Na noite do 23 ao 24 de xuño, Galicia celébranse as tradicionais fogueiras de San Xoán, que dan a benvida ao verán.
Este ano puiden facer unhas fotos de longa exposición de praias de Vigo durante esta celebración. Aquí vemos a praia de Samil, a máis famosa da cidade e a máis concorrida esta noite.
Aquí unha ampliación da foto. A praia estaba ateigada de xente. Aparcar en toda a zona da praia era unha misión imposible.
Aquí vemos a praia do Vao, na parroquia de Coruxo. Estaba máis tranquila. A Lúa aparece na imaxe sobre a illa de Toralla.
E aquí a miña favorita, a praia da Sereíña, tamén coñecida como praia da Fontaíña. Só había dous pequenos lumes e reinaba unha paz moi agradable.
Deséxovos a todos un feliz verán! Por suposto, aquí me teredes publicando cousas sobre lugares moi diferentes.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: