No que levamos de 2020 o blog xa acumula 9 millóns de páxinas vistas

Contando Estrelas cumpre 16 anos e a mellor de tódalas súas cifras é... un cero

Este rincón da rede está hoxe de cumpreanos. Na madrugada do 14 ó 15 de xullo de 2004 apareceu Contando Estrelas, e a súa primeira entrada foi... para contar estrelas.

A espectacular subida de audiencia de Contando Estrelas en 2019 en números
O Gatestone Institute de Nova York fala do éxito de Vox e cita a Contando Estrelas

As cifras de Contando Estrelas en 2020

Todo empezou como un pasatempo literario que foi crecendo, moito máis do que eu imaxinaba entón que podería chegar a facelo. Hoxe en día é un blog cunha audiencia propia dun medio de comunicación. No que levamos de ano, Contando Estrelas acumula máis de 6 millóns de visitas e máis de 9 millóns de páxinas vistas (o total do ano pasado rebasou os 10 e 13 millónes, respectivamente; pensaba que pronto tocaría teito, pero a este cacharro lle deu por subir).

Os idiomas e lugares de procedencia dos lectores deste blog

A amplia maioría dos seus lectores son de lingua española, pero este ano xa o visitaron máis de 281.000 lectores de lingua inglesa, casi 22.000 de lingua portuguesa, máis de 7.500 de lingua francesa, máis de 5.000 de lingua alemá, máis de 4.200 de lingua italiana e máis de 4.000 de lingua polaca. En 2020, os dez principais países de procedencia dos lectores deste blog veñen sendo España (2,9 millóns), Estados Unidos (máis de 231.000), México (máis de 188.000), Arxentina (máis de 145.000), Chile (93.000), Colombia (87.000), Perú (66.000), Polonia (27.000), Venezuela (27.000) e o Reino Unido (26.000). Alégrame especialmente a afluencia de lectores dende a nosa irmá Hispanoamérica e dende a miña admirada Polonia.

Como curiosidade, este ano Contando Estrelas recibiu 18 visitas dende as Illas Feroe (vælkomin!), dúas dende o remoto arquipélago de Svalbard, ó norte do círculo polar ártico e do que falei aquí fai pouco (velkommen!), unha dende a Illa de Man (failt erriu!), outra dende as Illas Åland (välkommen!), outra dende Kiribati (mauri!), outra dende as Illas Marshall (kōn jouj!) e visitas ocasionais dende outros países pequenos e moi distantes. Encántame a xeografía, así que disfruto con estas curiosidades.

Máis de 15.000 entradas e un coste de cero euros para os contribuíntes

Nestes 16 anos Contando Estrelas publicou máis de 15.000 entradas. Ademáis, enlacei máis de 1.700 entradas e artículos doutros blogs e webs na sección Buenas Ideas, que é o meu granito de arena para intentar que outros poidan recibir a atención que debería ter o que escriben.

Pero sen dúbida, a cifra da que estou máis orgulloso é un cero: é o que esta web lle custou ós contribuíntes nestes 16 anos, pois non recibiu nin un só céntimo de fondos públicos de ningunha forma (nin subvencións, nin publicidade institucional), nin directa nin indirectamente, de ningunha administración nin nacional nin extranjera. O que ese cero significa é liberdade e independencia. Este blog mantense exclusivamente co meu diñeiro (o que me custa é parecido ó que outros se gastan en chupitos ou en zapatos), así que ninguén me pode dictar o que publico.

Agradecementos

Deixo para o final o máis importante: gracias ós que ledes isto pola vosa atención e a vosa paciencia, empezando polos lectores habituais e os máis veteranos, e tamén ós que compartides o que aquí publico, e ós que me avisades a miúdo de erratas para que as corrixa (espero non daros máis traballo con esta entrada). Agradezo especialmente a @Isaacj o feito de que este blog vaia como una moto e non se quede KO ante os numerosos ataques informáticos que sufre (quedariades pasmados se vésedes a cantidade de intentos de botalo abaixo que hai tódolos meses). E sobre todo, gracias á miña familia polo seu constante apoio, e gracias a Deus, porque sen Él nada disto sería posible, sobre todo tendo en conta o desastre que son eu... Ó Señor pídolle que poidamos seguir léndonos por aquí moitos anos máis.

Como outros anos, termino esta entrada cos meus versos favoritos de J.R.R. Tolkien:

O camiño segue e segue
desde a porta, onde comeza.
Agora o camiño foise lonxe,
e debo seguilo, se podo,
percorréndoo con pé lixeiro,
ata que se xunte cun camiño meirande
onde conflúen carreiros e sendas.
¿E a onde irei despois? Non o sei.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.