Esta moda xurdiu cunha festa inventada na localidade de Cedeira en 1989

'Samaín': a historia dunha 'tradición' tan propia de Galicia como a música de Queen

En moitos sitios de Galicia hoxe celebran unha festa que chaman "Samaín", que moitos califican de "tradición" galega e algúns afirman que ´ "precristiá".

Echtra Nerai: una leyenda del Samhain
'O Apalpador', otro cuento nacionalista

Rastrexando a orixe da suposta 'tradición' galega do 'Samaín'

Como suposta "tradición" e, ademáis, "precristiá", resulta rarísima. Se acotamos a búsqueda en Google ó publicado antes do 31 de decembro de 2000, só aparecen 11 resultados falando sobre o "Samaín", e algúns non teñen nada que ver coa suposta "tradición". Se buscamos un pouco na rede en anos posteriores, o 30 de outubro de 2006 o portal galego Vieiros publicou unha noticia sobre algunhas festas do "Samaín" organizadas por colectivos nacionalistas. Un deles, de Ferrol, aseguraba que levaba nove anos (é dicir, dende 1997) celebrando esa festa. Curiosamente, sen deixar o menor rastro sobre ela na rede: antes desa data de 2006, en Vieros non se publicou nin unha soa referencia ó "Samaín". Qué extraño, ¿non?

Todo empezou cunha festa inventada na localidade de Cedeira en 1989

A suposta "tradición" empezou cun mestre de Cedeira, Rafael López Loureiro, que publicou un libro en 2003 identificando como "Samaín" certas tradicións que se daban en estas datas nalgunhas localidades galegas, ningunha das cais se chamaba "Samaín" nen nada parecido (o libro non aporta ningunha clase de documentación que así o indique). Por se quedaba algunha dúbida, o 2 de novembro de 2007 este mestre recoñeceu a La Voz de Galicia que a primeira edición do "Samaín" a celebrou en Cedeira (A Coruña) a finais de novembro de 1989, é dicir, que nin sequiera coincidía coa véspera de Tódolos Santos.

Fai moitos añns que recopilo libros sobre mitoloxía, e particularmente sobre a galega. Un dos máis completos á hora de falar de lendas e costumes locais é a "Guía da Galiza Máxica" de Vítor Vaqueiro, publicada en 1998 pola editorial Galaxia: non recolle ningunha mención a ningunha festa do "Samaín" en ningunha localidade galega, o cal resulta sorprendente se é certo, como din algúns, iso de que se trata dunha "tradición" galega incluso de orixe "precristiá". Casualmente, ese libro só fala dun "Samahín" precisamente en Cedeira, o promovido polo xa citado Rafael López Loureiro.

O inventor arrepíntese da evolución do seu invento

Casualmente, este señor concedeu unha entrevista a La Voz de Galicia o 26 de outubro de 2018 na que recoñeceu: "no 90 convenzo á sociedade cultural Chirlateira de facer unha festa" (obsérvese que xa non afirma que esa primeira festa se fixese en 1989, como sinalou nese mismo xornal en 2007). Na entrevista de 2018 a López Loureiro, o autor afirma que "na idea orixinal do Samaín estaba o obxectivo de «pelexar contra o Halloween». Pero o camiño torceuse e acabou dando lugar a este novo concepto, tamén ideado por este mestre xubilado". Así pois, a suposta "tradición" que algúns consideran "precristiá" resulta non ser tal: é algo inventado tomando certas costumes galegas que nunca se chamaron "Samaín", se lles chama así para combatir o Halloween e ó final acábase facendo o mesmo.

O propio López Loureiro recoñecía o seu malestar coa evolución da festa, sinalando que "os primeiros anos do Samaín en Cedeira ninguén ía disfrazado", pero que ó final "houbo que facer un exercicio de aggiornamento, de poñelo ao día; antes non tiñamos luz e iso xa o cambiaba todo". O autor do invento engadía: "Hai máis intereses na diversión e no ocio que na cultura, en toda Galicia hai moita desinformación e asociacións e concellos tíranse a organizar o Samaín sen máis, porque hai que facer algo, e en vez de chamarlle o que é, un Halloween, chámanlle Samaín. E non é o mesmo, igual que carnaval non é sinónimo de entroido". En resume, que o invento fóiselle se das mans, pero a pesar diso non renunciaba a seguir inventando: "habería que dotar o Samaín dunha iconografía que se puidera contrapoñer á parafernalia do Halloween".

'Samaín', unha incorrecta adaptación da palabra irlandesa 'Samhain'

E a todo isto, ¿de ónde saliu o nome de "Samaín"? En Irlanda había unha celebración pagana, o Sahmain, sobre a que xa vos falei aquí. A festa do Halloween ten un vínculo moi remoto con esa celebración. Así pois, fíxose una incorrecta adaptación desa verba gaélica, que nin sequiera se pronuncia "Samaín", senon "Xaoín", ó menos usando a grafía gallega. En gaélico irlandés esa verba fai referencia ó mes de novembro (etimolóxicamente é "a fin do verán"). Cando escribín a miña entrada sobre o Samhain en 2007, apenas había webs galegas que falasen sobre esa celebración.

A tradición galega do magosto, soterrada polo invento do Samaín

Como xa dixen aquí fai cinco anos, por suposto, cada un puede celebrar o que lle dé a gana, dende o día do orgullo friqui ata o "samaín", pasando polo día da marmota. Pero que se importen tradicións extranxeiras e nolas vendan como "propias" e incluso "precristiás" é unha tomadura de pelo. E que a isto contribúan institucións públicas, crendo que así revitalizan unha suposta "tradición" galega, é o colmo do disparate.

Tradición galegas destas datas son o Día de Tódolos Santos e o Día de Defuntos, e tamén o magosto, que paradóxicamente está quedando soterrado polo ditoso "Samaín" importado de EEUU vía Irlanda. Como apunto no título desta entrada, o "Samaín" é unha "tradición" tan propia de Galicia como a música do grupo británico Queen, con dúas diferencias: antes xa de 1989, os mozos galegos da miña xeración escoitábamos e cantábamos as cancións da banda de Freddie Mercury moito antes de oír falar do "Samaín", i esas cancións ninguén nolas vende hoxe como música tradicional galega.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.