Berrogüetto: música e arte, xuntas

Un dos meus grupos musicais favoritos é Berrogüetto. É un septeto galego difícil de clasificar. Fai unha mistura de música tradicional con jazz e outros estilos. O resultado é magnífico. Ata o de agora sacaron catro discos, e cada un deles é unha xoia (eu os teño todos). Traio aquí unha reportaxe que atopei anoite en Youtube. É sorprendente cómo pasa o tempo: este disco data do ano 2001, pero aínda me parece onte cando eu estaba a disfrutar en Gondomar, na pequena praza da vila, desa fermosa canción que é o Setestrelo, a música de guitarra que soa ó comezo e que me inspirou á hora de escoller a Osa Menor como emblema deste blog. Os seus versos serviron de pistoletazo de saída a Contando Estrelas.

O disco, que contou co traballo artístico de Georges Rousse (famoso polas súas montaxes baseadas en ilusións ópticas), é ademáis toda unha xenialidade musical. Se tedes a ocasión de mercalo, non o dubidedes. Aínda se pode atopar con facilidade en moitas tendas.

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Recibe gratis el boletín diario en tu correo electrónico:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, pulsa aquí para registrarte.