perder as nosas defensas morais como sociedade, por exemplo, frente a ameazas como o fundamentalismo islámico.
  • Tódolos seres humanos somos iguais en dignidade, sen importar a raza, nacionalidade, idade, sexo, estado de saúde, discapacidade ou calquera outra condición. Teño esta convicción como cristián, pois todos somos fillos de Deus e polo tanto irmáns.
  • Matar a inocentes é un crime, sexa cal sexa a súa condición. Tamén o é a eliminación violenta dos membros máis inocentes e indefensos da nosa sociedade: os fillos por nacer. A aceptación social do aborto é a proba de que as nosas democracias están fallando á hora de protexer ós máis débiles, precisamente por ter erosionado as bases morais que levaron á nosa sociedade a crear diques xurídicos para protexer eses dereitos.
  • A familia é a célula básica da sociedade. O Estado debe recoñecela, amparala e favorecela, pois é unha institución imprescindible para a nosa supervivencia como sociedade.
  • Os pais teñen o dereito a decidir o tipo de educación que desexan para os seus fillos, tanto na súa formación moral, como na lingua de escolarización e o modelo docente que prefiren.
  • Os nosos maiores merecen coidado e respecto. Se hai alguén que se gañou o dereito a ser escoitado na nosa sociedade é aquel que lle dedicou toda unha vida de traballo.
  • Homes e mulleres somos iguais en dereitos, pero non somos biolóxicamente iguais. Non se debe confundir a igualdade de oportunidades coa igualdade de resultados nin coa negación das nosas diferenzas, que non nos fan mellores nin peores, senon complementarios.
  • A democracia non é unha forma de organización política perfecta, pero é a que mellor garantiza a convivencia pacífica e o dereito dos gobernados a participar nos asuntos públicos. Pero sen unhas bases morais sólidas, a democracia corre perigo e acaba abrindo as súas portas ó totalitarismo.
  • O comunismo e o nacional-socialismo son dúas ideoloxías totalitarias que representan o mal na súa máxima expresión. Causaron a morte a millóns de persoas e someteron a nacións enteiras ó terror e á opresión. A democracia non pode ser neutral ante esas ideoloxías: ten o deber de combatilas.
  • España é o resultado de séculos de convivencia en común. Temos o deber moral de preservar esa herdanza pola que tantos sacrificios asumiron os nosos antergos. Temos o deber de engrandecela e de transmitir ás generaciones vindeiras ese valioso legado.
  • O separatismo é unha ideoloxía liberticida e excluinte que busca sementar a división e o odio entre os españois, empregando o engano, a demagoxia e o victimismo. Debemos combatilo sen complexos e preservando dos seus intentos de manipulación o valioso patrimonio cultural que representan as nosas linguas e costumes rexionais.
  • O terrorismo é unha grave ameaza para a nosa sociedade. Cos terroristas non debe haber ningunha negociación. Unha democracia non pode aceptar como interlocutores válidos ós que usan o crime como medio para doblegarnos. A Nación debe velar pola dignidade das víctimas do terrorismo, para que se faga Xustiza e se conserve a memoria dos que foron golpeados polo crime. Os partidos que se negan a condear o terrorismo deben ser ilegalizados. Non podemos ser tolerantes cos que consideran lexítimo usar o crime para acadar os seus obxectivos políticos.
  • O libre mercado é a forma máis xusta e eficaz de acadar a prosperidade e satisfacer as nosas necesidades como sociedade. Iso é compatible coa existencia de leis para garantizar os dereitos de empresarios, traballadores e consumidores.
  • O Estado debe orientarse polo principio de subsidiariedade, absténdose de intervenir alí onde a sociedade se basta para cubrir as súas necesidades cos seus propios medios.
  • As políticas fiscais non poden basarse na usurpación dunha parte considerable da riqueza nacional para perpetuar un modelo elefantiásico de Estado, cada vez máis enfocado a servir ós propósitos personais ou partidistas dos gobernantes que a lograr o ben común.
  • As Forzas de Seguridade do Estado e as Forzas Armadas son os nosos guardiáns frente ós que ameazan á nosa sociedade. Policías, gardas civís e militares asumiron o compromiso de defendernos incluso a risco das súas propias vidas. Debémoslles gratitude, así como un salario digno e a garantía de que eles e as súas familias non se verán abandoados ó cabo de moitos anos de servizo á sociedade.
  • Debemos coidar o noso patrimonio natural, non só mediante leis, senon tamén mediante a nosa acción persoal, impedindo que por acción ou omisión sexa danado con prácticas incívicas. Non obstante, non debemos caer no erro de otorgar dereitos humanos ós animais, un absurdo que implicaría a prohibición de actividades necesarias para a nosa subsistencia como a gandería, a pesca e a experimentación con animais en laboratorio, mediante a cal se atopan os remedios para moitas enfermidades.