O camiño francés de Santiago, hoxe Patrimonio da UNESCO, é a máis transitada das rutas de peregrinación a Santiago de Compostela.
Durante séculos, esta foi unha ruta pola que moita xente viaxou a pé ata a tumba do Apóstolo Santiago o Maior na actual capital de Galicia. Hai catro anos, Artzi Creative publicou un vídeo marabilloso con excelentes imaxes de este camiño, dende a localidade francesa de Saint-Jean-Pied-de-Port ata Santiago de Compostela:
Aquí podedes ver algunhas capturas do vídeo, a modo de adianto. Comezamos polo Camiño de Santiago ó seu paso por Villafranca Montes de Oca (Burgos), xusto onde o camiño cruza o río Oca (podes ver aquí en Google Maps onde se gravou a imaxe).
As ruínas do Mosteiro de San Antón, en Castroxeriz (Burgos). Pertencían aos Irmáns Hospitalarios de San Antonio, que prestaban asistencia aos peregrinos.
A fermosa aldea de El Acebo de San Miguel, no punto onde o camiño chega á fermosa comarca do Bierzo (León).
Encabezando esta entrada pódese ver a ponte románica sobre o río Arga en Puente la Reina (Navarra) .
Oct 6 | Mérida 🇪🇸 12:30h: Parada militar y desfile de la Guardia Civil con motivo del día de su Patrona |
Oct 7 | Murcia 🇪🇸 19:00h: Concentración en memoria de las víctimas de la masacre del 7 de octubre de 2023 |
Oct 12 | Sevilla 🇪🇸 18:00h: II Desfile de la Hispanidad, organizado por la Asociación Tercio de Olivares |
Opina sobre esta entrada: