Entre os alborotadores hai dous detidos e ambos teñen antecedentes

Puñetazos e pedradas da ultraesquerda á Policía na Coruña: doce policías feridos

EspEng 21·10·2026 · 21:29 0

Esta mediodía, a extrema esquerda realizou un novo despregue de violencia na Coruña para evitar un acto de Vox.

Violencia de ultraesquerda na Coruña co fin de impedir a Vox expresarse libremente
O goberno de Sánchez permite a matóns coaccionar e acosar a un partido democrático

Mese acto de coacción contra un partido democrático, extremistas de esquerdas se concentraron ma Praza de María Pita. Dos insultos ós axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional se pasou ás agresións, como se pode ver neste vídeo publicado polo programa "En boca de todos" da canle Cuatro:

Os extremistas de esquerdas asaltaron un restaurante desa plaza e empezaron a lanzar as súas sillas contra a Policía, como vemos neste outro vídeo de "En boca de todos":

Os extremistas de esquerdas tamén lanzaron pedras contra a Policía, como vemos neste outro vídeo do mesmo programa:

Jusapol, o sindicato maioritario da Policía Nacional, publicou este vídeo no que vemos ós radicais de esquerdas agredindo a puñetazos a un axente da UIP, que tivo que ser socorrido polos seus compañeiros:

Segundo publicou La Voz de Galicia, doce axentes da Policía resultaron feridos e dous dos extremistas de esquerdas foron detidos. A Televisión de Galicia sinalou esta tarde que os dous detidos xa tiñan antecedentes.

Jusapol publicou estas fotos remitidas por axentes da UIP da Coruña nas que vemos, en primeiro lugar, os adoquíns lanzados polos extremistas de esquerdas contra os policías.

Nestas outras dúas fotos de Jusapol vemos a ferida sufrida por un Policía agredido polos radicais de esquerdas hoxe na Coruña.

Nestas outras tres fotos vemos os actos de vandalismo e ataques dos alborotadores contra vehículos policiais este mediodía na Coruña.

Jusapol tamén amosou esta imaxe dun bolardo da praza que foi arrincado polos extremistas de esquerdas para lanzalo contra a Policía.

Jusapol engadiu: "Non entendemos como o delegado do Gobierno, Pedro Blanco, puido autorizar unha manifestación de radicais co obxectivo de rebentar un acto político, poñendo en grave risco a orde pública e a seguridade cidadá. Non só se comprometeu a integridade dos nosos compañeiros da UIP da Policía Nacional, senón tamén a de todos os cidadáns que se atopaban na praza, tanto asistentes ó acto como persoas que simplemente paseaban por alí. É dunha gravidade extrema. A seguridade cidadá non pode quedar supeditada a intereses políticos nin utilizarse para alimentar a confrontación social".

No momento de publicar estas liñas, a Delegación do Gobierno en Galicia e o seu delegado, o socialista Pedro Blanco Lobeiras, aínda non publicaron ningunha mensaxe condenando eses graves actos de violencia nin mostrando o seu apoio ós policías feridos. É algo realmente insólito e que deixa en evidencia unha actitude alarmante por parte do delegado no que respecta á violencia de extrema esquerda contra a Policía.

De momento, a Confederación Española de Policía (CEP) e o Sindicato Unificado de Policía (SUP) xa pediron a dimisión do delegado do Gobierno en Galicia. O SUP esixiu que "se informe de quen autorizou a celebración dunha concentración de grupos radicais violentos a escasos metros dun acto do partido".

Por suposto, todo o meu apoio ós policías feridos e ós seus compañeiros, que hoxe defenderon a liberdade e a democracia na Coruña fronte a quen ataca os dereitos fundamentais dos demais, e concretamente a liberdade de expresión e a liberdade ideolóxica. Agredir a policías como fixeron hoxe eses extremistas na Coruña non debe saír gratis. Todo o peso da lei debe caer sobre os violentos e sobre as organizacións que convocaron ese acto de acoso contra un partido político legal e democrático.

---

Foto principal: Galiza Nova.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.