Algúns cren que esaxeramos os que advertimos sobre a deriva nacionalista do Partido Popular en Galicia, pero os feitos son teimudos.
O sitio web da Xunta de Galicia, en mans do PP, ten unha páxina adicada ós símbolos de Galicia. Nela pódese ler o seguinte:
"La bandera gallega se dispone en tres módulos de largo por dos de ancho. El matiz azul de la banda es generalmente celeste subido o cobalto claro. Esta es la bandera nacional civil. La llamada de Estado, que es la que debe figurar en los actos oficiales, consta además del escudo nacional en el centro".
Denunciei isto en 2018 e voltei a denuncialo en 2021, pero alí sigue, nunha web oficial do goberno galego. Goberno que, insisto, está en mans do Partido Popular. Lembremos que o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei 5/1984 de símbolos de Galicia non chaman "bandeira nacional" á bandeira gallega: isto sacouno a Xunta da manga, saltándose ambas leis á toreira, así como a Lei 39/1981, que califica como "bandeira nacional" á Bandeira de España.
O PP denunciou o Estatuto catalán de 2006 por facer iso mesmo
Lembremos, ademáis, que no recurso do PP ó Tribunal Constitucional contra o Estatuto catalán de 2006 (ver PDF), ese partido calificou como "constitucionalmente inadecuado" falar de "símbolos nacionais" para referirse ós de Cataluña, denunciando o artículo 8 de dito Estatuto. Isto é concretamente o que dixo o PP naquel recurso:
"O artículo 8 refírese no seu párrafo primeiro ós “símbolos nacionais” de Cataluña. Reitérase aquí a utilización do concepto nación. Tamén polas razóns explicadas máis atrás, a traslación dese concepto á Comunidade Autónoma é constitucionalmente inadecuado.
Por outro lado, existe neste caso concreto unha contradicción textual co que autoriza o artículo 4.2 da Constitución. Permite este que os Estatutos recoñezan bandeiras e enseñas propias, pero estos símbolos, dise no dito precepto, son “das Comunidades Autónomas” e non dunha “nación” insertada no territorio do Estado, distinta da española".
Según Internet Archive, esa páxina da web da Xunta leva activa dende 2016. O PP leva gobernando en Galicia de forma ininterrumpida dende 2009, de xeito que os textos contidos en dita páxina son exclusivamente responsabilidade dese partido. Cousas así explican o auxe dos separatistas del BNG: é o propio PP o que está alimentando o discurso nacionalista en Galicia.
Opina sobre esta entrada: