O BNG oponse á Constitución e apoiou o golpe separatista do 1-O de 2017

O PP failles guiños ós socios galegos de Bildu mentres marca distancias con Vox

Esp 14·12·2020 · 7:13 0

A estratexia que está a seguir o Partido Popular, e concretamente o PP de Galicia, resulta cada vez máis extrana e difícil de explicar.

O PP regala dúas alcaldías ó BNG, aliado galego de Bildu: Feijóo non o desautoriza
Feijóo intenta ocultar a autoría do asalto a Caixanova por unha alianza do PP co BNG

«O PPdeG ten máis fácil chegar a acordos co BNG que co PSdeG»

Onte o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, concendeu unha entrevista a Radio Galicia (Cadena SER) na que non tivo reparos en facerlle guiños ó Bloque Nacionalista Galego (BNG), afirmando: "Curiosamente, o PPdeG ten máis fácil chegar a acordos co BNG que co PSdeG", sinalando que o Bloque "foi capaz de separarse do Partido Socialista, rectificar a súa postura inicial de apoio ós Presupostos Xerais do Estado e sumarse á do PP".

Pasa por alto a alianza do BNG con Bildu e ERC

Un diario afín ó PP, El Correo Gallego, tamén se fixo eco desa entrevista recollendo estas verbas de Tellado: "O BNG deulle o seu apoyo a Pedro Sánchez na investidura e, nestes momentos, o BNG está disconforme coas contas do Estado igual que está o PP". A paradoxa é que na mesma entrevista, o secretario xeral do PP galego reprochou ó Goberno o feito de estar "plegado á liña política de ERC e Bildu, que son os que mandan". O caso é que o BNG presentouse ás eleccións europeas de 2019 en coalición con Bildu e ERC. De feito, en maio de 2019 Feijóo equiparou o voto ó BNG co voto a Bildu

Marcando distancias: «Non aceptamos a liña política de Vox»

Para máis inri, segundo El Correo Gallego, Tellado aproveitou a entrevista para marcar distancias con Vox, afirmando que "o PP non goberna con Vox. Hai apoio parlamentario a unha investidura", e engadindo: "Non aceptamos a liña política de Vox. Non é o mesmo que Vox te apoie para que gobernes a asimilar as liñas políticas de Vox". E isto o dixo despois de lanzar guiños ó BNG, o socio galego de Bildu. Lembremos que o Bloque saca o groso dos seus votos da extrema esquerda e do separatismo. ¿Son éstes os novos caladeiros ideolóxicos do PP galego, que non deixa de facerlle ascos a Vox?

Vox defende a Constitución, o BNG oponse a ela

O PP debería aclarar a empanada política que ten. O 6 de decembro, mentres Vox convocada concentracións en defensa da Constitución, o BNG convocada un acto para mostrar o seu rexeitamento a ela, calificándoa de "pacto coa dictadura", tachando de "corrupta" á Monarquía e acusando de "centralismo" ó pacto constitucional que precisamente creou o actual Estado das Autonomías, o máis descentralizado da Unión Europea xunto cos landers alemanes. Lembremos, ademáis, que o Bloque apoiou o golpe separatista do 1 de outubro de 2017 en Cataluña. ¿É esta a xente á que se quere achegar o PP mentres trata ós constitucionalistas de Vox como a uns apestados?

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.