Alfonso Rueda di que Vox é extremista: vexamos o que din os feitos

PP vs Vox: ¿cal dos dous partidos foi o que apoiou estas cousas extremistas en Galicia?

Esp 05·2·2023 · 19:19 0

Hai algo que me indigna moito con certos políticos: a cara dura, sobre todo cando se reflicte nunha tendencia a criticar ós demais polo que un fai.

O sucesor de Feijóo e as letras galegas: cita a lusofonía pero omite toda mención ó español
O PP failles guiños ós socios galegos de Bildu mentres marca distancias con Vox

Hoxe, El Mundo publica unha entrevista co presidente da Xunta e presidente do PP de Galicia , Alfonso Rueda. Nela pregúntanlle o seguinte: "¿Segue a parecerlle Vox de extrema dereita, como lles chamaba a Xunta antes de que Feijóo marchase a Madrid?" E Rueda responde: "Ben, ten moitos enfoques que, dende o punto de vista galego, non encaixan en absoluto. O que non acepto é que Vox se clasifique automáticamente como extremista e, en cambio, non Podemos, que é un partido de extrema esquerda e radical. Dígoo dos dous. Con ningún dos dous extremismos se pode establecer unha política estable". Na seguinte pregunta, Rueda confirma que considera extremista a Vox.

A declaración de Rueda é o que algúns chaman un argumento "asustavellas": espallar o medo contra o rival político mentindo sobre el, para que os votantes máis conservadores nin sequera se plantexen votar a Vox, un partido que prácticamente non aparece nos medios galegos subvencionados (subvencionados pola Xunta). O PP leva anos usando esta táctica contra Vox, espallando mentiras como dicir que Vox quere sacarnos da UE (algo que Vox nunca dixo) e outras mentiras similares. O problema que ten o PP ó empregar esta táctica pódese resumir nunha palabra: hemerotecas. Imos repasar unha serie de feitos a continuación, a ver se adiviñades qué partido apoiou estas cousas:

Como xa terán adiviñado os lectores habituais de Contando Estrelas, xa que todas estas cousas foron denunciadas dende este sitio, esas cousas tan extremistas non foron apoiadas por Vox: foi o PP o que as apoiou. As correspondentes ó Parlamento de Galicia foron apoiadas cos votos dos deputados autonómicos do PP, entre eles Alfonso Rueda, o mesmo que agora califica de "extremista" a Vox. O que dixen: que cara máis dura.

---

Foto: Xunta de Galicia. O presidente do goberno galego, Alfonso Rueda, xunto co presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.