O Servizo Galego de Saúde revela o que destina a eliminar a nenos por nacer

Galicia: máis recursos públicos para financiar abortos que para axudar ás embarazadas

EspEng 24·8·2023 · 17:35 0

Algo falla nunha sociedade cando chama "dereito" a matar seres humanos inocentes e, ademais, da prioridade a esta práctica macabra.

2,6 millones de hijos abortados en España: los responsables políticos de esta monstruosidad
El argumento de Feijóo a favor del aborto con el que también podría ser legalizado el robo

Casi 1,4 millóns de euros para financiar abortos en abortorios privados en tres anos

A axencia Europa Press publicou ante unha noticia sinalando que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) destinará casi 1,4 millóns de euros para financiar abortos en abortorios privados en tres anos. A cantidad concreta é de 1.373.910 euros. "Se a isto se lle engaden outros 915.940 euros por eventuales prórrogas -por outros dous anos, ata cinco- e posibles modificacións por 274.782 euros, o total ascendería a 2.564.632 euros", sinala a citada axencia. A noticia tamén sinala que os pliegos do contrato da Xunta contemplan 350 euros por cada aborto farmacolóxico e 570 euros por cada aborto quirúrxico.

Segundo Europa Press, o SERGAS estima que esta licitación cubrirá 805 abortos ó ano, dos que 801 serán abortos quirúrxicos e 4 serán abortos farmacolóxicos. Segundo os datos oficiais do Ministerio de Sanidade, en 2021 perpetráronse 2.284 abortos provocados en Galicia. Deles, 1.348 foron abortos quirúrxicos polo método de dilatación e aspiración e 45 foron abortos quirúrxicos por dilatación e evacuación. Os demáis foron abortos farmacolóxicos: 871 mediante mifepristona e 22 mediante prostaglandinas. Hai que sinalar que os distintos tipos de abortos que figuran na páxina 123 do documento do Ministerio de Sanidade dan unha suma total de 2.286 abortos, 2 máis dos 2.284 que se indican en outras partes do mesmo documento.

1,1 millóns de euros ó ano destinados a perpetrar abortos en Galicia

Así pois, e segundo os precios de cada tipo de aborto indicados polo pliego do SERGAS para os abortorios privados, se aplicamos ese mesmo importe tamén ós abortos perpetrados na sanidade pública (as cifras relativas a esta non se indican na noticia de Europa Press), en 2021 a Xunta tería invertido 794.010 euros en 1.393 abortos quirúrxicos e 312.550 euros en 893 abortos farmacolóxicos. En total, a Xunta tería dedicado 1.106.560 euros a perpetrar abortos en 2021.

700.000 euros ó ano para axudar a nais embarazadas en Galicia

En canto ás axudas ás nais embarazadas, hai que sinalar que segundo o Mapa da Maternidad 2021 da Fundación Red Madre, Galicia foi a segunda comunidade española que máis diñeiro dedicou a axudar a nais embarazadas, por detrás de Andalucía. En total, o importe destinado a esas axudas en 2021 foi de 700.001 euros en Galicia, un 63,25% do diñeiro destinado a perpetrar abortos. Engadamos a iso, ademáis, que o SERGAS financia tódolos abortos, sexa cal sexa a situación económica da nai, mentres que a Xunta só axuda ás nais embarazadas en situación de vulnerabilidade.

Unha situación causada por unha infame lei que o PP no quixo derogar

É de agradecer que Galicia sexa a segunda comunidade que máis axuda ás nais embarazadas, pero non basta. Cando falamos de salvar vidas humanas inocentes, é inaceptable que se adiquen máis recursos a matar a nenos por nacer que a axudar a que nazcan, e iso dentro do disparatado marco normativo que considera o primeiro como un "dereito". Poderase alegar que Galicia, como comunidade autónoma, non ten a posibilidade de alterar a lei nacional do aborto, que é a que obriga ás administracións públicas a financiar os abortos. É certo. Pero tamén é certo que en Galicia goberna o Partido Popular, que non quixo derogar nin esta lei do aborto nin a anterior cando tivo maiorías absolutas para facelo, primeiro con Aznar e despois con Rajoy.

O PP xa non contempla derogar esa lei tralo xiro proaborto de Feijóo

Lembremos, ademáis, que en febreiro deste ano Feijóo deu un xiro proaborto ó PP calicando como "correcta" esa infame lei. Nesa mesma liña, o programa do PP para as últimas eleccións xerais non contemplaba derogar esa lei, e limitábase a sinalar a súa posible moficiación no relativo ó permiso paterno das menores para abortar, pero non na obriga do Estado de financiar os abortos nin no feito de considerar ese crimen coma un "dereito".

Por outra parte, incluso con esa aberrante lei vixente, unha administración ten na súa man poñer tódolos medios posibles para promover a cultura da vida frente á cultura da morte. Non valen as excusas cando estamos a falar das vidas de seres humanos inocentes e indefensos, e máis nunha comunidade como Galicia, que sufre un inverno demográfico por falta de nenos.

---

Foto: Sergiu Vălenaș.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.