Tachou a casteláns e extremeños de «canalla mestiza de galegos e mouros»

Castelao: ¿o polémico é chamar «racista» a quen escribiu estas afirmacións racistas?

Esp 28·6·2020 · 22:23 0

Últimamente a esquerda está adicándose a lanzar por todas partes acusacións de "racismo", incluso ós Conguitos. Pero coidado con criticar a un mito separatista.

O racismo de Castelao: afirmaba a 'pureza' racial galega fronte ó 'mestizaxe' español
¿Imaginas ó PP vasco poñendo un ramo de flores na tumba de Sabino Arana?

Escándalo mediático por chamar «racista» a un racista

O sábado, varios medios de comunicación montaron un alboroto por unhas declaracións de Javier Ortega Smith, diputado de Vox, nas que chamou "racista, antiespañol e xenófobo" ó escritor nacionalista Alfonso Rodríguez Castelao. O diario ourensán La Región calificou as verbas do dirixente de Vox como "insultos". O blog de Feijóo, antano coñecido como La Voz de Galicia, tamén se escandalizou por elo.

O diario ultraesquerdista de Ignacio Escolar incluso vinculou o matonismo duns ultraesquerdistas coas verbas de Ortega, referíndose a ese atallo de matóns como "Pontevedra" (¿saberán no blog de Escolar que esa cidade ten máis de 80.000 habitantes?). O panfleto socialista El Plural pouco máis que informou do estalido dun conflicto bélico na miña terra: "Galicia, en pé de guerra polos insultos de Ortega Smith a Castelao". ¿E chaman periodismo a isto?

As citas racistas de Castelao que non recolleu ningún deses medios

O caso é que ningún dos citados medios tivo a amabilidade de repasar o que escribiu ese dirixente nacionalista. Da a impresión de que eses xornalistas non leron a Castelao. Eu si que o fixen, e fai uns anos publiquei aquí varias citas racistas do seu famoso libro "Sempre en Galiza". Afirmacións puramente disparatadas nas que Castelao presentaba a Galicia como aria e ó resto de España como semita, falaba da "permanencia e continuidade da nosa raza a través de dous milenios", negaba que España fose unha nación por carecer de "unidade étnica", tachaba ós andaluces de "raza nómada e mal avenida co traballo", calificaba ó resto dos españois de afeminados (exceptuando ós da cornisa norte), e calificaba a casteláns e extremeños de "canalla mestiza de galegos e mouros".

Ademáis, Castelao escribiu afirmacións que tivera firmado encantado calquera nazi: "ben podía Galiza enfrentar a súa enxebreza co mestizaxe do resto de Hespaña, atribuíndolle ao sangue árabe a indiscipriña, a intolerancia e a intransixencia con que os hespañoles se adornan" (Sempre en Galiza, Libro cuarto, III). Tamén afirmou que "España" era sinónimo de "terra de mouros", e que "Galiza foi o motor da Reconquista, por instinto racial". Imaxinemos por un momento que todas estas trapalladas racistas as soltase un dirixente de Vox: o despelexarían vivo. Pero como todo iso o dixo un separatista de esquerdas, aquí todos a calar.

Castelao xustificou a violencia e incluso os tiros por motivos políticos

O polémico non debería ser que alguén chame racista, xenófobo e antiespañol a quen fixo gala do seu racismo, da súa xenofobia e do seu odio a España, chegando a extremos como xustificar palizas ós que gritasen "Viva España" e "un tiro no corazón" ó que cambiase o "viva" por un "arriba" (lexan vostedes Sempre en Galiza, libro segundo, capítulo IV e flipen: se lles da pereza, teñen a cita completa aquí). O escandaloso é que a ese energúmeno se lle teñan dedicado rúas, monumentos e incluso as medallas que da anualmente a Xunta de Galicia.

Os ofendidos terían que ser aquí o resto de españois, en especial andaluces, casteláns e extremeños, ós que Castelao lles dedicou as súas descalificacións racistas -por escrito, insisto: ese libro está ó alcance de calquera-, e tamén tódolos galegos que cremos na democracia e no pluralismo ideolóxico. Moitos sentímonos avergoñados e indignados de que se poña como un referente para a sociedade galega a un energúmeno que xustificaba dar palizas e tiros ó que gritase algo que non lle gustaba. ¿Cántos actos de matonismo como o de onte en Pontevedra terán sido inspirados polas barbaridades que escribiu ese lunático?

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.