«Aínda nos peores anos, o Nadal sempre trouxo consigo algún raio de luz»

O auténtico sentido do Nadal explicado por alguén que viviuno en tempos escuros

EspEngPolУкр 24·12·2023 · 6:57 0

Un ano máis, o mundo chega ás fermosas festas do Nadal, esta vez con dúas guerras en curso en Europa e no Oriente Medio.

Hai persoas que pensan que o Nadal son luces nas rúas, ceas, regalos e bos sentimentos. Pero ¿cal é o auténtico sentido desta celebración? Explicouno moi ben unha persona que viviu o Nadal en momentos moi escuros da historia:

«Aflórame á memoria espontáneamente o reoerdo dos meus sentimentos e vivencias comezando dende os anos da miña infancia na casa paterna, e seguindo polos anos difíciles da xuventude, durante o período da segunda guerra, a guerra mundial. ¡Que non se repita xamáis na historia de Europa e do mundo! E sen embargo, aínda nos peores anos, o Nadal sempre trouxo consigo algún raio de luz. E este raio penetraba incluso nas experiencias máis duras de desprecio do home, de aplastamento da súa dignidade, e de crueldade. Para darse de conta diso basta tomar nas mans as memorias dos homes que pasaron por cárceres ou campos de concentración, por frentes de guerra ou interrogatorios e procesos.

Este raio da noite de Nadal, raio do nacemiento de Deus, non é só o recordo das luces da árbore xunto ó pesebre en casa, na familia ou na igrexa parroquial, senon algo máis. É a chispa de luz máis profunda da humanidade a quen Deus visitou, esta humanidade acollida de novo e asumida por Deus mesmo; asumida no Fillo de María na unidade da Persoa divina: o Fillo Verbo. A natureza humana asumida místicamente polo Fillo de Deus en cada un de nós, que fomos adoptados na nova unión co Pai.

A irradiación deste misterio expándese lonxe, moi lonxe; alcanza tamén aquelas partes ou esferas da existencia dos homes nas que todo pensamento acerca de Deus foi como ofuscado, e parece estar ausente coma se se queimase e se apagara por completo. E velaquí, coa noite de Nadal aparece un resplandor: ¿acaso... a pesar de todo? Benaventurado este “acaso... a pesar de todo”: é un indicio de fe e esperanza».

San Xoán Pablo II, 27 de decembro de 1978.

¡Bo Nadal!

---

Imaxe: "Adoración dos pastores", por Gerard van Honthorst, 1622.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.