A sumisión ideolóxica do Partido Popular de Galicia aos dogmas da esquerda e do separatismo chega xa a extremos grotescos.
O goberno galego (PP) califica a Castelao como «un dos símbolos de Galicia»
Este martes 7 de xaneiro, José López Campos, conselleiro de Cultura do goberno galego e membro do Partido Popular, ensalzou ao escritor separatista Alfonso Rodríguez Castelao calificándolle como unha "figura de unión entre todos os galegos e galegas e un dos símbolos de Galicia".
O goberno galego do PP decidiu declarar 2025 "Ano Castelao", con motivo do 75º aniversario da súa morte, e López Campos xustificouno afirmando que unha "mostra de gratitude do pobo galego a esta figura singular da cultura e política galegas".
El gobierno gallego del PP ha decidido declarar 2025 "Año Castelao", con motivo del 75º aniversario de su muerte, y López Campos lo ha justificado afirmando que una "mostra de gratitude do pobo galego a esta figura senlleira da cultura e política galegas".
As palabras de Castelao defendendo malleiras e tiros contra os patriotas
Por se alguén non o leu, Castelao escribiu o seguinte no seu libro "Sempre en Galiza", concretamente no libro segundo, capítulo IV:
"O día 25 de xullo do 1935 estabamos celebrando o "mitin das arengas" na Quintana de Sant-Iago, e un patriota berrou: "¡¡Viva España!!". Axiña xurdiron do público uns mozos separatistas e mallaron no interruptor patriota. Eu dei por ben empregado aquel castigo (...) Entón o ¡Viva España! quería dicir ¡Morra a República! e os mozos esquerdistas non mallaban pol-o que se decía, senón pol-o que se quería deicir con indiñante hipocresía. Todos lembramos, asimesmo, que o ¡Arriba España! xa non era diño d-unha simple malleira; merecía un tiro no corazón, porque esta caste de patriotas usaban pistola".
Isto non é só xustificar agresións contra rivais políticos, senón tamén o seu asasinato polo mero feito de gritar algo que non era do agrado dese fanático separatista. Pregúntome que pasaría se algún escritor escribise algo parecido contra os que gritasen "Viva Galicia" e hoxe unha institución pública rendéselle unha homenaxe, aínda que non custa moito imaxinalo. ¿Por qué o PP lexitima así a un fanático que xustificaba agresións e tiros no corazón contra os seus rivais políticos? ¿Qué clase de mensaxe lanza o PP ós mozos que lean ese libro?
As afirmacións racistas de Castelao en 'Sempre en Galiza'
Lembremos, ademáis, que nesa obra Castelao fixo afirmacións claramente racistas, presentando a Galicia como aria e ó resto de España como semita, falando de "a permanencia e continuidade da nosa raza a través de dous milenios", negando que España fose unha nación por carecer de "unidade étnica", tachando aos andaluces de "raza nómada e mal avenida co traballo", calificando ó resto dos españois de efeminados (exceptuando os da cornixa norte), e desprezando a casteláns e estremeños, aos que se refería como "canalla mestiza de galegos e mouros".
É indignante ler que o PP cualifica ó autor destas barbaridades como "figura de unión entre todos os galegos e galegas e un dos símbolos de Galicia". Son os mesmos que despois veñen dicindo que rexeitan a violencia e o racismo, mentres ensalzan a alguén que os promoveu con fins políticos. Estes son os que despois veñen pedir o noso voto ós que amamos a España, afirmando a necesidade de unir á dereita. Vaia cara máis dura.
Feb 16 | Valencia 🇪🇸 Hasta el 16 de febrero: Exposición 'Marcando el paso. El calzado militar Segarra' |
Feb 28 | Madrid 🇪🇸 Del 9 de diciembre al 28 de febrero: Exposición 'Soldados en la historia de España' |
Opina sobre esta entrada: