Vigo é unha cidade rica en praias. Dentro do seu término municipal hai nada menos que 45 arenais. Os mái coñecidos son Samil e o Vao.
Ademáis desas dúas praias, que son as máis visitadas polos turistas, hai moitas praias máis pequenas e que son utilizadas sobre todo polos residentes en cada zona. Unha de esas praias é Fuchiños, tamén coñecida como Xunqueiro, Monduíña, Tendales ou Mosca.
Esta é unha praia escondida e pouco coñecida porque, a diferencia de Samil e o Vao, Funchiños non se ve dende ningunha rúa principal. Está situada entre no barrio de Canido e na parroquia de San Miguel de Oia, ó oeste do Clube Marítimo de Canido. Está rodeada de chalets de luxo (por iso digo que é una playa luxosa). Ten un acceso dende a rúa Arquitecto Gómez Román, e na parte coñecida como Menduíña, hai outras dúas baixadas (con rúas cortadas) dende a rúa Arquitecto Antonio Cominges. Déixovos a localización en Google Maps baixo estas liñas.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: