Berrogüetto en Pontevedra

Vie 16·8·2013 · 7:17 1

Onte á noite fun na capital provincial a un concerto dun dos meus grupos favoritos de música folk: Berrogüetto. Alí grabei este vídeo do seu tema "Gali@matías.tacom", aparecido no seu disco "Hepta" no ano 2001.

Berrogüetto: música e arte, xuntas
Berrogüetto. "Setestrelo"
Berrogüetto. "Fusco"

Dende o seu primeiro disco, "Navicularia", lanzado en 1996, Berrogüetto publicou algunhas das mellores cancións galegas que coñezo: "Fusco", "Nadal de Luintra" e sen dúbida a miña favorita: "Setestrelo". Teño á súa música asociada a moitas lembranzas: concertos cos amigos, paseos, noites en vela e mesmo unha boda na que os noivos escolleron o seu "Fusco" como canción especial. Confeso que boto un pouco de menos a voz de Guadi Galego, a súa antiga vocalista. Con todo, o seu concerto en Pontevedra foi un bo reencontro cun son potente, ó mesmo tempo tradicional, novo e orixinal. Unha vez máis vin a Anxo Pintos amosando que é capaz de tocar todo o que lle poñan: unha gaita, un violín, unha zanfoña... Certamente, é todo un xenio nisto da música, xa sexa como instrumentista ou como compositor.

Polo que respecta ó concerto, gustaríame ter disposto de máis iluminación para facer mellores fotos. Fai xa anos que non quedaba tan insatisfeito coas fotos tomadas nun concerto: de case 300 que fixen, apenas se salvaron 24. Déixovos con elas:

No te pierdas las novedades y contenidos que te interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.