A violencia gratuita da extrema esquerda segue a propagarse sen respetar nada, nin sequera ós máis vulnerables, como ocurriu hoxe na cidade de París.
Os incidentes tiveron lugar durante unha protesta de sanitarios na capital de Francia. Un grupo de encarapuchados de extrema esquerda provocaron disturbios e enfrontáronse á Policía. Durante eses incidentes violentos, na rúa Fabert un grupo de extremistas volcou un coche Smart que estaba identificado claramente como un vehículo de discapacitado cun adhesivo na súa porta traseira, pero ós extremistas de esquerda no lles importó. O vídeo publicouno o xornalista Yazid Bouziar, que identificou ós autores do volteamento como "manifestantes antifascistas":
¿Destrozar o coche dun discapacitado é a idea que teñen eles de "combater o fascismo"? Unha vez máis, confírmase que estes autodenominados "antifascistas" son o mesmo lixo político que o fascismo ó que din detestar.
Opina sobre esta entrada: