Unha bela praia de area fina situada na parroquia de Panxón, en Nigrán

A praia de Area Fofa, unha pequena xoia ó sur da península de Monteferro, en Galicia

EspEng 14·12·2024 · 23:22 0

A localidade de Nigrán, na beira sur da Ría de Vigo, é unha de mis zonas favoritas de Galicia dende a miña máis tenra infancia.

A praia de Patos, o belo paraíso dos surfeiros na beira sur da Ría de Vigo
Fuchiños, unha praia luxosa e escondida en Vigo

Nigrán é coñecida polas súas praias de area fina. As máis famosas son a praia de Patos, praia América y Panxón, que é a miña favorita. Ademáis, dende a península de Monteferro podedes disfrutar dunhas magníficas vistas, ademáis de visitar o "Faro dos Mortos" (é dicir, o Monumento á Marina Universal) e os cañóns da Batería J-3.

Escondida no lado sur do istmo da península de Monteferro hai una praia moi bonita e que non é tan coñecida como as que citei. Alí fixe estas fotos o 7 de decembro.

Esta pequena praia chámase Area Fofa. Está na parroquia de Panxón, ó lado da praia de Madorra.

Area Fofa mide uns 134 metros se contamos só o areal, ainda que hai ó seu carón unha zona de arrecifes que se extende 97 metros máis. É un sitio ideal para ver os ocasos en inverno, cando o sol se pon máis ó sur que en verán.

Dende esta praia hai unhas boas vistas da pequeña península que separa as praias de Panxón e Madorra, mirando ó sudeste.

Na parte oriental da praia hai unha finca particular que ten acceso á praia mediante unhas escaleiras de pedra.

Dende Area Fofa podedes ver ben a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,25 kilómetros, en medio da Baía de Bayona.

En verán hai bastante xente nesta praia, pero en inverno, como vedes, está moi poco concurrida. O día que fixen as fotos era frío e a única usuaria desta praia era esta gaivota que parecía estar pensando no sentido da vida mentres miraba a paisaxe.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.