O BNG e a nazificación de Galicia

Mié 17·5·2006 · 3:02 0


O Vicepresidente da Xunta de Galicia e líder do BNG, Anxo Quintana, está a poñer en marcha una "Rede Galega de Escolas Infantís", unha especie de garderías con enfoque político baixo o lema "calidade, identidade e compromiso de país". As semellanzas coas ikastolas vascas son máis que evidentes, ata no nome elixido por Quintana para denominar a estes centros: galescolas. Así, o que Quintana quere facer é "educar en galego e para os galegos e as galegas do século XXI". Ou, o que é o mesmo, desalfabetizar ós nenos galegos no que ó idioma castelán se refire, impoñendo como única opción a lingua galega.

Collo esta noticia como punto para a reflexión ante a festa que celebramos hoxe en Galicia, o Día das Letras Galegas. Estase a impoñer a tódolos cidadáns desde a esfera política unha visión excluinte de Galicia, que pasa por erradicar da vida pública, sobre todo das institucións públicas, da toponimia, do ensino e da maioría dos ámbitos autonómicos (entre eles, a TVG e a Radio Galega) todo rastro da presenza do castelán en Galicia.

Para que nos fagamos unha idea da mentalidade que teñen os actuais gobernantes galegos basta con ler o estrafalario proxecto de Estatuto de Autonomía que ten preparado o BNG para Galicia. Unha mostra: "O galego é a lingua propia e oficial de Galiza. Todos os cidadáns e cidadás
galegas teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo."
É dicir, que o BNG pretende que os galegos teñamos a obriga de coñecer o galego, cousa que non di a Constitución Española. ¿Pretende convertirnos o BNG en cidadáns de segunda frente ós demáis españois? Semella que sí, porque isto é o que engade o proxecto de Estatuto do Bloque: "O castelán será co-oficial no territorio de Galiza." Non se cita nin o deber de coñecelo nin o dereito a usalo, que sí figuran na Constitución. ¿Qué carallo é isto? ¿A qué clase de engano pretenden someter ós galegos estes xerifaltes bloqueiros?

Por se isto fose pouco, atención ó que di o texto: "Todos os funcionarios e traballadores ao seu servizo teñen a obriga de o usar no desempeño da súas funcións. O emprego do castelán
realizarse a pedimento de parte."
Vamos, que todos os funcionarios que traballen en Galicia estarán obrigados a falar en galego, e só poderán falar en castelán se algén llelo pide. Isto é de locos. Esta xente quere convertirnos nunha versión galega da Albania comunista. O máis pasmoso é que, despois de soltar tales cousas, o Estatuto do BNG diga que "Ningúen poderá sufrir discriminación por razón da lingua." ¿Cómo se poder ser tan cínico?

A cousa non acaba ahí. O BNG quere que o galego sexa "a lingua preferentemente utilizada pola Administración do Estado e demais entes estatais en Galiza na forma que ela mesma determine, polas demais institucións e, en xeral, polas empresas e entidades que oferecen servizos á cidadanía." Isto é levar o intervencionismo esquerdista e nacionalista a un extremo radicalmente totalitario: estes individuos están a dicirlle ás empresas privadas cal é o idioma que teñen que empregar. Surrealista. ¿Esta é a idea de democracia e de libertade que teñen no Bloque? Isto alo menos explica as súas simpatías con Fidel Castro. Polo visto, é o seu mestre no que se refire a vulneración de libertades

Ademáis, o BNG pretende que o galego sexa "a lingua oficial no ensino en todos os niveis educativos". En Galicia a maioría dos escolares son falantes de lingua castelá, pero iso ós do BNG impórtalles un pito. A eles os dereitos dos cidadáns lles traen sen coidado. O que eles queren é impoñernos a todos un proxecto de enxeñería social para facer de nós meras ferramentas da súa "construcción nacional". Outra vez queren someter á persoa frente ás arbitrariedades do poder político e subordinala ás ideas de nación que ten o BNG.

¿Qué cambiou en Galicia dende o franquismo, deixando a un lado o color dos que están no poder? Polo que semella, pouco é o que a cambiado. O BNG quere impoñe-lo galego con tanto ou máis desprezo polas libertades individuais do que tivo o franquismo cos galegofalantes. O que agora no podemos tolerar os galegos, despois de carenta anos de dictadura, é que os dinosaurios marxistas do BNG nos impoñan outra dictadura de cuño nacionalista. Iso nin de coña.

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.