O BNG opúxose en 2010 a unha iniciativa de apoio ás nais embarazadas

O Parlamento galego reclama a 'recuperación demográfica' despois de ter apoiado o aborto

Esp 13·6·2023 · 19:47 0

Pedir unha cousa e a contraria converteuse nun costume entre boa parte da nosa clase política, como se volveu comprobar hoxe.

El PP gallego apoya una iniciativa del BNG que califica el aborto como un «derecho»
El argumentario interno proaborto del PP que ha ocultado en su programa para el 28M

O BNG reclama unha "recuperación demográfica" pero sen falar da natalidade

Hoxe o Parlamento de Galicia aprobou unha moción do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na que pide ó goberno galego unha serie de "medidas no favor do sector primario galego e a recuperación demográfica". Referirse á demografía, no caso de Galicia, non pode ir disociado do envellecemento da poboación galega. O pasado mes de febreiro, o xornal La Voz de Galicia sinalaba que en Galicia hai unha media de 40 nacementos e 96 defuncións ó día, o peor balance demográfico da súa historia. A recuperación demográfica de Galicia implica impulsar a natalidade, pero a esquerda non parece disposta a asumilo.

En 2010 o BNG opúxose a unha iniciativa de apoio ás nais embarazadas

De feito, a moción do BNG (pódese ler aquí) non inclúe nin unha soa medida para fomentar a natalidade. Ese tema, polo que parece, é un tabú para a esquerda e para a extrema esquerda. Lembremos, de feito, que no ano 2010 no Parlamento de Galicia, o BNG opúxose a unha ILP para axudar ás mulleres embarazadas que queren ter os seus fillos. Ana Pontón, actual portavoz do BNG, dixo entón que esta ILP "retroduce, con conceptos rancios, unha carga de moral que non debería formar parte de ningunha lei! e chamouno "un ataque ós dereitos das mulleres". Agora, 13 anos despois, o BNG pide recuperar a demografía, pero unha vez máis sen facer nada para axudar ás nais embarazadas.

Hai dous anos que o BNG presentou unha iniciativa a prol do aborto

O caso é que en outubro de 2021, o Parlamento de Galicia aprobou outra iniciativa do BNG a prol do aborto, no marco dunha ofensiva da esquerda e da extrema esquerda contra o dereito á obxección de conciencia do persoal sanitario fronte o aborto. Como recordaredes, esa iniciativa do Bloque foi apoiada polo PP, que despois ven presumindo de ser un partido que defende a vida.

Evidentemente, a iniciativa do BNG aprobada hoxe non podería saír adiante sen o PP, que ten a maioría absoluta no Parlamento galego. O día de mañá, cando a crise demográfica en Galicia teña chegado a un extremo irreparable, haberá que lembrar o que facían estes políticos irresponsables en vez de defender a vida e a natalidad. Se os deputados do Parlamento galego realmente queren recuperar a nosa demografía, téñeno moi doado: deixen de promover que se mate ós nenos e nenas por nacer.

---

Foto: Parlamento de Galicia.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.